Mostrando entradas con la etiqueta Concesionarios e talleres. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Concesionarios e talleres. Mostrar todas las entradas

martes, 6 de septiembre de 2011


Reinauguración de MasterBike

O pasado venres, o concesionario Mater Bike Noroeste, reinauguró as súas instalacións ao mudarse do antigo local no polígono da Grela a un novo espazo moito máis acorde cun concesionario dunha cidade.

Alli podreis atopar, un gran taller:

Unha espectacular exposición:

E un equipo técnico que, como sempre, foi arroupado polos Golfos Artabros Escuter Clube nesta nova etapa:

Para mais información podeis achegarvos ata as novas instalacións na rua Alvaro Cunqueiro, paralela áa Avda. de Alfonso Molina, da Coruña.

- MaterBikeNoroeste.es

Ánimo amigos e moita sorte nesta nova andaina....

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

lunes, 2 de agosto de 2010


2ª Golfo-Escuterada. Crónica e fotos

Xa pasou.

A 2ª Golfo-Escuterada Un paseo polas rías, xa é historia.

Logo dun lixeiro madrugón para comezar coa instalación de carteis indicadores, carpa de recepción de participantes, mesa de almorzo e demais historias, ás 09:30 h, tal e como estaba previsto, empezaron a chegar a conta pingas os participantes.

Os amigos de Kiero + Clothing comezaron coa montaxe da súa caseta e máis tarde chegaron os compañeiros de Master Bike, para acompañarnos na ruta e dispor da súa furgoneta a modo de "coche escoba" que, afortunadamente, non foi necesario utilizar.

Saúdos, benvidas e conversacións varias coa xente que facía tempo que non viamos ata que ás 12 horas xa estaba todo o groso dos participantes presentes.

Logo de recoller todos os petates iniciamos márchaa dirección Bergondo, xiro cara a cara a Miño e paso polo Ponche do Pedrido:

Entramos en Miño, paseo pola praia grande, pasamos por Perbes e Ver ata chegar a Pontedeume onde nos volvemos a incorporar para ir dirección Cabanas:

No alto de Cabanas viro á esquerda para ir dirección Ares:

Para chegar á parada que fixemos en Redes, onde nos sacamos a foto de grupo diante da "casa do concello" da serie da TVG Padre Casares:

Continuamos camiño cara a Ferrol, pasando por Ares e Fene, para chegar ao restaurante A Malata,

lugar onde realizamos o xantar oficial da Golfo-Escuterada:



Sorteo de agasallos para moitos, despedida para outros, e volvemos xuntos un bo grupo ata a praia da Magdalena en Cabanas, onde o propio alcalde (Germán) recibiunos preocupándose en todo momento se o lugar que nos reservou era suficiente, se necesitabamos algo máis .... Grazas mil grazas.


Teneis todas as fotos que saquei (así como o fotocall) neste album Picasa:



y aquí un video de como fué todo en general:



Grazas Gally.

O balance final foi moi bo, preto de 75 inscritos e máis de medio centenar de motos, ningún problema destacable, un par de picadas, unha rotura de cable do acelerador e a caída da Vespa de g5u5 SOA (é o que ten porlle un caballete lateral) foron os únicos contratempos dunha marabillosa xornada.

Continuando cos agradecementos, grazas a todos por acompañarnos, a todos os patrocinadores, a todos os colaboradores (a pesar dos cambios de última hora que nos provocou o concello de Betanzos, puidemos liquidalos facilmente).

Grazas e mil grazas, insisto e espero vervos a todos en todas as seguintes.


Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

lunes, 8 de marzo de 2010


Fotos do Scooter Festival da Coruña

Os amigos de www.zetacenter.com montáronllo bastante ben no 1º SCOOTER FESTIVAL da Coruña.

Unha ruta secreta pola comarca, desde a cidade ata o faro de Mera



despois regresando de novo ata o Monte de San Pedro e finalmente percorrendo todo o paseo marítimo da Coruña

con parada "obrigada" para a foto diante da Torre de Hércules:

para chegar de novo ao Porto Centro de Ocio para gozar dos desfiles de moda (cunhas novas modelos):

a entrega de premios (que por certo o meu Vespa 160 levou o da escúter mellor decorada):

e sorteo de agasallos entre todos os participantes, como fin de festa escuterista.

Aínda que a xornada alargouse ata ben entrada a noite, na Terraza Rocco.

Parabén aZ-Center pola idea, organización e resultado.

Eventos deste tipo son sempre ben recibidos polo colectivo escuterista e procuraremos apoialos e potencialos sempre.

Teneis o resto das fotos neste album Picasa:


Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

sábado, 27 de febrero de 2010


A Coruña Scooter Festival


O concesionario www.zetacenter.com na Coruña, convoca o 1º A Coruña SCOOTER FESTIVAL 2010 , aquí teneis a información que consta na súa páxina:

"EL PUERTO" CENTRO DE OCIO - A Coruña

SABADO 6 de MARZO 2010

O próximo día 6 de Marzo de 2010 terá lugar na Coruña un evento destinado a todos aqueles afeccionados, usuarios e apaixonados polo mundo do SCOOTER.

Esta iniciativa, que pretende consolidarse no futuro como unha plataforma para promover a mobilidade urbana, fomentando o uso deste tipo de vehículos que contribúen a mellorar a fluidez do tráfico urbano, á vez que reducen de forma moi notoria as emisións de gases contaminantes, propón, nesta primeira edición, unha serie de novas e divertidas actividades que terán como basee as instalacións de ?O Porto Centro de Lecer?, en pleno centro da cidade coruñesa.

Co patrocinio de Z-Center, concesionario oficial na Coruña de varias marcas , e o inestimable apoio de "El Puerto Centro de Ocio" os participantes poderán gozar, entre outras cousas, dunha divertida "RUTA SEGREDA" - deberán ir completando o percorrido grazas a unha serie de pistas. - . Aqueles que culminen a mesma participarán no SORTEO DE AGASALLOS ? cascos, roupa e outros complementos moi interesantes - que se celebrará a continuación .-

Así mesmo, estableceranse os premios seguintes:

- SCOOTER MAIS ANTIGO

- SCOOTER MELLOR DECORADO

- PARTICIPANTE DE MAIOR IDADE

- PARTICIPANTE MAIS AFASTADO

- PARTICIPANTE MELLOR CARACTERIZADO

Unha sinxela exposición de SCOOTERS clásicos e actuais, e unha PASARELA DE MODA MOTO , dirixida pola academia de modelos Centramedios, onde haberá algunhas sorpresas, son outros dos actos que amenizarán a xornada.-

Os establecementos situados no propio centro comercial Rocco Terrazas e Lizarrán facilitarán aos participantes uns vales para consumir refrescos de forma gratuíta e petiscos ou tapas en condicións moi especiais.-

Para rematar, por xentileza de Rocco Terrazas, continuará a xornada cunha sesión disco con Festa Beefeeter , boa música e un espectáculo de coctelería acrobática.-
Os asistentes que o desexen poderán deixar as súas motos no Parque Pechado establecido pola Organización ata as 12 horas do día seguinte.-

Para participar soamente haberá que cumprir os seguintes requisitos:

- Inscribirse antes das 17.00 horas do día 6 de Marzo 2010 .-

- Ser maior de idade ou ir acompañado de pai ou titor.-

- Acudir en Scooter de cilindrada superior a 50 cc. debidamente facultado para circular por vías públicas.-

A inscrición ao evento terá un custo simbólico de 5,00 Eur. por persoa ( recoméndase acompañante) ou 4,00 Eur. para as inscricións anticipadas realizadas antes do dia 4 de Marzo.-

Os BOLETÍNS DE INSCRIPCION e o PROGRAMA conteñen as instrucións para confirmar a participación e pódense descargar na seguintes direccións:

www.zetacenter.com - sección Actividades

www.motos2.es

http://www.inscripcion.notlong.com

http://www.empresas.mundo-r.com/zcenter/PROGRAMASCOOTERFESTIVAL2010.pdf

http://www.empresas.mundo-r.com/zcenter/BOLETININSCRIPCIONSCOOTERFESTIVAL.pdf "

Este é o programa de actividades:

Espero que esta iniciativa teña unha boa acollida por festivais como estes sempre son benvidos.

O sábado vémonos alí.

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

domingo, 14 de diciembre de 2008


Estafáronme

Efectivamente, estafáronme.

Todo empezou o venres da semana pasada (día 5), cando saín a facer uns recados coa Vespa e esta parouseme de súpeto. Tratei de arrincala, revisei carburante, electricidade, cambieille a buxía e nada. Como estaba no centro da cidade acordeime que na Praza de Orense hai unha tenda concesionaria Vespa (e Piaggio e Gilera, claro) AUTOAVIÓN, ata alí funme empuxando e cando chego dinme que alí non teñen taller, dígolle se me pode chamar ao taller que teñen na outra dirección, que lles diga que moto é e se lle poden botar unha ollada. Dime que si, que sen ningún problema así que a chamada seguitne foi ao guindastre e para o taller que teñen no Birloque.

Cando me recepcionan a vespa e despois de explicarlle o que lle pasa pregúntanme:
- e non será da bateria? - (¡Deus meu onde me metín!, penso eu)
- Batería? se esta moto non leva batería- dígolle
- Ahhh - dime todo estrañado, coma se descubriralle a pólvora.

Sen máis noticias da miña querida Vespa, chamo o martes pola mañá (pasara toda a ponte, que á miña fíxoseme eterna) e dinme que nin miraran para ela, que cando tivesen un ratiño xa verían. O mesmo martes, pola tarde, recibo unha chamada dos mecánicos, primeira pregunta:
- Tes que vir abrir o asento que está pechado.
- O asento está aberto, que xa o deixei aberto eu - dígolle - tes que xogar un pouco co peche que vai un pouco duro.
- Non, non, TES QUE VIR, que está pechado - insísteme con outro ton.
- Estouche dicindo que o asento ESTA ABERTO que o deixei aberto eu á mantenta - vaime a discutir a min, vai listo.
- Bo, bo, xa veremos que facemos.
Pois para iso non me chames, pensei e pásame a outro
- Oe, ISTO onde leva o número de bastidor?
Isto?? que che pensas, que é un vaca? - Pois mira abres o cofano dereito e xa o ves aí gravado.
- Que abro o que?? - dime.
Onde me metín!! - Abres o cofano dereito, a chapa que cobre o motor, as cachas, como lle queira chamar.
- Ahhh, vale, vale, xa te chamaremos e dirémosche algo.

O Xoves pola tarde, cansado de esperar a que me chamasen para dicirme algo, chamo de novo a Autoavión e dime:
- Mira, o fallo POIDA que sexa da bobina de alta, como non puidemos arrincar a moto... entón, puxémonos en contacto coa fábrica (Piaggio) e díxonos que non se fabrican pero nos remitiu a un concesionario en Barcelona que, se cadra teñen o reposto. Logo de falar con eles dixéronnos que non tiñan ese reposto, que non se fabricaba xa e que era IMPOSIBLE de conseguir, que probásemos nalgún despezamento e niso estamos. Pero bo, non sabemos se terá algo máis ata que a arrinquemos.
- Como que non se fabrica, como que non se conseguen, se sen pensalo moito a min ocórrenseme unha decea de páxinas en internet dedicadas aos recambios de Vespa, COMO QUE NUN DESPEZAMENTO, antes de buscar pezas de despezamento haberá que buscar no maior número de sitios posibles - lle digo eu, xa bastante encabuxado.
- Se ti sabes onde conseguir a bobina de alta e nola traee, nós póñemoslla.
Colgo o teléfono e póñome a pensar, primeiro sitio máis próximo que se me ocorre que podería ter= os amigos de Motomania en Vigo, chamo e, logo de presentarme e explicarlle o tema dime:
- Bobina de alta para unha 160?? espera que miro .... - 1 minuto despois - si, teño un par delas.
1 minuto!! tardei en atopala, 1 minuto e sen ser un concesionario, nin mecánico nin nada.
- O problema - dígolle - é que para ir ata Vigo a buscala é un batifondo ..
- Non te preocupes, enviámoscha contrarrembolso. Dáme a dirección - Alucinado quedeime.
Chamo de novo aos IMPRESENTABLES DE AUTOAVIÓN e flipou cun - "Como que xa a conseguiches?".
En vista da falla de COÑECEMENTOS que teñen en AUTOAVIÓN pensei a que outro taller podería levala e acordeime dos amigos de MANEL MOTOR (Fillo do retirado Motos Botana, clásico concesionario Vespa en Coruña) e dixéronme que estaban un pouco liados no taller pero o mecánico díxome de alguén que se dedica a restaurar Vespas que me podería botar unha ollada.
Localiceino e dime que si, chamo a Motomania para anulalo pedido e agradecerlles a sua interese e chamo de novo a AUTOAVIÓN, e dígolle:
- Oe, que xa non fai falla que lle fagades nada máis á moto, que a vou ir buscar.
- Pero... ISTO TEN UNS GASTOS E ... - xa o interrompín ao ver o ton subido que tiña.
- Non te preocupes que eu xa conto que ten uns gastos polo "traballo" que fixestedes.

