Mostrando entradas con la etiqueta Meus veciños. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Meus veciños. Mostrar todas las entradas

viernes, 14 de mayo de 2010


Seguridade viaria dos motoristas

Aínda que este vídeo da Fundación Mapfre sobre Seguridade viaria por parte dos motoristas xa ten un tempo, agora que (esperemos ou supomos) achégase o bo tempo, sempre é bo recordar a información básica que temos que ter SEMPRE en mente os que nos subimos a un vehículo de dúas rodas:


Ademáis, o aliciente de ver ao campeonísimo Alvaro Bautista a lombos dunha preciosa Vespa vermella, fan este vídeo máis apetecible.

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

jueves, 22 de enero de 2009


Unha nova fichaxe, Lambretta SX 200

O que son as casualidades.

Onte levei o coche da miña sogra a pasala ITV e, despois de entregala documentación (e pagar, por suposto), cando voltaba cara o coche vin chegar un escúter que, xa dende lonxe, empezoume a chamar poderosamente a antención:

¡¡¡ UNHA LAMBRETTA !!!

non mo podía crer, unha flamante SX 200 pola zoa, incrible.

Por suposto acerqueime a falar co propietario e resultou ser un rapaz de Guisamo, que levaba pouco con ela, pero que xa coñecia este blog porque estabase informando do ambente escuterista da zoa, e anque intentei fichalo para acudir ao 1ro Invernovespa, lamentouse de non poder ir.

Equí tedes varias fotos desta preciosa SX 200, para que podamos disfrutala entre todos:






Pois sé benvenido Chus, tal e como te dixen espero que, en breve comecemos a organizar algo na zoa, do que vos mantendrei informados a tod@s.

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

lunes, 29 de septiembre de 2008


Presentovos: a un xoven scooterista

O outro día paseando por Coruña, atopeime con esta restauradísma PK azul e branca, cuns detalles clásicos admirables:


A pintura está perfecta e o pintar as lamias no mesmo azul para que contraste cos neumáticos de banda branca é un exercicio de estilo perfecto:


E o máis destacable desta restauración é que, segundo puiden saber, o seu propietario ten escasamente vinte anos, algo menos que a súa montura.


Dá gusto ver que as novas xeracións conservan o espírito clásico destas entrañables máquinas.


Menos mal que eu teño ao meu fillo Bruno que sempre se fixa, do mesmo xeito que eu, na "Nespa como a de papá".


Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

domingo, 21 de septiembre de 2008


Preséntovos: Unha Lince en extinción

Fai tempo que a via circulando pola cidade e non conseguía cazala, xa sabedes cos felinos son moi escorredizos e, neste caso, esta Lince fai honor o seu nome.


Esta Lambretta (modelo SX-200) foi bautizada acertadamente co nome de Lince xa que, ó igual co animal, encontrase en perigo de extinción.


A pesar de ter "só" vintedous aniños, o cachorriño podese considerar claramente un clásiquisimo.


Anotada queda para cando nos organicemos no area metropolitana Ártabra (entereime o venres como a queren chamar, que un pouco máis, senon chega a ser porque mo dicen, non sei nin onde vivo).


Por certo, esta Lambretta en cuestión e dun veciño de Abegondo, saudos a todos eles.

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

miércoles, 17 de septiembre de 2008


Presentovos: a PK dun veciño

Hoxe tráiovos esta preciosa PK 75 do ano 1.990, dun veciño meu.


Polos anos que ten non pode ser considerada aínda clásica, pero está moi ben encamiñada a conseguilo.


Desde o primeiro día que a vin diante do meu portal xa me chamou a atención (a fin de contas é unha Vespa), pero por aquel entón estaba pintada en negro, e bastante deixada, pero agora, desde que a pintou con este precioso ton vermello co detalle da tira de cadros, a verdade é que quedou a mar de vistosa.


Dá gusto ter veciños así, agora o que fai falla é empezar a xuntarnos varios para tratar de organizarnos e facernos notar.



NOTA MENTAL: Non podo ter tanto tempo os post preparados porque senón pásame como neste caso, que fai case un mes que non a vexo aparcada diante do meu portal e, sinceramente, espero que sexa porque a garda nunha garaxe próxima.

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España