Un pouco máis tarde do habitual, pero máis vale tarde que nunca, os amigos do Club Vespa-Lambretta Ourense teñen organizado para o próximo fin de semana (21 e 22) a súa 6ª Scuterada que, como sempre, vai ser moi grande.

VI scuterada Ourensá
Un pouco máis tarde do habitual, pero máis vale tarde que nunca, os amigos do Club Vespa-Lambretta Ourense teñen organizado para o próximo fin de semana (21 e 22) a súa 6ª Scuterada que, como sempre, vai ser moi grande.

Fotos da V Scooterada Ourensana
Eiquí tendes, recen saidas do forno, as fotos da V Scooterada Ourensana, que puidemos disfrutalol pasado fin de semana:



O resto das fotos neste ligazón. Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España
V Scooterada Ourensana
Este próximo fin de semana (2 e 3 de xuño), os amigos Agudos de Ourense, organizan o seu xa tradicional Scooterada, chegando nesta ocasión á 5ª edición.


+ info: - Blogue da V Scooterada Ourensana - Facebook da V Scooterada Ourensana Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España
Fotos da IV Escuterada Ourensana
O pasado sábado, arriesgámonos varios a achegarnos a Ourense a acompañalos amigos Avispados na sua IV Escuterada - II concentración Luso-Galaica.
E digo arriesgarnos porque coa onda de calor que pasamos, o meu coche chegou a marcalos 44º e iso que estaba na sombra.
Unha boa xornada de Vespas, Lambrettas, paella e bos amigos...
Espero que as disfrutedes:




Eiqui tendes todalas demáis:
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España
IV Escuterada Ourensana
Os amigos Avispados celebran este sábado a sua IV Escuterada Ourensá, que coincide tamén coa II XUNTANZA LUSO-GALAICA, onde se reunirán os escuteristas de ambolos lados da "raia?".
Aquí teneis a información que facilitaron:
Terá lugar o SÁBADO 25 de Xuño, e O PROGRAMA SERÁ:
- 11:00 inscricións, en lugar aínda por determinar polo Concello.
- 12:30 paseo urbano polas rúas de Ourense
- 13:30 I Concurso paellero-vespero, onde terá lugar unha competición entre 3 dos máis afamados Chefs vespistas, e onde os comensais decidirán que paella é a gañadora
- 16:30 II Gymkhana Urbana O Termalismo na Chavasqueira, a elixir: o que non queira enfrontarse aos demais escuteristas no reto de ser o primeiro nun trepidante concurso en equipo polas rúas de Ourense, sempre se poderá relaxar nas cálidas augas das termas privadas máis antigas de Ourense (traer bañador e chanclas obrigatorias)
-18:30 paseo ata Barra de Miño, merenda e agasallos para os participantes
- 20:30 Finalización
En principio o programa está ideado para o sábado, pero se a algún escuterista fáiselle curto o día ou tarde para regresar á súa morada, e opta por quedar a durmir en Ourense, terá unha ampla variedade de plans nocturnos.
Comezará a noite no Pub Ouren Rock, onde celebraremos unha festa escuterista, e onde poderás ter opción a que che toque unha autentica Vespa de manillar de tubo, (nun sorteo que coincidirá co sorteo de Nadal); e para esa noite contamos con máis plans, coincidindo coas Festas Locais celébrase o Festival Derrame Rock, concerto gratuíto de Mercés Peón ás 22:00h na Praza Maior, sesión de termalismo nocturno.
O vídeo promocional é unha autentica marabilla:
ATENCIÓN: Contemplamos a posibilidade de aloxar aos participantes nun pavillón, de xeito gratuíto, en caso de contar cun nº mínimo de persoas.
PREZO: Ademais, e considerando que non estamos nos mellores tempos para andar gastando, axustamos o prezo de inscrición a VINTE EUROS (20 €), pero só aos 120 primeiros. Para iso recomendámosvos que vos inscribades canto antes, realizando o pago na seguinte conta corrente de Nova Caixa Galicia 2091-0471-37-3040002598
+ info:
- foro avispado:
- Facebook
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España
Accidente en Ourense no cafe Sil
O pasado xoves produxose un accidente no centro de Ourense, onde un coche estrellouse contra un bar e lesionou de gravidade a un peón.
Isto non pasaría de ser unha nova máis de tráfico se non fora porque o bar en cuestión é a cafetería Sil, "sede" dos amigos Avispados (Clube Vespa-Lambretta Clásica) de Ourense.Casualidades da vida, fai dous domingos estiven alí tomando café e a dona estívome ensinando e preguntando que me parecía o novo vinilo que acababa de por nunha das fiestras:
Ánimo e tranquilos, que os danos materiais arránxanse...
Tendes a noticia compreta nesta ligazón de La Voz de Galicia.
Un saúdo a tod@s eses amigos Avispados.
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España
3ª Escuterada Ourensana
O próximo fin de semana, os amigos do CLUB VESPA-LAMBRETTA CLASICA OURENSE, tambien coñecidos como os Avispados, organizan a terceira edición da súa escuterada.
O lugar da concentración será na Rúa Dr. Marañon (ao carón das Burgas), onde se poderá gozar dun bo xantar (aínda recordo a empanada do ano pasado, ñam-ñam), despois realizarase un paseo urbano polas rúas de Ourense, para posteriormente ir darse uns baños termais.
Despues do xantar comida veremos que proba sorpresa espéranos.....
Espero que o pasedes moi ben.
+ info:
- Foro dos Avispados
- Blog dos Avispados
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España
Exposición Moto Vespa y Clásicas Verín
Os amigos do Vespa Club Verín, enviáronme este correo electrónico, con información moi interesante sobre unha Exposición-Paseo que van celebrar o vindeiro domingo, 21 de marzo, en Verín (Ourense).
A continuación reprodúzovolo:
"Ola Vesperos !!
Enviámosvos este correo para informar que o dia 21 de Marzo, na vila e corte de Verín, celébrase, unha Exposición-Paseo Moto Vespa e Clásicas, celebramiento paralelo á exposición de coches clásicos.
Este evento esta organizado polo Concello de Verín e Vespaquetequero Verín.
O evento inclúe, o parque pechado para todos os vehículos, paseo polas rúas e a contorna da Vila, con degustación na prestixiosa Adega de ROBERTO VERINO.
A continuación, comida nun restaurante da Vila, acompañados dos participantes da exposición de coches clásicos.
A inscipción neste evento custase 10 € por persoa como achega. (Un agasallo para cada moto)
Esperamos contar con todos vós.
Rogamos confirmen asistencia por correo electrónico ou teléfono.
Achegamos cartel do evento.
Un saúdo.
Vespaquetequero Verín"
Ten moi boa pinta aínda que á miña cáeme un pouco lonxe, (todo é animarse loxicamente), espero que o paseis moi ben.
+ info:
- vespaquetequero@gmail.com
- Teléfono de contacto: 600 466 887
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España
Crónica da II Scooterada Avispada
O sábado pasado asistín á fantástica II Scooterada Avispada, na que nos xuntamos unha boa cantidade de escuteristas chegados de todalas provincias galegas.
As inscripcións foronse facendo puoco a pouco, acompañados dun maravilloso almorzo a base de empanada, queixo e lacón asado xunto con algunha que outra cervexa (unha escasa, que había que conducir despois).E coma non neste evento encontramonos con escúteres de todolas cores (y sabores, jeje)
Despois recorrimonos practicamente todala cidade e marchamos en ruta
a darnos uns baños nas Pozas de Outariz
deixamos as escúteres ben aparcadiñas e ... a darnos un baño, a distintas temperaturas, que xa vos digo que é totalmente recomendable.
Despois continuamos camiño ata chegar a un merendeiro en Alongos, onde chegamos con fame (non chegou a empanada do almorzo) e deixamos as escúteres daquela maneira (organizaçao please): Xa co bandullo cheo salimos con máis ganas ainda cara a Ribadavia
onde divertimonos todos cunha gimkhana,
acompañada do sorteo de agasallos y a merenda, namais queda dicir que
NORABOA AVISPADOS e moitas gracias polo bon recibimento.
Vemonos na/s seguinte/s.
+ info:
- gol-Foro dos Golfos Artabros Escúter Clube
- Foro dos Avispados
+ fotos:
- No meu album Picasa
- Foro dos Avispados
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España
Esta fin de semana, a Ourense
Pois iso, esta fin de semana voume a Ourense, a visitar aos amigos Avispados (CLUB VESPA-LAMBRETTA CLÁSICA DE OURENSE) que celebran a sua 2ª Escuterada.
Eiquí tedes o cartelón do evento:
Xa sabedes, o día 28 imos celebrar en Ourense "O día da Vespa"
+ info:
Foro dos Avispados
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España