Mostrando entradas con la etiqueta Invernovespa. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Invernovespa. Mostrar todas las entradas

martes, 27 de enero de 2015


Rematada a VII Invernovespa con moi bo sabor de boca

O pasado domingo (25 xaneiro) celebrouse en Melide (A Coruña) a 7ª edición da xa clásica reunión escuterista galega Invernovespa.

O sábado achegámosnos/achegámonos xa ata aquela poboación unha veintena de escuteristas con ganas de gozar. Aproveitamos o bo tempo para facer unha pequena ruta para visitar o Hotel-Balneario Rio Pambre (mágoa que estivese pechado), continuando ata o Castelo de Pambre (en fase de remodelación). Un paseo precioso ao bordo do rio Pambre coa mala sorte dunha pequena caida dun dos compañeiros (sen grandes consecuencias).

A mañá do domingo amanecio moi fria pero asollada. Ás 11 da mañá comezamos a recibir aos máis madrugadores e ao resto de asistentes chegados de todas as provincias galegas.

Á unha da tarde arrincamos en ruta polas rúas de Melide, coa sorpresa e admiración a xente que se atopaba en devanditas rúas.

Á unha e media chegamos á Casa dá Cultura onde puidemos gozar da exposición fotográfica "Vespa e Lambretta en Galicia - Século XX" con material cedido por miabueloteniaunaigual.es e posteriormente gozamos da presentación do proxecto documental "Ou meu avó tinga unha igual, que empezará a rodarse na primavera.

Ás dúas e media estabamos xa sentados a comer, no Hotel-Restaurante Carlos 96, onde nos inchamos a comer caldo galego e callos, para abrir boca, e tenreira e cordeiro para rematar a "enchenta".

Trala entrega de recordos aos clubs participantes (un total de 15) por parte do concelleiro do concello Santos Lopez Novo e os agradecimientos a todos pola súa asistencia, deuse por finalizada a VII Invernovespa, desexando volver outro ano máis.

As cifras finais foron magníficas: 115 inscritos, case 90 motos participantes e centos de bos momentos.

O bo de que termine unha reunión así é que xa se pensa na seguinte .... Vespalacón 2015, alá imos!!!!

Todalas fotos contidas neste artigo son propiedade do perfil de Facebook Turismo Melide. Grazas por todas elas.

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

martes, 20 de enero de 2015


O meu avó tiña unha igual. A Exposición.

Tras máis de cinco anos de recuperación de fotográfias superando xa o milleiro, Miabueloteniaunaigual.es pasa das as pantallas á sala de exposicións. Onte inaugurouse, a sala de exposicións da casa dá cultura de Melide (A Coruña), a exposición Vespa e Lambretta en Galicia - Século XX, onde se presentan unha pequena mostra do arquivo virtual que compón Miabueloteniaunaigual.es así como obxectos da historia escuterista galega. Tendes ata o 1 de febreiro para achegarvos a gozar desta exposición, aínda que segundo parece esta é a primeira pero en breve anunciaranse novas datas e lugares. Non ma perdo!!!! E este finde INVERNOVESPA!!!!!! Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

lunes, 12 de enero de 2015


Invernovespa en Melide

O próximo 24 e 25 de xaneiro, celébrase a xa clásica concentración anual Invernovespa, que este ano se realizará nuevamente na localidade de Melide (A Coruña) Segundo di a organización no evento de Facebook creado para informar aos asistentes: "Este ano temos pensado organizar unha exposición fotográfica e de obxectos escuteristas antigos en colaboración co meu avó tenia unha igual ( http://www.miabueloteniaunaigual.é/) En breve horarios da mesma. O domingo día 25 iniciásese as inscripciones ás 10:30 horas no Pazo de Feiras de Melide. (Inscripción 12 euros, con comida e agasallo incluído) Faremos unha pequena ruta polo concello ata chegar ao lugar da exposición onde se realizase a presentación do documental Ou meu avó tinga unha igual (en colaboración con Faino Estudo) 14:30 horas comida no hotel Carlos 96. Rogámosvos POÑÁDESVOS en contacto coa organización a través dos distintos clubs para poder ter un numero o mais próximo de asistentes para a reserva de cubertos. Para os mais madrugadores que queiran quedarse o sábado a durmir poden reservar habitación no Hotel Carlos 96 ( http://www.hc96.com/) teléfono 981 507 633" Aló estaremos novamente, gozando do frio e das nosas queridas escúteres ... Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

viernes, 24 de enero de 2014


Invernovespa 2014

Mañá e o domingo celebrase unha nova cita da xa clásica cita escuteril galega, A Invernovespa, que celebrarase como en anos anteriores na localidade coruñesa de Melide. Eiqui tendes a folla de inscrizón por se querede traela cuberta.

Vemonos en Melide !!!! Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

martes, 22 de enero de 2013


V INVERNOVESPA

Este fin de semana celébrase unha nova edición da xa clásica concentración invernal galega, o Invernovespa. Como en anos anteriores celebrarase na localidade de Melide (A Coruña).

O domingo día 27 concentrarémonos no Pazo de Congresos de Melide (A Coruña) a partires das 11 horas, onde se iniciarán as inscripcións dos participantes. Inscripción: 12 € (inclúe xantar) Ás 13 horas arrincaremos en ruta polas rúas de Melide e daremos un pequeno paseo pola zoa. 14:30 horas xantar no Hotel-Restaurante Carlos 96 Menú: Caldo Galego Tenreira Asada / Cordeiro Prostre Café Bebida 16:00 horas entrega de trofeos, ós clubes participantes. 17:00 horas remate da V Invernovespa. O programa para o sábado aínda non se pechou,pero posiblemente incluirá unha visita ao museo Terra de Melide e un paseo nocturno con antorchas, ademáis da cea. Eiquí tendes a folla de inscripción, rogamos que a traiades cuberta:
Vemonos en Melide .... Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

lunes, 13 de febrero de 2012


IV Invernovespa en Melide


O pasado 28 e 29 de Xaneiro celebramos en Melide (A Coruña) a 4ª edición da xa tradicional Invernovespa.

Ata alí achegamonos 140 comensais sobre máis de 100 vespas (e algunha lambretta).

Eiquí tendelas fotos que saquei no evento:

O xamón que sempre trae Javier, que non falte:

E a foto de grupo, que no están todolos que foron, pero si son todolos que non se perderon jajajja:

O resto das fotos tendelas eiquí

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

jueves, 12 de enero de 2012


IV Invernovespa. 28 e 29 de Xaneiro en Melide

Esta é a nota informativa que facilitaron os clubes galegos, ante a celebración da IV Invernovespa.

"Como moitos xa sabedes, dende o ano 2008,cada derradeiro fin de semana de xaneiro, celebramos a xa tradicional Invernovespa que este ano celebrarala súa IV edición. Debido ao gran éxito da última Invernovespa, os Clubes de Escúteres de Galicia decidimos repetir a edición 2012 en Melide (A Coruña).

É importante comunicar antes do próximo martes día 24 a vosa asistenza, ao xantar do Domingo día 29 - Plan "A" - para poder axustala reserva do número de comensais. O prezo da comida será de 10-12 € e o menú está aínda por negociar.

O Plan "B" inclúe ademais a saída cara a Melide o día antes, sábado 28, facendo noite, para xantar alí ao día seguinte. A reserva de habitación correrá por conta de cada un. Para iso facilitámosvos o teléfono do Hotel do ano pasado, Hotel Carlos 96, telf. 981-507633.

Para todos nós, os prezos serán de 20 € a habitación sinxela e 30 € a dobre. Recomendámosvos chamar para reservar canto antes,sobre todo se queredes individual, porque non quedan moitas dispoñibles.

Abrimos xa as listas de inscrición en todolos foros. Ao apuntarse tedes que sinalar o plan que queredes ("A" ou "B"). Recordade que ademais debedes chamar ao Hotel se o voso plan é o "B"

Esperamos vervos a todos en Melide

A Organización
"

+ info:

- Foro Golfos Artabros Escúter Clube
- Foro Avispados
- Foro Vespeinados
- Foro Vespagalaicos Ferrolterra
- Web Scutre Clú
- Facebook As aVespas do Lérez

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

miércoles, 2 de febrero de 2011


Videos do III Invernovespa

E coma non só de fotos vive o escuterista eiquí tendes un video que grabei o pasado domingo no transcurso da ruta que fixemos dentro da III Invernovespa en Melide (A Coruña):



E eiquí tendes unha pequena recopilazón de máis videos gravados nesta xornada:





Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

martes, 1 de febrero de 2011


Crónica do III Invernovespa

Pois xa pasou a 3ª edición do Invernovespa e pódese dicir que foi un rotundo éxito.

O sábado achegámonos 30 intrépidos ata Melide (A Coruña) para gozar dunha cea na pulpería Ezequiel.

Despois dirixímonos a gozar da noite melidense e iso fixemos ... gozámola toda....



Ao dia seguinte (e bastante canso), concentrámonos todos no Palacio de Congresos de Melide, onde ao final nos xuntamos 115 motos e mais de 160 persoas, todo un éxito de convocatoria.

Eiquí as "fichaxes" no photocall:



Despois fómonos a realizar unha pequena ruta polo pobo (xa que moitos levaban demasiados quilómetros encima como para facer un gran percorrido), e aproveitamos para visitar a zona vella de Melide:

Para finalizar nunha comida de confraternidade no Hotel Carlos 96.

As miñas fotos da concentración:



O resto de fotos nos distintos foros escuteristas galegos:

- Foro Golfos Artabros Escuter Clube
- Foro Avispados
- Foro Vespeinados

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

viernes, 28 de enero de 2011


Invernovespa, a way of life...

169 persoas inscritas, un cento de escúteres...

Non, non imos a Brighton como en Quadrophenia:



Imos a Melide, e prometemos dalo todo:



Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

miércoles, 19 de enero de 2011


III Invernovespa - Melide 30 de xaneiro

O último fin de semana de xaneiro, como xa é habitual estes últimos anos, os clubes escuteristas galegos organizan a súa concentración conxunta invernal, sendo esta a 3ª edición da InvernoVespa, celebrándose, nesta ocasión, na localidade coruñesa de Melide, cerne de Galicia.


O domingo 30, que será o día grande da concentración, convócase a todos os asistentes ás 12 da mañá, para xuntarse en Melide e facer unha pequena ruta polos arredores do pobo, finalizando a xornada cunha comida de confraternización no hotel restaurante Carlos 96 da devandita localidade.

Para os máis "ousados", haberá unha avanzadiña escuterista o sábado 29, para ir quentando motores, cunha cea na pulpería Ezequiel e o seu posterior goce da zoa de marcha melidense.

Todo aquel interesado en asistir, non duvidedes en porvos en contacto con calquera dos clubes organizadores e anotarvos nos seus respectivos foros:

- Foro Golfos Ártabros Escúter Clube
- Foro Avispados de Ourense
- Web Scutre Clú
- Foro Vespeinados de Vigo

Se queredes ir adiantando traballo, logo de anotarvos en calquera deles, podedes levarvos xa cuberta a folla de inscrición:

Espero vervos a todos alí, pasaremos lista e poremos falta!!!!!!!!!!!!!

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

martes, 27 de enero de 2009


Crónica do 1ro Invernovespa

Nin nas peores previsións esperabase unha fin de semana de temporal coma o pasado, nin furacán Hortensia (no ano 1984) ni nada.

A pesares do frio, choiva, pedrizo, vento e incluso neve que tivemos que atravesar e soportar para xuntarnos no 1ro Invernovespa da historia, escuteristas de toda a xeografía galega capeamos estoicamente o temporal para poder compartir unhas horas con outros apaisoados deste tipo de vehículos en Santiago.

Anque o apelido da concentración, nsta 1ª edición foi "A Rapa das Vespas", creo que debería cambiarse por "O bautizo das Vespas" xa que auga caeulles, e moito.

