Temos que celebrar o nacimento dun novo foro escuterista galego, Galaicos Ferrolterra.Noraboa por esta nova aventura e sorte amigos escuteristas !!!
+ info:
- Foro Galaicos Ferrolterra
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España
jueves, 15 de septiembre de 2011
Novo foro escuterista galego
jueves, 23 de junio de 2011
IV Expoclasicos no FIMO de Ferrol
A partires de mañá e ata o domingo (24 a 26 de Xuño) celébrase a 4ª edición de Expoclásicos, no FIMO (Feira Internacional de Muestas do Noroeste), recinto feiral situado na Malata - Punta Arnela (Ferrol).Expoclásicos é un salón monográfico dedicado aos vehículos clásicos e de época, así como repostos, xoguetes e publicacións relacionadas.
O recinto abrirá cos seguintes horarios:
Venres 24: de 16:30 a 21:00 horas
Sábado 25 e Domingo 26: 11:00 a 14:00 e de 16:30 a 21:00 horas
Aproveitando esta edición do Expoclasicos, celébrase o sábado 25 o 5º Rally de Ferrol de vehiculos históricos, que finalizará nas propias instalacións do FIMO, realizandose tamén unha proba de habilidade nun circuíto.
+ info:
- FIMO
- Escuderia Ferrol
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España
martes, 3 de agosto de 2010
O meu video da 2ª Golfo-Escuterada
Pois iso,eiquí tendes o video que fixen da 2ª Golfo-Escuterada:
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España
lunes, 2 de agosto de 2010
2ª Golfo-Escuterada. Crónica e fotos
Xa pasou.
A 2ª Golfo-Escuterada Un paseo polas rías, xa é historia.
Logo dun lixeiro madrugón para comezar coa instalación de carteis indicadores, carpa de recepción de participantes, mesa de almorzo e demais historias, ás 09:30 h, tal e como estaba previsto, empezaron a chegar a conta pingas os participantes.
Os amigos de Kiero + Clothing comezaron coa montaxe da súa caseta e máis tarde chegaron os compañeiros de Master Bike, para acompañarnos na ruta e dispor da súa furgoneta a modo de "coche escoba" que, afortunadamente, non foi necesario utilizar.
Saúdos, benvidas e conversacións varias coa xente que facía tempo que non viamos ata que ás 12 horas xa estaba todo o groso dos participantes presentes.
Logo de recoller todos os petates iniciamos márchaa dirección Bergondo, xiro cara a cara a Miño e paso polo Ponche do Pedrido:Entramos en Miño, paseo pola praia grande, pasamos por Perbes e Ver ata chegar a Pontedeume onde nos volvemos a incorporar para ir dirección Cabanas:
No alto de Cabanas viro á esquerda para ir dirección Ares:
Para chegar á parada que fixemos en Redes, onde nos sacamos a foto de grupo diante da "casa do concello" da serie da TVG Padre Casares:
Continuamos camiño cara a Ferrol, pasando por Ares e Fene, para chegar ao restaurante A Malata, lugar onde realizamos o xantar oficial da Golfo-Escuterada:
Sorteo de agasallos para moitos, despedida para outros, e volvemos xuntos un bo grupo ata a praia da Magdalena en Cabanas, onde o propio alcalde (Germán) recibiunos preocupándose en todo momento se o lugar que nos reservou era suficiente, se necesitabamos algo máis .... Grazas mil grazas.
Teneis todas as fotos que saquei (así como o fotocall) neste album Picasa:
y aquí un video de como fué todo en general:
Grazas Gally.
O balance final foi moi bo, preto de 75 inscritos e máis de medio centenar de motos, ningún problema destacable, un par de picadas, unha rotura de cable do acelerador e a caída da Vespa de g5u5 SOA (é o que ten porlle un caballete lateral) foron os únicos contratempos dunha marabillosa xornada.
Continuando cos agradecementos, grazas a todos por acompañarnos, a todos os patrocinadores, a todos os colaboradores (a pesar dos cambios de última hora que nos provocou o concello de Betanzos, puidemos liquidalos facilmente).
Grazas e mil grazas, insisto e espero vervos a todos en todas as seguintes.
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España
jueves, 6 de mayo de 2010
Video do III Expoclásicos en Ferrol
E agora tocalle o turno de ver, en imaxes, os pabellóns do Expoclásicos, III Salón Internacional de Vehículos e Motocicletas de Época, celebrada no FIMO en Ferrol e á que o Golfos Ártabros Escúter Clube fumos invitados.
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España
viernes, 30 de abril de 2010
Expoclasicos en Ferrol - 3. O resto dos vehículos
E chegamos ao derradeiro capítulo do percorrido pola III edición de Expoclásicos, Salón Internacional de Vehículos e Motocicletas de Época có que me faltaba por mostrarvos, o resto dos vehículos que alí se presentaron:
Unha boa coleción de escarabellos:Entereime no propio salon que teño uns "veciños" de afeción e eu sen sabelo, o Automóvil Clube de Culleredo, que presentou unhas boas máquinas:
e teñen o que parece ser o único Hispano Aleman Valencia que existiu:
Un precioso DeSoto:
Os membros do Automovil Club de Galicia, tamén aportaron moi boas máquinas:
Tamén estaba presente a Asociación Club Jeep Clásico e Militar de Galicia:
A empresa XLCars, cos seus fantásticos coches americanos:
E en xeral, moi boas xoias da automoción:E un dos máis chamativos (a miña forma de ver) dos que alí se expuxeron, foi este raro Gogomóvil:
Tedes o resto das fotos no seguinte album Picasa:
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España
martes, 27 de abril de 2010
Expoclasicos en Ferrol - 1. Crónica e fotos
O pasado fin de semana o Golfos Ártabros Escúter Clube asistimos invitados a montar unha caseta na III edición de Expoclásicos, Salón Internacional de Vehículos e Motocicletas de Época, celebrada no FIMO en Ferrol e, a pesar dos comentarios que oín doutros expositores, para min, foi todo un éxito.
Dende o comezo da montaxe da caseta:no que o gran espazo que nos reservaron pareceunos excesivamente grande e catro motos nunha esquina parecía que ía ser imposible encher "decentemente" toda a caseta:
Segundo iamos colocando máis motos e adornos:
a cousa xa foi tomando cor e aos poucos conseguimos unha distribución e calidade final da caseta, nada despreciable (tendo en conta que era a primeira vez que nos metiamos nun berenxenal así)
Todalas fotos da casetaneste album Picasa.
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España
lunes, 19 de abril de 2010
Expoclasicos en Ferrol
O próximo fin de semana, celébrase no recinto feiral de Punta Arnela de Ferrol (FIMO - Feira Internacional de Mostras do Noroeste), a III edición de Expoclásicos, Salón Internacional de Vehículos e Motocicletas de Época, onde o Golfos Artabros Escúter Clube fomos invitados a montar unha caseta.
Así que, todo aquel amante dos vellos cacharros, que se emociona ao ver tanta historia da automoción xunta, ten unha cita ineludible do 23 ao 25 de Abril en Ferrol.
E ademais, todo o que queira coñecer en persoa ao Golfos Artabros Escúter Clube, ver algunhas das motos dos socios, recibir información, adquirir merchandising, ou simplemente saudarnos, alí estaremos recibíndovos cos brazos abertos.
Como complemento ao Expoclásicos, o sábado 24 vaise a celebrar o IV Rallye de Ferrol Histórico, organizado pola Escudería Ferrol.
+ info:
- FIMO
- Web Golfos Artabros Escúter Clube
- Foro Golfos Ártabros Escúter Clube
- Escudería Ferrol
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España
martes, 11 de noviembre de 2008
Crónica da saída a Ferrol e o ExpoClásicos
Finalmente a saída reduciuse a tan só tres intrépidos scooteristas do Norte (Ricardo, Fernando e un servidor), outros bos quedaron nas pavías das sabas brancas, pero haberá outros dias, non vos preocupedes.
A ruta foi de fábula dende Sada ata Ferrol, nas subidas teniamos que esperar un pouco por Ricardo, que se achegou coa 125L pero mantivemos un bo ritmo.
Despois de visitar o ExpoClásicos, fomos ata a praia de Doniños a que Ricardo cambiase de montura, (a 125L pola P200), xa que decidiron acompañarme un tramo de regreso.
Tal e como era de esperar, chegou a tan temida choiva e, en apenas 15 quilómetros, calámonos, literalmente.
Paramos a encher na gasolineira do ponte das Pias e regresou Fernando de volta, así que Ricardo e eu, continuamos baixo o intenso chuvieiro ata o cruzamento de Os Condes, en Bergondo dende onde regresou a casa.
Menos mal que, uns cantos quilómetros antes, xa parara de chover.
Encantado de coñecerte Fernando, moitísimas grazas a Ricardo e, dende aquí, animo a todos os scooteristas ártabros, para que empecemos a realizar saídas tan boas como a do pasado domingo.
PD: O único que se me esqueceu foi sacar unha foto dos tres para certificar a saída, son un desastre síntoo.
Onde si saque fotos foi no ExpoClásicos, o cal, particularmente, sorprendeume bastante, xa que había moitísimos coches e unha decena de motos cunha organización excelente.
Tedes o resto de fotos neste enlace
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España
viernes, 7 de noviembre de 2008
Saida a Ferrol
Pois ao final, non xuntamos uns cantos para facer unha saída e, en principio, achegarnos a Ferrol, coa escusa do Expoclásicos.
A saida será dende Sada ás 10 h da mañá do domingo, 9 de novembro.
O punto de encontro será diante de La Terraza, este edificio tan embremático:
Xa sabedes presentacións, cafetiño e arrancamos.
A ruta a seguir será a seguinte:Pouca cousa para comezar, uns 36 quilómetros, pero iso non quita que fagamos máis ruta pola zona de Ferrol, xa iremos vendo.
Estades todos invitados e espero que, con este tipo de acontecementos, empécese a mover o movemento scooterista no Norte de Galicia.
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España
martes, 4 de noviembre de 2008
Expoclásicos en Ferrol, do 7 ao 9 de Novembro
Acábome de enterar, grazas ao foro de Vespeinados.com, que esta fin de semana celébrase na FEIRA INTERNACIONAL DE MOSTRAS DO NOROESTE (FIMO) en Ferrol Expoclásicos, I Salón Internacional de Vehículos e Motocicletas de ÉpocaSegundo dise na web de FIMO:
""O I Salón de Vehículos e Motocicletas de Época, Expoclásicos 2008, abrirá as súas portas ao público o venres, día 7 de Novembro no recinto feiral de Ferrol ás 16:30 horas.
O Horario para o resto do fin de semana será o seguinte:
Sábado, 8 de Novembro --> 11:00 a 14:00 e de 16:30 a 20:30 horas
Domingo, 9 de Novembro --> 11:00 a 14:00 e de 16:30 a 20:30 horas"
Contan coa participación de firmas comerciais do sector, tanto os dedicados especificamente a compra-venda de automóbiles e motocicletas de época como aos accesorios, recambios e complementos orixinais, o coleccionismo, etc.
Os clubs e colectivos de afeccionados aos vehículos clásicos terán tamén o seu espazo no certame.
Estase medio preparando unha saída o sábado, dos scooteristas da zona Ártabra (Betanzos, Coruña, Culleredo, Ferrol, Sada, ...) para asistir a este certame.
+info: Foro de Vespeinados.com
PD: Non vos olvidedes que este fin de semana é o mercadillo e exposición de motos antigas en Goian (Pontevedra), tal e como xa vos dixera neste post.
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España
martes, 14 de octubre de 2008
PhotoGalicia 2008
chegou a segunda edición de PhotoGalicia, que é, tal e como se define na súa web, "un festival que contribúe a apoiar e impulsar o desenvolvemento da fotografía nunha comunidade que conta cunha longa tradición fotográfica".
Chamoume particularmente a atención un anuncio deste evento que vin na prensa, no que aparecía a seguinte fotografía: ¡Que curvas!, ¡vaia volumes!, ¡esa si é unha liña atractiva! e, refírome, por suposto, á preciosa Lambretta LD do centro, por se non a vistes.
A fotografía titúlase "Os italianos víranse" e foi tomada en Milan en 1954 por Mario De Biasi.
(Na miña modesta opinión podía titularse "os españois, os portugueses, os alemáns ... víranse" e haberse tomado en calquera sitio, pero eu de arte non entendo demasiado)
A foto forma parte da exposición: "NeoRealismo. A nova imaxe en Italia, 1932-1960", e pode visitarse do 3 de outubro ao 5 de xaneiro de 2009 en Ferrol, na sede da Fundación Caixa Galica (Praza da Constitución, s/n).
+ info:
Fundación Caixa Galicia
PHOTOGALICIA2008
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España


