Pois si, téñovos que dar as grazas aos 5.000 amigos de Facebook porque grazas a tod@s conseguín chegar a esa cifra.
Dende a creación do perfil, o 8 de xuño de 2009, e en menos de tres anos, o chegar a esta cantidade de amig@s sorprendeume gratamente.
Nunca pensei que un blogue dedicado aos escúteres clásicos puidese ter tanta repercusión e interes.
Agora o único que se me expón para continuar con todos vós (e os novos interesados neste proxecto) é habilitar un perfil tipo páxina en Facebook, xa que non se permite superar os 5.000 amigos nun perfil tipo persoa.
Así que repito (cheo de orgullo e satisfacción):
5.000 GRAZAS A TOD@S, POLO VOSO APOIO!!!!
Espero seguir achegando as miñas paranoias e divagacións ...
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España
No hay comentarios:
Publicar un comentario