Este fin de semana celébrase unha nova edición da xa clásica concentración invernal galega, o Invernovespa.
Como en anos anteriores celebrarase na localidade de Melide (A Coruña).
O
domingo día 27 concentrarémonos no Pazo de Congresos de Melide (A Coruña) a partires das 11 horas, onde se iniciarán as inscripcións dos participantes.
Inscripción: 12 € (inclúe xantar)
Ás 13 horas arrincaremos en ruta polas rúas de Melide e daremos un pequeno paseo pola zoa.
14:30 horas xantar no
Hotel-Restaurante Carlos 96
Menú:
Caldo Galego
Tenreira Asada / Cordeiro
Prostre
Café Bebida
16:00 horas entrega de trofeos, ós clubes participantes.
17:00 horas remate da
V Invernovespa.
O programa para o sábado aínda non se pechou,pero posiblemente incluirá unha visita ao
museo Terra de Melide e un paseo nocturno con antorchas, ademáis da cea.
Eiquí tendes a folla de inscripción, rogamos que a traiades cuberta:
Vemonos en Melide ....
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España
No hay comentarios:
Publicar un comentario