martes, 11 de octubre de 2011


Segunda etapa do Camiño de Santiago

Hoxe a xornada foi percorrendo un pouco máis de distancia, a etapa foi Logroño - León.

Poderiamos dividila en duas partes, a primeira bastante boa e entretida que me levou desde Logroño ata Burgos

A segunda parte foi un pouco máis monótona, xa que as tremendas rectas da N-120 perdíanse no horizonte, do mesmo xeito que os campos de cultivo que había aos seus lados, e, xa non sei se foi beneficioso ou non, pero encima ía só pola estrada.

Unha preciosidade o mosteiro de San Zoilo en Carrión de los Condes:

Esta segunda etapa fíxena coincidir con 11 etapas a pé:

Logroño - Nájera - Sto. Domingo de la Calzada - Belorado - Agés - Burgos - Hontanas - Boadilla del Camino - Carrión de los Condes - Terradillos de Los Templarios - El Burgo Ranero - Mansilla de las Mulas - León

Bo pois mañá última etapa e espero chegar a Santiago sen ningún contratempo.

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

No hay comentarios: