Mostrando entradas con la etiqueta Facebook. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Facebook. Mostrar todas las entradas

viernes, 6 de febrero de 2015


Facebook cambia a súa política de perfís

Esta semana levanteime coa sorpresa de que Facebook non me deixaba acceder ao perfil de Vespa Lambretta Culleredo e que tiña que facelo desde un ordenador. Hoxe decidido a comprobar o que pasaba atópome con que cambiaron a sua politica de perfís persoais e só deixan que existan para identificar persoas, así que hei ter que reconverter este perfil a formato páxina.

Asi que agora si queredes seguir as miñas andanzas no Facebook teredes que facelo desde a páxina www.facebook.com/vespalambrettaculleredo, posto que a xa existente borreina para evitar duplicidades. Vémonos na redes sociais .... Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

lunes, 30 de abril de 2012


5.000 grazas a tod@s

Pois si, téñovos que dar as grazas aos 5.000 amigos de Facebook porque grazas a tod@s conseguín chegar a esa cifra.

Dende a creación do perfil, o 8 de xuño de 2009, e en menos de tres anos, o chegar a esta cantidade de amig@s sorprendeume gratamente. Nunca pensei que un blogue dedicado aos escúteres clásicos puidese ter tanta repercusión e interes. Agora o único que se me expón para continuar con todos vós (e os novos interesados neste proxecto) é habilitar un perfil tipo páxina en Facebook, xa que non se permite superar os 5.000 amigos nun perfil tipo persoa. Así que repito (cheo de orgullo e satisfacción): 5.000 GRAZAS A TOD@S, POLO VOSO APOIO!!!! Espero seguir achegando as miñas paranoias e divagacións ... Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

martes, 20 de marzo de 2012


Unha volta por España , en vespa con sidecar

Esa é a aventura na que se vai a embarcar Ramon Bartual, tamén coñecido polo "Pater", polos seus disfraces de cura, bispo, etc cos que adoita presentarse en concentracións como Pingüíns.


O día 16 de Xuño sairá dende seu Cheste natal, na sua Vespa con sidecar co seguinte percorrido por diante:

Aguilar de la Frontera, Granada, Ronda, Cádiz, Isla Cristina, Sevilla, Cáceres, Badajoz Salamanca, Zamora, Santiago de Compostela, Finisterre, Pontevedra, Vigo, Oviedo, Santander, Burgos, Logroño, Pamplona, Huesca, Zaragoza Teruel y regreso a Cheste ... 4.400 kilómetros de ná!!!!

Ánimo Manuel, e espero que poidamos coincidir para acompañarche, polo menos, nalgún traxecto da túa fantástica ruta.

+ info:

- Evento en Facebook
- Facebook Ramon Bartual

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

sábado, 14 de enero de 2012


Queres unha Vespa gratis??

Non sei que terá que ver a Vespa co ketchup, pero Heinz regalache unha.

Só tes que participar na promoción que teñen colgada en Facebook para elixir a "Escala Heinz" de dosificación de ketchup do novo tapón. (Xa vedes o que se inventan).

Eu xa o intentei, que mira, se me gaño unha Vespa polo morro, só con xogar cun boteciño de ketchup, pois mellor que mellor...

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

viernes, 25 de marzo de 2011


Alex Barbarroja

Alex Barbarroja é un Ilustrador e Deseñador Gráfico, que traballou desde 1999 ata 2008 en distintas empresas. No sector téxtil (Sáez Merino S.L.), no sector de artes gráficas e en prensa como ilustrador para o diario "El País".

No ano 2008, xunto con Sofía da Asunción Barbarroja, formarón BARBARROJA DISSENY GRÁFIC.

Un estilo moi persoal e cunha marcada tendencia mod...

Tambien creou algun que outro logo para clubes:

e desde fai uns anos é o Ilustrador dos carteis do Euroyeyé.

+ info:
- BARBARROJA DISSENY GRÁFIC
- Sigue a Alex Barbarroja no Facebook


E por certo, aínda que xa cho dixen ... FELIZ ANIVERSARIO!!!!!!!!!!!

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

miércoles, 9 de febrero de 2011


Vespa Arado

A verdade é que a rede está chea de fotos curiosas, pero en Facebook tamén atopanse outras imaxes, non tan extendidas, pero si moi pero que moi curiosas.

Iste é o caso do uso que lle dá este paisano a unha Vespa, a "Vesp-Arado":

Como dise no meu pobo: "Iso si que é ir polo rego"

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

martes, 25 de enero de 2011


Vespa de ferro 2

Fai moito tempo atras ... ensinaravos o escúter de ferro que mercara e pensei que a denominación "ferro" non se podía superar, pero agora, grazas a un amigo do Facebook atopeime con esta obra de arte:

A que dan gañas de darlle patada e listar a dar unha volta???

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

miércoles, 8 de diciembre de 2010


Un graffiti moi fotográfico

Fai uns días posteei sobre uns cantos grafitis escuteristas e entre outro, mostrábavos esta obra de arte:

Poi ben, curiosamente grazas a un amigo de Facebook, descubrín a "orixe" deste marabilloso grafiti:

Que vos parece???

Calquera dos dous son boas demostracións de que, un vello patinete Lambretta, pode adaptarse perfectamente aos novos soportes artísticos e publicitarios.

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

jueves, 25 de noviembre de 2010


Mis comics favoritos me "representan" en Facebook

Ao longo deste mes extendeusa unha iniciativa moi curiosa en Facebook.

Propuexeron o trocala la foto de perfil, por unha imaxe de banda deseñada, debuxos animados ou os xoguetes da nosa cativez.

¿Cal é o obxetivo final?

Non ver ningunha cara no Facebook, senón unha verdadeira invasión de recordos da infancia.

Pois para iso, ¿que mellor que ver a estas persoaxes, montados nunha escúter?







¿Quén non recorda á "entrañable" Arale??

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

sábado, 20 de noviembre de 2010


Gañadores do 1º sorteo V&L Culleredo en Facebook

Non pensedes que me esqueceu.... só que non tiven tempo.

O xoves pasado, o número agaciado no sorteo diario da ONCE foi o 28672, así que o gañador do 1ro sorteo V&L Culleredo en Facebook, foi o número 672, que correspondeulle ao amigo de Facebook .......

Piaggio Vespa Motoneta Lambreta

habendo sido agraciados igualmente cun detallito os números anterior e posterior que corresponden a:

Phillip Harford

Pianeta Vespa

Parabén a todos eles, xa mesmo póñome en contacto para enviarlles os seus premios.

E para min .....

MOITAS FELICIDADES POR ESTES TRES PRIMEIROS ANOS DO BLOG

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

martes, 16 de noviembre de 2010


Seguimos co sorteo

Xa está preparado a listaxe dos participantes no 1ro sorteo V&L Culleredo en Facebook, que podedes consultar neste evento.

Só recordarvos que o sorteo celebrarase en combinación co número agraciado no sorteo da ONCE do xoves 18 de novembro.

Sorte a tod@s ....

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

miércoles, 10 de noviembre de 2010


Mil grazas aos amigos do Facebook

Como se adoita dicir, "é de bo nacido o ser agradecido".

Así que seguindo esa premisa e ante a proximidade de alcanzar os 1000 amigos que engadiron a este blog nas súas lista de amizades, valla a redundancia, quero correspondervos organizando o

1ro sorteo V&L Culleredo no Facebook

Para iso non tedes que facer nada, xa que o mecanismo é moi sinxelo.

Cando se alcancen os 1000 amigos (e só aos 1000 primeiros) asignareivos un número de catro cifras (do 0001 ao 0000) por orde alfabética segundo a listaxe que facilita o propio Facebook.

O gañador do sorteo será aquel que o seu número asignado corresponda coas catro últimas cifras do número premiado no sorteo da ONCE do xoves día 18 de novembro, data na que celebramos o 3º Aniversario do nacemento deste blog.

E que hai de premio??? pois como este é un blog humilde non vos podo prometer gran cousa, así que se me ocorreu que como premio o gañador recibirá unha ampliación enmarcada desta fotografía que saquei fai tempo nunha exposición:


A min, persoalmente, encántame, pero claro, a gustos...pintan cores.

Tamén recibirán un detalliño os que teñan o número anterior e posterior ao premiado.

Espero que vos guste esta iniciativa tanto como á min e, senón, non problem ... tan amigos...

Só unha última cousa, a día de hoxe xa hai 990 amigos na miña listaxe... e a piques de chegar ás Mil grazas....

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España