EDITADO POR CAMBIO DE DATA
O próximo sábado 9 de agosto, o Golfos Artabros Escuter Clube organiza a sua 6ª GolfoEscuterada no paseo marítmo de O Temple (Cambre).
Esperemos que o tempo acompañe para poder disfrutar dun bo churrasquiño.
+ info:
Evento en Facebook
Vémonos alí.
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España
jueves, 24 de julio de 2014
6ª GolfoEscuterada, sábado 9 de agosto DATA CAMBIADA
viernes, 19 de julio de 2013
5ª GolfoEscuterada. Progama y cartel definitivo
Pois xa vai vento en popa a organización do programa de actos da 5ª GolfoEscuterada, aquí teneis o cartel definitivo:
Podedes ver todala información da V GolfoEscuterada neste evento do FacebookSábado 3 de Agosto: Abriremos as inscripciones sobre as 12 horas, para degustar, entre La Terraza e o Bon Vivant (Paseo marítimo do Temple-Cambre) unha churrascada sobre as 15:00 horas. Ao finalizar realizaremos o sorteo de agasallos entre todolos inscritos. Sobre as 17:00 arrincaremos a ruta que nos levará ata o embalse de Cecebre, pasando previamente polas rúas do Temple e do propio Cambre, para continuar ata a cidade da Coruña, onde percorreremos as súas rúas. Sobre as 20:00 horas faremos unha parada en La Cerveceria (zoa catro camiños) para tomar un refrigerio. Inscripción 10 euros (Bolsa de recordos, churrascada e pincho) Durante todo o evento imos levar a cabo unha acción solidaria ("Un quilo por un agasallo"), de recolleita de alimentos non perecederos para a súa posterior entrega á despensa municipal do Concello de Cambre.
Pola noite, para os máis marchosos, aproveitaremos para gozar do evento Rock in Cambre, que se celebra na praza do concello desta localidade. Para os que se queiran quedar o sábado, colaboran connosco: - Hotel Restaurante As Rodas (Espiritu Santo, 3 Ctra N-VI Km 582, 15168 Sada - A Coruña ), ofrecéndonos os seguintes prezos (non inclúe almorzo): - 21 € habitación individual - 33 € habitacion dobre Podedes contactar con eles no telefono 981 611 603, indicando que ides a concentrazón. - Hotel Brial (Avda. Che Guevara, 30, 15172 Santa Cristina - Perillo - Oleiros - A Coruña), ofrecéndonos os seguintes prezos (inclúe almorzo): - 50 € habitacion doble Podedes contactar con eles no telefono 981 635 500, indicando que ides a concentrazón Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España
lunes, 8 de julio de 2013
5ª GolfoEscutera no Temple-Cambre
O vindeiro 3 de agosto,o Golfos Artabros Escuter Clube, imos realizar nosa 5ª golfo-escuterada, no paseo marítimo do Temple - Cambre (A Coruña).

jueves, 11 de octubre de 2012
VI Volta a Galicia en Escúter
Os próximos días 12 e 13 de outubro, celebrase a VI Volta a Galicia, organizado polo Escúter Club de Galicia.

jueves, 12 de enero de 2012
IV Invernovespa. 28 e 29 de Xaneiro en Melide
Esta é a nota informativa que facilitaron os clubes galegos, ante a celebración da IV Invernovespa.
"Como moitos xa sabedes, dende o ano 2008,cada derradeiro fin de semana de xaneiro, celebramos a xa tradicional Invernovespa que este ano celebrarala súa IV edición. Debido ao gran éxito da última Invernovespa, os Clubes de Escúteres de Galicia decidimos repetir a edición 2012 en Melide (A Coruña).
É importante comunicar antes do próximo martes día 24 a vosa asistenza, ao xantar do Domingo día 29 - Plan "A" - para poder axustala reserva do número de comensais. O prezo da comida será de 10-12 € e o menú está aínda por negociar.
O Plan "B" inclúe ademais a saída cara a Melide o día antes, sábado 28, facendo noite, para xantar alí ao día seguinte. A reserva de habitación correrá por conta de cada un. Para iso facilitámosvos o teléfono do Hotel do ano pasado, Hotel Carlos 96, telf. 981-507633.
Para todos nós, os prezos serán de 20 € a habitación sinxela e 30 € a dobre. Recomendámosvos chamar para reservar canto antes,sobre todo se queredes individual, porque non quedan moitas dispoñibles.
Abrimos xa as listas de inscrición en todolos foros. Ao apuntarse tedes que sinalar o plan que queredes ("A" ou "B"). Recordade que ademais debedes chamar ao Hotel se o voso plan é o "B"
Esperamos vervos a todos en Melide
A Organización"
+ info:
- Foro Golfos Artabros Escúter Clube
- Foro Avispados
- Foro Vespeinados
- Foro Vespagalaicos Ferrolterra
- Web Scutre Clú
- Facebook As aVespas do Lérez
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España
jueves, 18 de agosto de 2011
3ª Golfo-Escuterada.
Asalto ao centro comercial máis grande de España
Asalto ao centro comercial máis grande de España
O próximo 27 de Agosto celebraremos a nosa 3ª Golfo-Escuterada na Coruña.
O programa de actos será o seguinte:
11:30 horas recepción de participantes na praza exterior do centro comercial Marineda City
Disporemos de casetas de Vespa, LML e A Enerxía Verde, onde se poderán probar os diversos escúteres das marcas e un escúter eléctrico
14:30 horas Xantar no parque de Monticaño - Arteixo (Ver en Maps)
Con
o seguinte menú:
1º Entrantes: Mexillóns ao vapor, croquetas, empanada e ensalada de polo.
2º Jarrete asado
Sobremesa e café.
Viño da casa, refrescos e auga.
17:00 horas inicio da ruta
(O percorrido será duns 50 km, pasando por Arteixo, Praia de Barrañan, Pastoriza, O Portiño, Paseo marítimo da Coruña facendo unha parada aos pés de La Torre de Hércules para foto grupal)
18:30 horas chegada a María Pita
Realizaremos unha pequena merenda no pub A Fvndación.
20:00 horas inicio ruta regreso a Marineda City
21:00 horas finalización da 3ª Golfo-Escuterada
O prezo da inscrición será de 20 € (15 € Socios Golfos Ártabros Escúter Clube) e a mesma inclúe: bolsa de recordos, xantar, merenda e participación nos sorteos.
Para formalizar a inscrición debe ingresarse o importe da incripción na conta número 0031-0001-28-1011006441 do Banco Etcheverría, indicando como concepto do mesmo: INCRIPCION e NOME COMPLETO.
PRAZO MÁXIMO DE INSCRICIÓN 22 DE AGOSTO DE 2011
Ese fin de semana, coincide na Coruña, cunha concentración do IPA (International Police Association), que realizará, o sábado 27, sobre as 23:30 horas, un desfile de Fachos en honra aos motoristas falecidos na estrada, á que nos invitaron a unirnos. (Tendes o programa de actos eiquí)
Para os que desexen quedar a durmir, xestionouse un aloxamento alcanzable, co que debereis porvos en contacto coa organización da 3ª Golfo-Escuterada.
Do 16 ao 27 de agosto vaise a realizar unha exposición dentro do centro comercial Marineda City con modelos de distintas épocas de Vespa, Lambretta, Iso e algunha outra escúter antiga.
+ INFO:
- GolfosArtabrosEC.org
- golfosartabros@gmail.com
- Telefono: 674 763 671
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España




