Despois dos millares de mails que todos recibimos chegoume esta frase, que a verdade chamoume a atención, xa que pensándoa ben, resume perfectamente a sociedade na que vivimos:
"No mundo actual estase invertindo cinco veces máis en medicamentos para a virilidade masculina e silicona para mulleres que na cura do Alzheimer.
Nalgúns anos teremos vellas de peitos grandes e vellos con carallo
duro, pero ningún deles acordarase para que serven". Dr. Drauzio Varella
E aproveito para recordarvos que o Domingo imos todos ao Vespalacón en Cuntis (Pontevedra).
No sei se teredes de agasallo un colgante para o mobil de recordo:
Ou un colgante para a cadea:
Ou algo con esta imaxen dun porco montado nun Ape:
Pero se non tedes Vespa, non vos preocupedes, sempre podedes acudir nunha Porconda:
E se ti xa eres de alto standing, podes vir neste Porcedes:
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España
viernes, 13 de marzo de 2009
A frase do día, aille que botar humor á vida
Etiquetas:
Concentracións galegas,
Paranoias e divagacións,
Pontevedra,
Vespa
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario