Mostrando entradas con la etiqueta Culleredo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Culleredo. Mostrar todas las entradas

viernes, 6 de febrero de 2015


Facebook cambia a súa política de perfís

Esta semana levanteime coa sorpresa de que Facebook non me deixaba acceder ao perfil de Vespa Lambretta Culleredo e que tiña que facelo desde un ordenador. Hoxe decidido a comprobar o que pasaba atópome con que cambiaron a sua politica de perfís persoais e só deixan que existan para identificar persoas, así que hei ter que reconverter este perfil a formato páxina.

Asi que agora si queredes seguir as miñas andanzas no Facebook teredes que facelo desde a páxina www.facebook.com/vespalambrettaculleredo, posto que a xa existente borreina para evitar duplicidades. Vémonos na redes sociais .... Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

viernes, 21 de septiembre de 2012


V Memorial José Ramallo "Pequecho"

Mañá, sábado 22, celebrase en Culleredo a 5ª edición do Memorial José Ramallo "Pequecho". A concentración comezará ás 12 horas no centro social "O noso lar" (eiquí tendes a ligazón a Google Maps) e a partires de ahí, unha boa xornada sobre duas rodas.

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

miércoles, 28 de septiembre de 2011


Fotos IV Memorial "Pequecho" en Culleredo

O pasado sábado varios membros do Golfos Ártabros Escúter Clube, fumos ata o centro social O Noso Lar en Culleredo (A Coruña), para disfrutar do IV Memorial Jose Ramallo "Pequecho" e eiquí tendelas fotos:

Coma sempre, un bo ambente con moi bo xente, un saúdo a todos.

Eiquí tendelo resto das fotos:



Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

jueves, 22 de septiembre de 2011


IV Memorial Jose Ramallo "Pequecho"

Este sábado celebra en Culleredo o IV memorial Jose Ramallo "Pequecho", con exhibición de trial e exposición de motos clásicas durante todala xornada no centro social "O noso lar" de Culleredo (A Coruña).



Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

lunes, 27 de septiembre de 2010


III Memorial Jose Ramallo "Pequecho" - As fotos

O pasado sábado, tal e como xa vos adiantara, celebrouse o III Memorial Jose Ramallo "Pequecho" en Culleredo.

A pesar da choiva que caeu minutos antes de comezar a concentración de motos o ambiente en xeral foi moi bo.

Ata alí achégueime para ver aos participantes e a saída da ruta da maña polos distintos lugares do concello de Culleredo.

Unha moto que me chamou poderosamente a atención foi esta Vespa PK 125 XL Elestart do propio Concello de Culleredo, que era a que se utilizaba antes para repatir os bandos oficiais polas distintas parroquias.


Pódese dicir que esta é a auténtica Vespa Culleredo.

Tamén se puido ver unha Maxiscooter Ventrix, 100% electrica:

Pero non foron as únicas Vespas da xornada, xa que por alí apareceron varias máis (e como non, a T5 tiña que ser dun Golfo Artabro, jeje)

Pola tarde achégueime a vela exhibición que estaba prevista de Trial, pero despois de ver durante un bo intre ao un rapaz facendo bike-trial, non me quedei para ver o trial en moto así que non vos podo ensinar nada dese momento.

Podedes ver todalas fotos que saquei durante a xornada neste album Picasa:



Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

martes, 21 de septiembre de 2010


III Memorial Jose Ramallo "Pequecho"

O vindeiro sábado (25 de setembro), celébrase no centro social "O noso Lar" de Culleredo, unha concentración moteira para celebrar o III Memorial Jose Ramallo "Pequecho".

Durante toda a xornada aberá unha exposición de motos antigas e motos de "Pequecho".

Se alguén queira saber algo máis sobre "Pequecho" recoméndovos que leades esta entrada na web do concello de Culleredo onde explica quen era esta brillante figura das dúas rodas.

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España