O peor de todo non foi a climatoloxía, senón o trato recibido por parte da corporación municipal, que, xa deixando de lado que no seu día prohibiran que nos concentraramos na Praza Roxa (totalmente comprensible por non ter espacio para poder acoller ás 76 escúteres que finalmente nos xuntamos), non nos deron autorización para ir a Praza do Obradoiro, ainda coas motos apagadas, para facer a foto de recordo diante da catedral, senon que a parella de policías municipais que alí apareceron "tiñan ordes de sacarnos o antes posible da ciudade", coartando a nosa libertade de circulación poa vía PUBLICA, realmente lamentable.

Dende eiquí espero que o responsable desta decisión recibia o meu máis cordial tirón de orellas, con este tipo de actitude demostrase a ignorancia de algúns.

Eles so perden.

Isto non foi motivo, nin moito menos, para que a xornada fora do máis cordial e entrañable para os 103 "tolos" que nos xuntamos finalmente no xantar, que máis parecía unha voda, só habia que ver o "parque móbil" que nos estaba a esperar no aparcadoiro:



Graciñas a todos por facer algo tan grande polo escuterismo galego.


+ fotos:
Fotos en Picasa 1
Fotos en Picasa 2
Fotos en Picasa 3
Fotos en Slide 1
Fotos en Slide 2
Foro de Vespeinados.com

+ info:
Noticia aparecida en La Voz de Galicia

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

viernes, 23 de enero de 2009


1ro Invernovespa, programa definitivo

Tal e coma vos adelantara nun post anterior, este chuvioso e ventado Domingo día 25, uns cantos "tolos" reuniremonos en Santiago para xantar á saúde do deus Urano.

No foro de Vespeinados.com, cerrouse finalmente o programa e lugares da concentración, sendo estes:

- Lugar de reunión: Estanque da Alameda (Carballeira de Santa Susana) en Santiago de Compostela, próximo ao campus universitario. Haberá un espacio reservado para o recibiminto do centear de vespeiros.
- Hora de reunión na alameda: 12:00 h.
- Hora límite de partida da alameda: 12:30 h.
- Ruta ao restaurante: Por determinar.
- Restaurante: Parrillada As Pontes, en Calo, a 6 Km de Santiago.
Precio menú: 17 Euros

- SALIDA DE VIGO: 9:00 h Cafetería Plaza de España na Praza de España.
- SALIDA DE VILAGARCÍA: 10:30 h Cafetería Bella Arosa, Avda Tourón 25.
- SALIDA DE OURENSE: 10:00 h Bar Sil c/ Bedoya esquina Valle Inclán.
- SALIDA DE CORUÑA: 9:30 h Rotonda do paraugas do Temple - Cambre.
- SALIDA DE NARÓN 9:15 h Rotonda Ponte das cabras.
- SALIDA DE BETANZOS: 10:00 h Praza central de Betanzos.

Eiquí tedes a ruta compreta dende Betanzos ata a Alameda de Santiago: Ruta en Google Maps


+ info:
- Foro de Vespeinados.com
- Blog de Vespeinados.com
- Foro de los Avispados de Ourense
- Blog de Avispados Ourense

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

jueves, 8 de enero de 2009


Para arricar ben o ano, 1º Invernovespa

Iso é, que millor que empezar o ano cunha escuterada baixo a neve.

Neve non sei se haberá, pero frio e posibilidade de choiva moita.

Por parte dos Vespeinados.com de Vigo e dos Avispados de Ourense, propuseronse que celebremos o arranque da tempada de escuteradas convocando a todo o que o desexe ao "1º INVERNOVESPA - A rapa das Vespas" o próximo domingo día 25 de Xaneiro en Santiago de Compostela.

Eiquí tedes o valo:

¡Da frio só de miralo!

O programa, en principio é:

- 12:00 h Concentración na PRAZA ROJA de Santiago.
- 13:00 h Mini ruta polo Centro e arredores.
- 14:00 h Xantar pola zoa.
- 17:00 h Paseo vespertino e remate da xornada.

+ info:
- Foro de Vespeinados.com
- Blog de Vespeinados.com
- Foro de los Avispados de Ourense
- Blog de Avispados Ourense

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España