Mostrando entradas con la etiqueta Vigo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Vigo. Mostrar todas las entradas

viernes, 9 de agosto de 2013


Volta a España en Vespa 2013

Juan e Diego, dous bos amigos vigueses, a lombos dos seus dous Vespas e 4500 quilómetros por diante de ruta por España.

Ese é a formulación inicial e o que queren realizar entre o 15 ao 30 de agosto. Eiquí tendes o rutómetro que esperan seguir, así que esperemos poder recibilos en todos os seus pasos.

Eiquí tendes o video promocional desta fantástica aventura:

Podedes seguir todala sua aventura en Facebook nesta ligazón Moitisimo ánimo amigos, estaremos seguíndovos día a día, sufrindo unha gran envexa (sa, iso si). Vespa & Lambretta dene Culleredo > A Coruña > Galicia > España

sábado, 15 de septiembre de 2012


Cualquier Tiempo Pasado

Con este nome dáse inicio a unha nova web que é a continuación a un proxecto iniciado fai dous anos, a "CAMPAÑA DE RECUPERACIÓN DA MEMORIA FOTOGRÁFICA DAS VESPAS E LAMBRETTAS EN GALICIA", da que xa vos falou fai un tempo.

Onte despraceime a Vigo á presentación da web Cualquiertiempopasado.es, no Museo MARCO (Museo de Arte Contemporaneo), onde os seus responsables, deron a coñecer como se expuña a web e os propósitos para a mesma.
Tal e como se definen eles mesmos: Cualquiertiempopasado.es un magazín para visitar en Vespa ou en Lambretta no que recompilamos historias con reminiscencia Vintage. En calquera lugar, pasaron e pasarán, momentos que merecen a pena ser recordados. Nós empezamos aquí coa nosa recompilación. Pero somos ollos, oídos e escaparate, de todas esas historias que merecen seguir sendo contadas. Na presentación non estiveron sólos, xa que foron arroupados por uns incondicionais vespistas chegados desde distintos puntos da xeografía galega e, especialmente de Vigo, representados polos Vespeinados e o Vespa Club de Galicia.
A partir de hoxe xa se pode consultar a web, na que, de momento, só subiron 100 fotografías, pensando en non emborracharnos. Nas próximas semanas iran subindo aos poucos as 5oo restantes. Non olvidedes esta web cualquiertiempopasado.es, xa que dará moito que falar .... Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

jueves, 5 de mayo de 2011


Obxetivo solidario Europa de Costa a Costa

La Asociación Moteros sin Fronteras, organizan unha ruta cultural e solidaria, que terá lugar o próximo domingo 8 de maio, desde Vigo ata Santiago, baixo a denominación Obxectivo solidario Europa de Costa a Costa.


Na ruta, que arrincará ás 9:30 horas desde o centro comercial Travesía de Vigo, espérase a participación de 500 motocicletas e discorrerá por:

  • A estrada de Vilaboa (N-554), cara a San Adrián de Cobres para enlazar coa N-550 en Vilaboa.

  • Continuará cara a Figueirido e ata chegar á rotonda de entrada a Pontevedra.
    Tomarase a circunvalación ata a Avda. de Compostela que enlaza de novo coa N-550.

  • Continuarase por esa estrada ata Caldas de Reis e alí virarase cara á N-640 dirección Cuntis.

  • En Portela deixarase a N-640 e collerase pola PO-2008 para ir polas parroquias de San Andrés e San Xulián dirección Pontevea (A Coruña).

  • Continuarase pola PO-2008 ata enlazar coa N-525, tomando a circunvalación para ir desde San Caetano á Praza do Obradoiro, estando prevista a chegada ás 12:00 horas.


O motivo desta ruta, que esta comprendido no Obxectivo Solidario Europa de Costa a Costa 2011 que rende homenaxe aos pilotos falecidos, pretende unha solución europea de mellora da seguridade viaria e achegar axuda solidaria ás persoas necesitadas dos paises europeos.

Un moi boa iniciativa, que é digna de mencionar e aplaudir...

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

miércoles, 2 de marzo de 2011


Gemma Marqués, unha pintora vespeira

O pasado mércores día 23 inaugurouse unha exposición na sala 2 de NovaCaixaGalicia de Vigo, titulada "Retratos e Bodegóns" da pintora Gemma Marqués.

Isto non pasaría de ser unha exposisición pictorica máis senón fose porque Gemma ademais de pintora é vespista, e vespea habitualmente cos amigos Vespeinados de Vigo, e para mais inri o seu gusto polas nosas queridas escúteres o reflexa na súa obra:



+ info:
- Gemma Marqués.com

Recordade:

"Retratos e Bodegóns"

Exposición individual de Gemma Marqués en NovaCaixaGalicia de Vigo

Sala 2 de Exposicións, frente da Casa do Libro

(Calle Velazquéz Moreno, 18 Vigo)

Do 23 de febreiro ao 20 de marzo de 2.011

HORARIO: De Luns a Venres de 18 a 21 horas e Sábados, Domingos e festivos de 11 a 14 e de 18 a 21 horas.

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

miércoles, 22 de diciembre de 2010


O video da Papanoelada en Vigo

Xa sei que non é gran cousa, pero é o que puiden grabar.

Eiquí tendes o video da Papanoelada o pasado sábado en Vigo:



E insisto:

BO NADAL!!!!!!!!!

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

lunes, 20 de diciembre de 2010


Fotos da Papanoelada en Vigo

Tal e como vos contei fai uns días o pasado sábado 18 funme ata Vigo a participar nunha Papanoelada moteira.

E alí xuntámonos unhas 200 motos cuns 300 papanoeles rodando sobre elas, entre eles, os amigosVespeinados:

Eiquí tendes máis fotos desta marabillosa xornada en vermello e branco:

Se ata puidemos gozar dunha preciosa Vespa Sprint con sidecar do amigo Ginés:

Tendes todalas fotos desta Ves-Papanoelada neste album Picasa:



Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

jueves, 16 de diciembre de 2010


Ves-Papanoelada en Vigo

Este próximo sábado día 18, os moteiros e clubes motoristas de Vigo e arredores organizan unha Papanoelada.

O lugar de saída será o parking de castrelos en Vigo ás 15:00 horas.

Os requisitos seran: IR VESTIDOS DE PAPANOEL e levar caramelos.

Non é necesario apuntarse, só con aparecer é suficente...

Así que, se cadra, aparecer aparezo...

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

martes, 9 de noviembre de 2010


"Miña foto Favorita" - Museo Marco de Vigo

Continuando coas actividades organizadas polo bo amigo Vespeinado PABLO OSORIO e como continuación a la campaña de recuperación da memoria fotográfica das Vespas e Lambrettas en Galicia, envioume este mail:

"Con motivo do V Aniversario do MUSEO MARCO de Vigo, o seu Departamento de Comunicación (coñecedores da nosa iniciativa de recuperar a memoria fotografica das Vespas e Lambrettas en Galicia) invitáronme a participar na actividade A miña FOTO FAVORITA.

Durante 15 minutos e diante dunha foto dun Seminarista pousando coa Lambretta de VirxiLio, falarei de como as historias que ata a data fun recompilando sobre estes Scooters e as persoas que os conducían: Curas que exercían o seu oficio en dúas rodas, carreiras na dársena de Bouzas, fotografos itinerantes, viaxes de noivos a distintos puntos de España, saídas conxuntas do Vespaclub Vigo e Vespaclub Pontevedra o día do Apostol a Santiago, entre moitas outras...

Máis que á miña intervención, invítovos a que vos paseis a ver esta impresionante EXPOSICION antes do 24 de abril de 2011, que se irá cara á Sede da Fundación Telefónica en Madrid
"

Anímovos a todos a achegarvos ata Vigo a gozar desta presentación e acompañar a Pablo neste momento tan escuterista.

Un saúdo...

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

sábado, 21 de agosto de 2010


2ª Scooterada Vespeinada-Vigo 2010

Ide preparandovos todos para o próximo fin de semana, xa que os Vespeinados celebran a sua 2ª Scooterada Vespeinada-Vigo 2010, co seguinte programa:

Día 28 Agosto de 2010

9.00 h a 11.00 h: Recepción de participantes

11.00 h Saída da Caravana Vespeinada que fará o seguinte percorrido:
11.30 h Vigo - Zona Praias: Samil, Bao, Canido,Coruxo-,
12.30 h Panjón : recepción no Clube Náutico de Panjón
Visita ao Templo Votivo de Panjón obra de A. Palacios
Gondomar
Vincios

13.30 h Subida aos miradoiros do Monte Alba e Monte Cepudo, desde onde se poden ver, se o día permíteo, a totalidade das Rias Baixas Galegas

14.00 h Xantar

17.00 h como ACTO CENTRAL- Paseo en barco pola Ría de Vigo (Porto de Vigo, Teis, Chapela, Ponte de Rande, Domaio, Moaña, Cangas, Zona de Bateas, ata atravesar a Ría e volta pola costa de Samil)

21.00 h Fin de percorrido e tempo libre

22.00 a 03.00 "Vesparranda"
Proxección de fotografías do noso arquivo historico "Vespa, 60 anos en familia"


Día 29 de agosto de 2010

10.00 h Recepción e café de "Bos días"

11.00 h Caravana Vespeinada nun "Vigo: Round & Round", percorrido pola cidade visitando os miradoiros emblemáticos.

13.00 h despedida dos participantes.

Eiquí tendes a ficha de inscrición:



PREZOS INSCRIPCION:

1.-BENVIDA , BOLSA AGASALLOS E PASEO EN BARCO: 10 €

Benvida: Café con pastas ( sábado e domingo)

Bolsa agasallos: Camisetas, chapas, adhesivos, pins, gorras, etc. etc.

Recepción en Club Naútico de Panjón

Paseo en barco pola Ría

Acceso ao resto das actividades como invitado.

2.- COMPLETO: BENVIDA, BOLSA AGASALLOS , COMIDA, PASEO EN BARCO, SORTEO AGASALLOS, COPAS SUBVENCIONADAS NOITE: 30 €

Benvida: Café con pastas (sábado e domingo)

Bolsa agasallos: Camisetas, chapas, adhesivos, pins, gorras, etc. etc.

Recepción Clube Naútico de Panjón

Comida: Hotel Cidade de Vigo ( ****)
Menú: Ensalada completa Cidade de Vigo
Lombo de salmón á prancha con cogomelos
Torta de chocolate con xeado
Viños Branco Ribero, Tinto Rioxa, Augas e café

Paseo en barco pola Ría.

Sorteo de agasallos individuais.

Posibilidade de invitar a un amigo/á o paseo en barco, segundo aforamento.

Copas subvencionadas en ETNIAS - locais en Praza da Estrela-

Copas subvencionadas en VERSUS - local na c/ Areal.

PARA AS INSCRICIÓNS:

Reserva teléfonica..........649.508.757......Juan

Pago Bancario: cta. cte. Caixanova 2080/0000/75/0040317513
Titular da conta: Juan Zaragoza "2º Scooterada Vespeinada"
(OBRIGATORIO UN INGRESO POR PERSOA)

MOI IMPORTANTE:

AFORAMENTO LIMITADO COMIDA - MAXIMO 150 PERSOAS

AFORAMENTO LIMITADO BARCO.....MAXIMO 250 PERSOAS

+ info:

- Foro dos Vespeinados

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España