Mostrando entradas con la etiqueta Seguridade Viaria. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Seguridade Viaria. Mostrar todas las entradas

sábado, 4 de diciembre de 2010


Frio, neve e ... Vespa??

Teño que recoñecer que eu son bastante atrevido para saír a rodar con calquera clase de climatoloxía, pero tamén hai que ser realista e estes dias están as cousas MOOOII mal para andar pola estrada.

E se a iso sumámoslle a operación saída da ponte da Constitución, tradúcese en que:

Por favor, tede coidado se tendes que desprazarvos pola estrada.

Xa sei que nolo repetiron ata a saciedade, pero

O IMPORTANTE É CHEGAR.


Mentres tanto podedes deleitarvos, na calor do fogar, con estes vídeos de colgados pilotando a vespa sobre neve:


Somentes con velos da frio ....

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

jueves, 29 de julio de 2010


Exposición de carteis sobre seguridade viaria

Dando un paseo por El Puerto, atopeime con esta exposición: "1960-2000 Toda a historia da seguridade viaria en carteis"

E por descontado quédome coa esquina superior dereita con este, que é válido en calquera época:

"Protejase co casco. A cabeza non ten recambio", un lema máis que claro, que segue vixente hoxe en día.

É triste ver (porque o vemos a diario) o caso omiso que lle fai moita xente a este tipo de recomendacións, xa que, a pesares de ser obrigatorio para calquera vehículo motor de dúas rodas, segue habendo irresponsables que prescinden do seu uso.

Despois levamos a mala fama todos os motoristas.

Este cartel pasa a formar parte permanente do blog, xa que, ademais da súa mensaxe, hai que recoñecer que os antigos deseños son unha arte en si mesmos.

A exposición de carteis compleméntase con outra de maquetas de automóbiles, pertencentes ao Automóbil Clube de Galicia:

e vén dar continuidade á exposición Clasic Cars 2010, celebrada no mesmo lugar do 9 ao 11 de Xullo pasados, do que, noutro momento, mostrareivos as fotos das xoias alí expostas.

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

viernes, 14 de mayo de 2010


Seguridade viaria dos motoristas

Aínda que este vídeo da Fundación Mapfre sobre Seguridade viaria por parte dos motoristas xa ten un tempo, agora que (esperemos ou supomos) achégase o bo tempo, sempre é bo recordar a información básica que temos que ter SEMPRE en mente os que nos subimos a un vehículo de dúas rodas:


Ademáis, o aliciente de ver ao campeonísimo Alvaro Bautista a lombos dunha preciosa Vespa vermella, fan este vídeo máis apetecible.

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España