O vindeiro 3 de agosto,o Golfos Artabros Escuter Clube, imos realizar nosa 5ª golfo-escuterada, no paseo marítimo do Temple - Cambre (A Coruña).
Abriremos as inscripcióne sobre das 12 horas, para degustar alí mesmo unha churrascada sobre as 15:00 horas. Sobre as 17:00 arrincaremos unha ruta que nos levará ata o embalse de Cecebre, pasando previamente polas rúas do Temple e do propio Cambre, para continuar ata a cidade da Coruña, onde percorreremos as súas rúas. Sobre as 20:00 horas faremos unha parada na Cerveceria (zona catro camiños) para tomar un refrigerio. Durante todo o evento imos levar a cabo unha acción solidaria ("Un quilo por un agasallo"), de recolleita de alimentos non perecederos para a súa posterior entrega á despensa municipal do Concello de Cambre. Esperamos vervos a todos alí. Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > Españalunes, 8 de julio de 2013
5ª GolfoEscutera no Temple-Cambre
Etiquetas:
A Coruña,
Concentracións,
Concentracións galegas,
Golfos Ártabros Escúter Clube,
Lambretta,
LML,
Vespa
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario