Pois si, xa nos tardaba pero a partir de mañá xa será oficialmente primavera e o que esperamos todos é que se manteña este bo tempo que ... xa apetecía.
Así que xa sabedes a gozala a lume de biqueira porque A Primavera, o sangue altera.
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España
lunes, 21 de marzo de 2011
Chega a Primavera...
martes, 1 de marzo de 2011
III Vespalacón. Programa de actos

Xa temos os horarios (aproximados) e programa de actos do III Vespalacón:
9:00 Apertura de inscricións e recepción na Praza de Galicia
11:00 Peche da inscrición
11:15 Exorcismo do Padre Merino
11:30 Saída ruta pola comarca
12:00 Parada de descanso, PINCHIÑOS e Foto de Familia
12:30 Continuación do percorrido
14:10 Chegada a Cuntis e estacionamento das Vespas
14:30 Comida. Menú: lacón con grelos (non incluída coa inscrición gratuíta)
16:30 Entrega de trofeos aos clubs e agasallos para os mellores disfraces
17:00 Sorteo da Vespa
17:30 Despedida do VespaLacón 2011
Para os que queiran ir o día anterior e vivir a festa máis descansados, a organización ten concertadas dúas pensións que lles fan un "prezo" de amigo... se necesitas reservar ou se todavia non tes rifas para o sorteo da Vespa Primavera podes porche en contacto coa organización a través da súa caixa de correo: info@vespalacon.com
Eiquí tendes o programa da festa do Lacón con Grelos que se celebra ese mesmo día:
Xa sabedes + info:
- Vespalacón.com
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España
lunes, 28 de febrero de 2011
III Vespalacón, Cuntis 13 de marzo
Xa está aquí a terceira edición dunha das citas ineludibles do calendario escuterista galego, o VESPALACÓN.
Cuntis volverá ser o próximo 13 de marzo, a capital galega das Vespas e Lambrettas, sazonadas cunha boa dose de Lacón con grelos e moito humor.
Nesta edición tiraron a casa pola fiestra e sortearán unha Vespa Primavera:
Ademais terán agasallos para os que vaian disfrazados e caracterizados para a ocasión... xa que van realizar un exorcismo colectivo para intentar sacar o demo escuterista, que todos levamos dentro.
+ info:
- Vespalacon.com
Vémonos en Cuntis....
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España
lunes, 22 de marzo de 2010
Xa é primaVespa !!!
Por fin!!!!
Esperemos que, agora se, acábese xa o frio polar, as choivas torrenciais e os ventos tempestuosos, porque este inverno levouse a palma.
Agora que xa é primavera espero que empece a lucir o sol, os días alárguense" cada vez máis e as noites tengán unhas temperaturas máis agradables para poder gozar máis, se cabe, de pasear montando as nosas queridas escúteres.
Á e agora, a esperar o calendario de concentracións de motos clásicas, que supoño que moi pronto estará dispoñible.
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España


