miércoles, 20 de agosto de 2008


III Concentración Vehículos Clasicos en Miño

Non saímos dunha e metémonos noutra.

Cando aínda estamos degustando a experiencia do domingo pasado, coa celebración do I Encontro de Motos Clásicas de Oleiros e o XIX Rally Teresa Herrera de Automóbiles Clásicos e Históricos, agora preséntallenos a III concentración de Vehículos Clásicos Concello de Miño, para este sábado 23 de Agosto.


Este ano, a organización, abre a convocatoria tamén para as motocicletas clásicas. Moitas, moitas grazas.

Pero non só iso, senón que ademais, ao longo de toda a xornada, celebrarase un MERCADILLO CLÁSICO, con múltiples casetas de recambios novos, usados, maquetas, revistas, libros, roupa, cromados, son... (tal e como citan no cartel da concentración que podedes descargar aquí)

O programa que nos propón é o seguinte:

10,00 h. Apertura de inscricións
12,30 h. Ruta turística polo Concello
14,30 h. Comida
16,30 h. Exhibicións de coches radiocontrol e Karts.
19,00 h. Entrega de premios.

A continuación haberá exhibicións de Javier García (Opel Ascona 2000) e de Pedro Burgo (Kart-Cros)

E ata as 20,30 horas calculan que permanecerán todos os vehículos concentrados, momento no que se dará por finalizada esta III edición.

Así que xa sabeis, este sábado 23 de agosto, na contorna da Praia Grande de Miño, a III Concentración de vehículos clásicos espera congregar a máis dun centenar de vehículos, e para iso eu propoño que nos vaiamos

¡¡¡ TODOS A MIÑO !!!

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

No hay comentarios: