lunes, 23 de abril de 2012


¡Agora! Non mañá

Xa que hoxe celébrase o Dia do Libro, preséntovos un que, persoalmente, pareceume moi interesante:

¡Agora! Non mañá, Os Mods na nova onda española (1975-1985)

 

¡Agora! Non mañá é un traballo minucioso e ameno, repleto de detalles históricos sobre xente e iniciativas que, no seu maior parte, foron esquecidas a través do tempo. Neste libro o xornalista asturiano Pablo Martínez Vaquero desentraña os recunchos do lustro que ata agora recibira menos luz dentro do movemento Mod en España. Trata de dúas xeracións de mozas (as aparecidas entre os períodos 1979-1980 e 1982-1983) que conviviron coa nova onda do pop español, pero coa estética e a forma de vida Mod como guí.a referencial. O autor dá a palabra a gran parte dos principais protagonistas daquela época, contrastando o dito onte coa visión que estes manteñen hoxe. Nestas páxinas recórdase, desmente e desmitifica á vez que se reverencia e reivindica. Ponse os puntos sobre as íes sobre un período fundamental do pop español que o autor considera tergiversado. É a crónica dun xornalista obxectivo que, desde o seu punto de vista adulto, fala dunha mocidade non estrañada, pero tampouco esquecida. Os Mods como fío condutor da nova onda. Bos tempos? Pasen e vexan.

Espero ir sacando tempo, de onde poida, para poder rematalo...

Vespa & Lambretta desde Culleredo > A Coruña > Galicia > España

No hay comentarios: