miércoles, 17 de agosto de 2011


XIV Concentración Motos Vellas do Salnés

O vindeiro domingo 21 de agosto, os amigos do Club Motos Vellas do Salnés, organizan a súa 14ª concentración en Cambados (Pontevedra)

Esta é a información que facilitan na súa blogue:

"Como cousas especiais, este ano os que vingades en motos anteriores ao ano 1945, non teredes que pagar nada, teredes inscrición gratuíta. Intentamos con iso, fomentar que todos os que teñades algunha moto que cumpra ese requisito, traiádela, aínda que non sexa a máis cómoda para facer o percorrido, e conseguir así realzar máis a concentración.

O prazo de preinscrición, que é obrigatoria, termina o dia 18 de Agosto.

A admisión de participantes sérá na Praza de fefiñanes, desde as 9 da mañá ata as 10:30, para saír todos de alí ás 10:45. Rogamos puntualidade, xa que salvo causas de forza maior, non admitiremos a ninguén fóra deses horarios.

En canto ao percorrido, cambiamos de zona e ímonos a ir á Illa de Arousa, a percorrer un pouco o seu municipio, pasaremos despois por Vilanova, parando para tomar un petisco no Pazo de Vista Real, desde alí volveremos a Cambados, para tomar outro aperitivo na Praza de Alfredo Brañas, e xa desde esa praza faremos un pequeno percorrido por Cambados, para aparcar as motos na Praza de Fefiñanes e irnos a comer.
A inscrición será como o ano pasado de 30 euros, o que inclúe comida, os dous petiscos e algúns recordos, aparte de entrar no sorteo de agasallos logo da comida. Os que só queirades vir ao percorrido, por 15 euros tedes os dous petiscos e os recordos.
Mantemos o requisito xa tradicional, de que as motos sexan anteriores ao ano 1970.
"

+ info:

- MotosVellasdoSalnes.blogspot.com

Vémonos en Cambados o domingo ....

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

No hay comentarios: