lunes, 10 de octubre de 2011


Primeira etapa do Camiño de Santiago

Superada!!!

Comezando en Roncesvalles:

e rematando en Logroño:

A etapa de hoxe foi curta pero intensa, pero tendo en conta que saín de Logroño pola mañá ao final fíxenme o camiño dúas veces, total máis de 300 kms.

A N-135, que é a que leva de Pamplona a Roncesvalles, é unha auténtica pasada, curvas e máis curvas para gozar da estrada e encima o ter que pasar dous portos de montaña foi unha gozada.

O resto do camiño foi pola NA-1110, que é unha boa estrada para gozar, sen nada de tránsito e pasando por pequenos e peculiares pobos.

A etapa de hoxe foi coincidindo coas 6 primeiras do camiño que se fai a pé:

Roncesvalles - Zubiri - Pamplona - Puente la Reina - Estella - Torres del Rio - Logroño

Pois nada, mañá máis ...

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

No hay comentarios: