Pois si, xa pasou o III Vespalacón e, a pesar do mal tempo que se esperaba, ao final quedou unha xornada bastante agradable, xa que a choiva polo menos respectou o percorrido da ruta.
Despues dun fantástico exorcismo do Pai Merino,
arrincamos por unhas estrada ondulantes perfectas para gozar, parada para o bocadillo e foto de familia:
Continuamos gozando das estradas de Cuntis e Moraña, e ata este último foi onde fixemos a segunda parada e aproveitamos para encher.
Alí menos mal que se encotraba este "axente da Garda Sivil" para axudar a organizarnos e regular ao noso paso:Cando chegamos de volta a Cuntis, estacionamos á beira da megacarpa da Festa do Lacón con Grelos, onde nos estaban esperando os jallejeros pachanjeiros do programa Land Rober da TVG:
A comida, coma sempre, a rebentar, e os agasallos pois foron bastante repartidos, especial a mención aos clubes Vesperdidos de Valladolid e Vespa pa pa de Zamora, por habernos acompañado nesta edición.
E a Vespa Primavera??? quen a gañou??? pois aínda non se sabe, o número premiado foi o 2951 e aínda non apareceu, pero bo, ten 15 dias para reclamala.
Bo e eu non me podo queixar, que me tocou un casco Lem, yuju!!!
Tendes todalas fotos neste album Picasa:
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España
lunes, 14 de marzo de 2011
Fotos e videos do Vespalacón
jueves, 9 de diciembre de 2010
♪♫♪ Vesspá, vesspá, a mi me gusta, me gusta ... ♫♪♫
Todo o que anda neste mundo das escúteres e internet, algunha vez, topouse con esta melodía e viu este vídeo dunha moza Conchita Velasco cantando, montada nunha Vespa:
Pois ben, onte buscando outra cousa (como adoita pasar) atopeime con esta imaxe:
pertencente ao programa de la Sexta Se lo que hicisteis ..., e grazas a eles, descubrín que o vídeo pertence á revista de 1985 "El águila de fuego".
Logo de buscalo eiquí tendes o vídeo dese programa (para un día que non o vexo), onde Patricia Conde dalle envexa esta escea e acaban repitíndoa, xunto con Berta Collado e unha xa non tan moza Concha Velasco, montadas nunhas Vespas do Scooter Club Madrid:
Momentazo....
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España
martes, 23 de marzo de 2010
Unha Vespa para o Pai Casares
Para os que non vistes o capítulo de onte pola noite de sériea Pai Casares, que emite a TVG, ao final do capítulo regálanlle ao cura unha Vespa:
Podeis ver o capítulo 81 completo, que é do que saquei este extracto, picando nesta ligazón.
Nos agradecementos dos créditos fan mención a quen lles deixou a Vespa: 
quen vai ser senón, os Golfos Ártabros Escúter Clube e en especial Andres, que para iso a Vespa é súa, grazas.
info:
- PadreCasares.com
- TVG - Televisión de Galicia
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España
miércoles, 3 de septiembre de 2008
Vivir aquí
Este é o título dun programa de a Galega (Compañia de Radio Televisión de Galicia), que se emite os mércores ás 23:00 horas.
Segundo di na ficha do programa:
"Vivir aquí é un programa que escoita aos cidadáns. Isabel Durán e Xosé Luís Bernal "Farruco" conducen este espazo semanal en que é imprescindible a súa participación. Queremos contar historias reais de xente coma vostede e para iso temos un contestador automático as 24 horas do día no 902 90 52 60. Pero tamén sabemos que unha imaxe vale máis ca mil palabras, e por iso pódenos mandar fotos ou vídeos a esta páxina web. Non lle podemos prometer que a súa historia vaia ocupar grandes titulares nos informativos, pero si lle prometemos unha cousa: Ímolo escoitar.
Pero xa fora dos contidos ou orixinalidade do programa o que me chamou a atención foron os créditos do programa, no que se ve aos dous presentadores a lombos dunha preciosa Vespa:
Sorte co programa a Isabel e Farruco.
Podedes ver videos do programa en TVG a la carta.
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España


