Mostrando entradas con la etiqueta Aniversarios e datas sinaladas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Aniversarios e datas sinaladas. Mostrar todas las entradas

jueves, 20 de diciembre de 2012


Antes de que remate o mundo, Bo Nadal

En vísperas do fin do mundo non podo liscar sen despedirme e felicitarvos a todos o nadal (esperemos poder disfrutala jajajaja)

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

domingo, 18 de noviembre de 2012


Estamos de cabodano ... cinco anos do blogue, ahí é nada

Pois o dito, xa pasaron cinco anos desde que embarquei neste proxecto e, dia a dia, non deixo de sorprenderme do que cambiou a presenza das nosas queridas escúteres na vida cotiá. Que o vintage está de moda xa o sabemos todos, pero que as escúteres en si, é totalmente evidente. Aproveito para a ocasión a imaxe que publicoume Dennis Munday no meu muro de Faceebook, grazas Dennis polas molestias e a felicitazón:

Así que eu espero seguir atento a calquer cousa que me apeteza compartir con vos (que xa sei, que pode ser máis ou menos interesante, pero a min parecemo...) Moitas grazas a tod@s por estares ahí.... Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

miércoles, 31 de octubre de 2012


Happy Halloween!!!!

Pois non sei que dicir do Halloween que non dixera xa noutros anos, pois que é unha festa máis e haberá que aproveitar o festivo ....

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

jueves, 5 de abril de 2012


Un ovo para facernos a pascua

Este sería o ovo perfecto para regalarlee a miña afillada:

Disfrutade destes dias que, agardemos, faga bo tempo.

Lemosnos ao retorno da Vesparraida ....

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

viernes, 30 de diciembre de 2011


Feliz Ano Novo

Quero aproveitar a ocasión para desexarvos unhas felices festas e unha boa entrada de ano, e ademais pedirvos perdón por este mes que vos tiven un pouco abandonados, pero foi un mes bastante leado...

O ano que vén haberá que empezar con forzas renovadas....

Vémonos no 2012 !!!

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

viernes, 18 de noviembre de 2011


6 anos de posts ...

Hoxe en Vespa & Lambretta Culleredo cumprimos 6 anos...

582 post, con máis de 141.000 visitas, son bastantes como para pensar que parece que fixen as cousas un pouco ben.

Esta tempada teñovos un puoco abandoados por distintos motivos pero prometo votar pronto con novos temas e novidades.

Grazas a todos por estares ahí !!!

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

lunes, 31 de octubre de 2011


Halloween??? Non, hoxe millor celebramos o Dia de Mortos...

A tradición do Halloween (que naceu do Shamaín celta) foi importada poo vistoso que nolo pintan os estadounidenses, pero eso non quita que noutras culturas se siga celebrando as suas propias tradiciós.

"O Día de Mortos é unha celebración mexicana de orixen prehispánico que recorda aos defuntos o 2 de novembro, comeza o 1 de novembro, e coincide coas celebraciós católicas do Día dos Fieis Defuntos e Todolos Santos"

Así que este ano prefiro facer mención a esta Vesp-celebración:

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

viernes, 24 de junio de 2011


Felicidades a tódolos Xoanes

A noite meiga, onde se queima o vello para dar paso ao novo, unha tradición que perdura nos tempos e que se converteu na Coruña en Festa de Interese Turístico Nacional.

Mirade como estaba esta noite as praias de Riazor e o Orzán, celebrando fogueiras de San Xoan:

Déixovos que disfrutes dalgunhas fotos do momento pirotécnico:

Desafortunadamente hoxe levantámonos coa nova do falecemento de dous mozosna celebrazón das fogueiras na Coruña, un fin de festa amargo a verdade.

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

lunes, 25 de abril de 2011


Luns de Pascua, dia da Mona

Recordo cando vivía en Cataluña, o ben que se celebraba o luns de pascua ou Dia da Mona, cando iamonos ao campo a comer cos amigos e levabámonos de sobremesa unha mona, ou o que é o mesmo, un roscón de pascua cunha figura de chocolate por rriba.

E que mellor figura de chocolate que unha Vespa a tamaño real de chocolate:


Ummmmm, quen a pillase !!!!

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

sábado, 23 de abril de 2011


Feliz aniversario Vespa, 65 anos!!!

Hoxe, 23 de abril de 2011, ás 12:00 h cúmprense 65 anos dende que foi a presentación da "motoleggera utilitaria Vespa", ou moto lixeira, no clube de golf de Roma.
No escudo aparecía por primeira vez o novo logotipo de Piaggio, que substituíu ao antigo emblema aeronaútico.
As publicacións quincenais "A Moto" e "Motociclismo" dedicaron a súa portada á Vespa e esta nova scooter suscitou entre o público curiosidade e sorpresa pero tamén certo escepticismo.
Os primeiros cincuenta vehículos saíron da fábrica de Pontedera mentres se realizaba a presentación oficial.
Os concesionarios Lancia foron os encargados de comercializar a Vespa durante os primeiros meses, e durante o seu primeiro ano de vida producíronse un total de 2.484.
E así é como comezou a aventura da scooter máis famosa do mundo.

Motor: Motor monocilíndrico de dous tempos. Cilindro de ferro horizontal con cabeza de aliaxe lixeira de axuste forzado.
Diámetro: 50 mm
Carreira: 50 mm
Cilindrada: 98 cc
Velocidade máxima: 60 km/h
Suspensión: elástica, con peiraos de aceiro en espiral na roda dianteira e topes de caucho para a roda traseira
Freos: de tambor
Pneumáticos: 3.50-8"

Fonnte: Páxina oficial Vespa España


Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

jueves, 21 de abril de 2011


Semana Santa en Vespa

Para os que non se deron conta estamos en Xoves Santo, festivo, e iso a pesar de que vivimos nun estado aconfesional (a ver quen é o guapo que cambia o dos festivos santorais, ja).

Pois iso, Vespas en Semana Santa, ou o que é o mesmo, nazarenos montados en Vespa:

Xa sea na sua versión máis moderna:

Coma nun clásico como nesta foto:

Vémonos nos bares ....

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

martes, 22 de marzo de 2011


Holi, festival de cor na India

Onte, lendo a prensa, atopeime cun artigo sobre o festival Holi na India, que é unha das maiores festividades da relixión hindú, na que se dá a benvida á chegada da estación cálida.

Auga e cores cobren a millóns de indios que saíron ás rúas para celebrar este día, e isto recordoume a esta imaxe que tiña gardada desde fai un tempo:

No que me fixo graza o pé de foto " ... o costume de tirar botes de pintura aos automobilistas non cremos que sexa ben recibida por todo o mundo." Non a verdade é que non, sobre todo polo vespista, jeje.

Eiquí tendes a nova da axencia Efe.

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

viernes, 18 de marzo de 2011


San Patricio en Vespa

Onte celebrouse San Patricio, o día en que todos parece que somos irlandeses porque non veais a cantidade de xente que había celebrandolo onte cunha pinta na man.

Pois no Golfos Artabros Escuter Clube non ibamos a ser menos e saímos a celebrar esta data tan entrañable.

E para a ocasión portamos ata un adhesivo en conmemoración de tal "notable" data:

Esta en concreto:

E a verdade é que foi unha boa noite, na que ata acabei tomandome unha Spitfire da que xa vos falara nun post anterior.

Como se adoita dicir "para traballar non hai xente, pero para festexar!!!"

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

lunes, 14 de febrero de 2011


Scooter in Love

Hoxe é San Valentín, e a pesar de que eu amo igual todo o ano, hoxe quería facerlle unha pequena chiscadela ao amor...

Aínda que a mensaxe do cartón non é tan amoroso que debese (Entón, que pensas da scooter?), a imaxe dio todo...

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

jueves, 6 de enero de 2011


Fotos da cabalgata de reis na Coruña

Do mesmo xeito que o ano pasado, varios compoñentes do Golfos Artabros Escuter Clube, unímonos á cabalgata dos Reis Meigos na Coruña.

Eiquí tendes as fotos do sucedido:

e estas catro encántanme (e non so porque salga eu co meu fillo nelas). Envioumas o fotógrafo Pedro Pedreira Antón (www.ppedreira.com) ao cal agradézollo de corazón:

O resto das fotos, neste album Picasa:



Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

miércoles, 5 de enero de 2011


Que veñen os Reis, yeah!!

Esta noite todolos nenos están impacentes pola chegada dos Reis Meigos de Oriente, cargados de agasallos e ... xa xa xa sabemos todos iso, pero ti que prefires, aos reis ou a Papa Nöel?

Pois eu, despues deste rap que se marcan esta versión renovada de reis, téñoo claro:



e non só quédome con eles polo rapeado, senón porque na web que os defende (Yo soy de los Reyes Magos.com) teñen estoutro condicionante:

Xa sei que son moi simple pero ... que lle vou a facer ...

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

viernes, 31 de diciembre de 2010


Feliz aninovo



Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

sábado, 25 de diciembre de 2010


Bo Nadal!!

Pois si, para os que no vos enterastedes hoxe é o día de Nadal, así que eiquí tendes a derradeira imaxe dun Papa Noel escuterista do ano.

E agora a preparala entrada do novo ano ...

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

jueves, 23 de diciembre de 2010


Another Lambretta for Santa

Isto si que é a perfecta expresión gráfica do que é unha Lambretta do Nadal:







Pasáronse a verdade, jajjajaja.

BO NADAL!!!!

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España