Mostrando entradas con la etiqueta Animais e scooters. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Animais e scooters. Mostrar todas las entradas

jueves, 27 de septiembre de 2012


Vespaña

Encontreime con esta curiosa imaxen, realizada por Alen Lauzan para o xornal El Gráfico de Chile, para representala victoria da selección española de futbol contra a de Italia na pasada Eurocopa.

Eu quedome có curioso, e atinado, concepto de Vespaña Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

viernes, 7 de enero de 2011


Pingüinos, 30 aniversario

Hoxe é o día grande da concentración moteira invernal máis importante do mundo, Pingüinos, e nesta ocasión celébrase o 30 aniversario.

Eu pérdomo por causas de forza maior, mágoa, pero bo, un compañeiro Golfo desprázase nestes momentos cara alí na sua Vespa 200 así que espero traervos fotos dos pingüíns vespeiros en breve.

Un saúdo a Roi e Ana, sorte na ruta...

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

jueves, 23 de diciembre de 2010


Another Lambretta for Santa

Isto si que é a perfecta expresión gráfica do que é unha Lambretta do Nadal:







Pasáronse a verdade, jajjajaja.

BO NADAL!!!!

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

sábado, 11 de diciembre de 2010


Speedza, ou de como modernizar unha fábula

Fai uns días descubrín este vídeo, onde se moderniza a fábula da tartaruga e a lebre, que o disfrutedes:



Ou de como as grandes cadeas de comida rápida, non poden competir coa cociña tradicional, jeje.

Esa tortuguiña, montada nunha Vespa, siiiii ... lenta pero segura.

+ info:

- Web oficial Speedza
- Blog Speedza

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

domingo, 24 de octubre de 2010


Noivos nunha escúter parala bica de boda

Logo de ver, a través de internet, moitos adornos para tortas de voda, onde os noivos van montados nunha escúter, hoxe atopeime esta paseando pola Coruña:

Dá gusto ver este tipo de cousas en vivo.

Vino en Cookies & Cookies por Alatarta, na Praza Maestro Mateo:

Hai que recoñecer que a figura é unha auténtica preciosidad:

Saúdos aos amigos de Alatarta.com e moita sorte nesta nova tenda...

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

domingo, 10 de octubre de 2010


Vaca escuterista

Paseando polo Alén- III Salón Coruña do Outlet, atopeime con este bolso da marca Roxy:

e o que me chamou poderosamente a atención foi a etiqueta, que di que é de coiro italiano:

supoño que o coiro será de vaca, non?

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

sábado, 2 de octubre de 2010


60 anos de .... Carliños e Snoopy

Noraboa Charlie Brown.

O 2 de outubro de 1950 iniciouse a banda deseñada Peanuts, coñecida en galego como "Carliños", "Charlie Brown e Snoopy" ou "Rabanitos".

Aínda que non foi ata dous días despois cando apareceu na banda deseñada a persoaxe de Snoopy, que para o min é a que máis perdurou na mente de todos, é de mención o aniversario no día de hoxe.

Fonte Wikipedia: Snoopy.

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

miércoles, 11 de agosto de 2010


Lego Julius & Friends & escúter

Despois do Lego Vespa & Mod e do Julius & friends & escúter, atopei en Flickr (onde senón), a fusión destes elementos:

Julius & friends & escúter & Lego

Segundo di o seu autor, nos comentarios de Flickr:

"Paul Frank, Julius y Clancy en Lego por Paul Hetherington

Sempre fun un fan dos gráficos nítidos e cores de Paul Frank. Nunha viaxe a Legoland fai uns anos, vin unha camiseta de Julius nunha escúter, seguido de tódolos seus amigos en remolques. Nese momento pensei que estaría ben facerlle un divertidísimo modelo en Lego. Fai tempo conseguín facelo e eiquí está. Recentemente saído de Planned Pines, JULIUS & CLANCY!
"

Sigo vendo gustosamente que os hai moito máis frikis ca eu....

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

martes, 10 de agosto de 2010


Julius & Friends & escúter

Aproveitando que vos comentei o da camiseta coa Lambretta que me comprei, na mesma tenda vin varios produtos de Paul Frank, co conocidísimo Julius (en todas partes) e iso recordoume que fai un par de tempadas, a imaxe de Paul Frank era, precisamente a de Julius e os seus amigos, en escúter.

O único que atopei (a dia de hoxe) relacionado cos escúteres, son un bloc de notas:

e un casco para moto:

Xa vedes o que pode dar de se un mono e demais animais.

Todo é cuestión de imaxinación, e parece ser que Paul Frank tena, porque dende colocar ao mono conducindo un escúter, pasando por facelo rockeiro ou un demo, fixando eses deseños tanto a roupa, como a útiles de escritorio, como a auriculares, a "vida" de Julius creo que se vai a alargar ata a saciedade.

Tendes eiquí unha gran recopilación de videos de Julius & Friends.

Seguiremos atentos a súa evolución.

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

viernes, 16 de abril de 2010


Perry e a súa escúter

Dende que a TDT entrou nas nosas vidas, aos que somos pais, tamén descubrimos dúas canles "case" imprescindibles (en ocasións) Clan TV e Disney Chanel.

É neste último onde, tras ver ata a saciedade capitulo tras capitulo a serie de animación Phineas Y Ferb, descubrímos coma, dous nenos, que fan cada día cousas máis extravagantes, teñen unha irmá que é unha chivata e unha mascota bastante peculiar, un ornitorrinco.

Éste chamase Perry, e ademais é o "Axente P", un axente dobre que traballa incansablemente para salvalo mundo do malvado Dr. Doofenshmirtz.


Non sei que lles deu aos creativos cos ornitorrincos, porque noutra serie que xa vos comentara no seu día (The Koala Brothers), tamén saía un ornitorrinco conducindo unha escúter.

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

jueves, 24 de septiembre de 2009


A Ves-cabra

Coma sempre hai xente para todo, pero "tuneala" Vespa con pel e cornos de cabra (ou cabrón, no sabería que dicirvos), paréceme moi forte.

Non sei que opinarán delo os detractores do uso de peles na moda.

Vista en Bastardidentro.it.

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

miércoles, 17 de junio de 2009


Roupa infantil. Para a miña pequena Celia

Agora ca miña nova xoia entrou na casa, xa atopei os mellores bodys para vestila:






Xa sabedes, para os bebés non hai nada millor que debuxos de animaliños (eso sí, montados na escúter, jeje)

Vinos en Cafepress.com, cun custo medio de 15 $ (hai que aproveitar que o dolar está barato).

Tamén hai camisetas coma esta:

E un pouco máis barata atopei esta camiseta en Baby Outfitterm:


Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

martes, 14 de abril de 2009


O chocolate, protagonista no Luns de Pascua

Luns de Pascua, dia da Mona ou simplemente Pascua, e máis coñecida non polo seu sentido relixioso senon polo vicio "comparable co sexo" (que non sei quen foi o que fixo esa afirmación), o chocolate.

E que e o mellor co que se pode mesturar o chocolate, ..... , pensade, ....., con que vai ser, coas escúteres.

Como non, o caso e, que a imaxen máis recurrida é a do coello:



Pero isto non e unha cousa tan moderna coma podamos pensar, este molde de chocolate con vespa e conductor, foi fabricado despois da II Guerra Mundial, isto explica que o precio sexa o dunha antigüidade (89 supoño que libras) por un molde de catro pulgadas de altura, uns 10 centímetros, vino en Dad's Follies, antigüidades e coleccionables



E xa que o coello é o protagonista nun día coma este, non so o poderemos encontrar de chocolate, senón que é posible encontralo noutros soportes, xa sexa cerámica:
coma papel

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España