Teño que recoñecer que eu son bastante atrevido para saír a rodar con calquera clase de climatoloxía, pero tamén hai que ser realista e estes dias están as cousas MOOOII mal para andar pola estrada.
E se a iso sumámoslle a operación saída da ponte da Constitución, tradúcese en que:
Por favor, tede coidado se tendes que desprazarvos pola estrada.
Xa sei que nolo repetiron ata a saciedade, pero
O IMPORTANTE É CHEGAR.
Mentres tanto podedes deleitarvos, na calor do fogar, con estes vídeos de colgados pilotando a vespa sobre neve:
Somentes con velos da frio ....
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España
No hay comentarios:
Publicar un comentario