Para terminar la semanita y empezar el finde con buena música, que mejor que este video de James Arthur en el que hace un guiño a las tribus urbanas, sin olvidarse de los Mods.
viernes, 29 de noviembre de 2013
James Arthur e os mods
miércoles, 19 de septiembre de 2012
Wheels. Disfruta sobre rodas!
O pasado día 9, con motivo da 1ª Concentración Vespa Paseo Marítimo do Amorne, tiven a posibilidade de coñecer a un dos integrantes deste interesante proxecto: Wheels Tv.

Unha auténtica maravilla a verdade. Moitas Grazas amigos de Wheels, seguide así, estaremovos observando ... + info: - WheelsTv.tk - Wheels en Facebook Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España
sábado, 14 de abril de 2012
Para ambientar un pouco este sábado chuvioso, que mellor que un pouco de música.
Daystar é unha banda de rock indie procedentes de Manchester, que parece que non ten nada que ver coas nosas queridas escúteres, ata que ves este vídeo:
Preciosas imaxes inspiradas nos famosos Mii ...
+ info:
- Web oficial de Daystar
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España
miércoles, 22 de febrero de 2012
IV Vespalacón, o spot
Coma sempre, os amigos do Scutre Clú, sorprendennos cun fantástico spot do proximo Vespalacón:
Disfrutadeo e vemonos o finde en Cuntis ...
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España
sábado, 29 de octubre de 2011
Bruno Mars vespeando
Curioso este video de Bruno Mars con Travie McCoy no que pregoan : " ♪♫♪ ... Quero ser millonario, deséxoo moitísimo ... mercarme todo o que nunca tiven ... ♫♪♫ "
e dentro das cousas que lle gustaría mercar, como non, unha Vespa:Xa vedes, artigo de luxo reservado a millonarios jajajjaja
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España
viernes, 2 de septiembre de 2011
Chega setembro
Chega setembro (COME SEPTEMBER) é un filme de 1961, dirixida por Robert Mulligan e protagonizada, entre outros, por Rock Hudson, Gina Lollobrigida e Sandra Dee.
Este filme impulsou en todo o mundo a escúter Lambretta.
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España
martes, 21 de junio de 2011
IV Escuterada Ourensana
Os amigos Avispados celebran este sábado a sua IV Escuterada Ourensá, que coincide tamén coa II XUNTANZA LUSO-GALAICA, onde se reunirán os escuteristas de ambolos lados da "raia?".
Aquí teneis a información que facilitaron:
Terá lugar o SÁBADO 25 de Xuño, e O PROGRAMA SERÁ:
- 11:00 inscricións, en lugar aínda por determinar polo Concello.
- 12:30 paseo urbano polas rúas de Ourense
- 13:30 I Concurso paellero-vespero, onde terá lugar unha competición entre 3 dos máis afamados Chefs vespistas, e onde os comensais decidirán que paella é a gañadora
- 16:30 II Gymkhana Urbana O Termalismo na Chavasqueira, a elixir: o que non queira enfrontarse aos demais escuteristas no reto de ser o primeiro nun trepidante concurso en equipo polas rúas de Ourense, sempre se poderá relaxar nas cálidas augas das termas privadas máis antigas de Ourense (traer bañador e chanclas obrigatorias)
-18:30 paseo ata Barra de Miño, merenda e agasallos para os participantes
- 20:30 Finalización
En principio o programa está ideado para o sábado, pero se a algún escuterista fáiselle curto o día ou tarde para regresar á súa morada, e opta por quedar a durmir en Ourense, terá unha ampla variedade de plans nocturnos.
Comezará a noite no Pub Ouren Rock, onde celebraremos unha festa escuterista, e onde poderás ter opción a que che toque unha autentica Vespa de manillar de tubo, (nun sorteo que coincidirá co sorteo de Nadal); e para esa noite contamos con máis plans, coincidindo coas Festas Locais celébrase o Festival Derrame Rock, concerto gratuíto de Mercés Peón ás 22:00h na Praza Maior, sesión de termalismo nocturno.
O vídeo promocional é unha autentica marabilla:
ATENCIÓN: Contemplamos a posibilidade de aloxar aos participantes nun pavillón, de xeito gratuíto, en caso de contar cun nº mínimo de persoas.
PREZO: Ademais, e considerando que non estamos nos mellores tempos para andar gastando, axustamos o prezo de inscrición a VINTE EUROS (20 €), pero só aos 120 primeiros. Para iso recomendámosvos que vos inscribades canto antes, realizando o pago na seguinte conta corrente de Nova Caixa Galicia 2091-0471-37-3040002598
+ info:
- foro avispado:
- Facebook
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España
lunes, 16 de mayo de 2011
Video da 1ª Vesparraida

Máis vale tarde que nunca pero acabo de rematar de editar un video sobre a 1ª Vesparraida celebrada o pasado 30 de abril en Portonovo (Pontevedra).
Que o disfrutedes:
Enlace
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España
miércoles, 20 de abril de 2011
E agora o video do 2º Burgos Scooter Fest
Un pequeno video que grabei o sábado (e con isto prometo deixar xa o tema do 2º Burgos Scooter Fest, jajaja).
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España
sábado, 9 de abril de 2011
British Vespa Spots
Ou o que é o mesmo, Go Vespa Go:
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España
lunes, 14 de marzo de 2011
Fotos e videos do Vespalacón
Pois si, xa pasou o III Vespalacón e, a pesar do mal tempo que se esperaba, ao final quedou unha xornada bastante agradable, xa que a choiva polo menos respectou o percorrido da ruta.
Despues dun fantástico exorcismo do Pai Merino,
arrincamos por unhas estrada ondulantes perfectas para gozar, parada para o bocadillo e foto de familia:
Continuamos gozando das estradas de Cuntis e Moraña, e ata este último foi onde fixemos a segunda parada e aproveitamos para encher.
Alí menos mal que se encotraba este "axente da Garda Sivil" para axudar a organizarnos e regular ao noso paso:Cando chegamos de volta a Cuntis, estacionamos á beira da megacarpa da Festa do Lacón con Grelos, onde nos estaban esperando os jallejeros pachanjeiros do programa Land Rober da TVG:
A comida, coma sempre, a rebentar, e os agasallos pois foron bastante repartidos, especial a mención aos clubes Vesperdidos de Valladolid e Vespa pa pa de Zamora, por habernos acompañado nesta edición.
E a Vespa Primavera??? quen a gañou??? pois aínda non se sabe, o número premiado foi o 2951 e aínda non apareceu, pero bo, ten 15 dias para reclamala.
Bo e eu non me podo queixar, que me tocou un casco Lem, yuju!!!
Tendes todalas fotos neste album Picasa:
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España
jueves, 10 de marzo de 2011
III Vespalacón. O spot e a folla de inscripción.
Os amigos do Scutre Clú cada vez curranseo máis.
Fixadevos vaia spot fixeron para promocionala 3ª edición do Vespalacón:
Sen palabras deixaronme...
Tamén podedes aproveitar para descarregarvos a folla de inscripción e así levala xa cuberta (pinchade enrriba para descarregarla):
+ info:
- Vespalacón.com
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España
viernes, 25 de febrero de 2011
Vespa en Stop Motion
Onte arrincou unha nova edición do Animac, Mostra Internacional de Cinema d'Animació de Catalunya, que converterá a Lleida en punto mundial da animación ata o vindeiro domingo.
Iso recordoume este vídeo realizado coa técnica de stop-motion, que vira fai un tempo:
Eiquí tendes aos protagonistas:Tamén encontreime en Flickr esta foto dun posible protagonista dun corto de animación.... todo será cuestión de comezar a facer movela plastilina ...
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España
sábado, 19 de febrero de 2011
Música ska dende oriente
Dende Xapón, o estilo Mod triunfa...
Oi Skall Mates co seu tema Sadness:
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España
sábado, 5 de febrero de 2011
The Who - The Real Me
Para a noite do sábado, un poquiño de musica.
E que millor que a canción de The Who "The Real Me", que é coa que comeza a película Quadrophenia:
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España
miércoles, 2 de febrero de 2011
Videos do III Invernovespa
E coma non só de fotos vive o escuterista eiquí tendes un video que grabei o pasado domingo no transcurso da ruta que fixemos dentro da III Invernovespa en Melide (A Coruña):
E eiquí tendes unha pequena recopilazón de máis videos gravados nesta xornada:
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España
viernes, 28 de enero de 2011
Invernovespa, a way of life...
169 persoas inscritas, un cento de escúteres...
Non, non imos a Brighton como en Quadrophenia:
Imos a Melide, e prometemos dalo todo:
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España
sábado, 8 de enero de 2011
Documental Lambretta do canal Viaxar
Por se os reis non se portaron ben convosco aquí tráiovos un agasallo que nos fan os amigos do Vespa Club de Asturias, un documental da canle temática Viajar, sobre a Lambretta.
Espero que o disfruteis igual ca eu:
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España
miércoles, 22 de diciembre de 2010
O video da Papanoelada en Vigo
Xa sei que non é gran cousa, pero é o que puiden grabar.
Eiquí tendes o video da Papanoelada o pasado sábado en Vigo:
E insisto:
BO NADAL!!!!!!!!!
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España
martes, 14 de diciembre de 2010
Jessica

Para deleitarnos o día que mellor que gozar da banda sonora da comedia italiana Jessica.
The Vespa Song, interpretada por Maurice Chevalier.
Moi orixinal a canción, acompañada do clásico pitido dunha Vespa.
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España