Preséntome alí cun remolque xa preparado para levarme a moto e, logo de ensinarme os "trámites" que fixeran para localizar a peza, sacan a moto á rúa e pásanme a factura, co concepto:

- DESMONTAR REVISAR ACENDIDO - 2 x 32 € = 64 € e, aplicándolle a IVE:

¡¡¡ 74,24 Euros !!!

74 eurazos, se non lle fixeron nada!!!, nin pestañeou o paisano cando me deu a factura!! nin pestañeou, nin me mirou á cara, só me dixo:
- cóbrache aí a miña compañeira - e faltáronlle pernas.
Que opción che queda, pagar e xa está, vanche a dicir que tiveron que desmontar o asento e depósito para mirar... e tal e despois volver montar (isto remárcoo e agora saberedes o porqué).
Non tiveron as santos narices nin de axudarme a montar a moto no remolque, que, baixo unha choiva tremenda, tívenme que apañar eu só.

Cal foi a miña sorpresa cando chego ao taller onde SI ma van a arranxar, porque saben de que moto se trata, e vexo que:
· o cofano dereito está medio solto, con que podía haber caído no traslado no remolque co que iso podería levar (danos a terceiros, danos propios, etc)
· os tres parafusos de amarre do asento estaban case saídos do todo, menos mal que ía pechado e suxeitábase polo peche.
· A buxía estaba sacada e ía pegando botes solta, deixando un buraco para que entrase a auga perfecto.

Podédesvos imaxinar o meu cabreo, non só me estafan por dúas horas dun traballo que se pode facer en media, senón que pola neglixencia dos mecánicos á hora de "rematar" o seu traballo case se provoca unha desgraza maior.
Pero o cabreo non quedou aí, ao día seguinte, o venres, chámame o mecánico e dime:
- Oe, que isto non é da bobina de alta, que está perfectamente, isto é un pouco máis grave .....
Bo, resumindo, que era do aceso electrónico.
Que cara íame quedar cando logo de pagar 90 euros por unha bobina de alta traída de Vigo dixésenme os de AUTOAVIÓN que non, que non era diso que iso estaba ben, que agora "pode" que sexa do aceso electrónico que custa "só" uns 200 euros. INCRIBLE.

Por iso, e logo de darvos a chapa un bo intre, sigo insistindo para que quede ben clariño:

ESTAFÁRONME, AUTO AVIÓN MOTOS ESTAFOUME.

E digo Auto Avión Motos, porque curiosamente no concesionario de coches estou contentísimo, eu compreime ali un (Daewoo) e levei hai pouco á miña nai e comprou outro e xa vos digo, co concesionario de coches estou contentísimo, que hai que ser coherente e saber diferenciar.

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España