Mostrando entradas con la etiqueta Historia. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Historia. Mostrar todas las entradas

miércoles, 13 de marzo de 2013


Que foron os Mods??

O movemento mod (do inglés modernism -modernismo-) foi un movemento musical e cultural baseado na moda e a música que se desenvolveu en Londres, Reino Unido a finais da década de 1950 e que alcanzou a súa culmen durante a primeira metade da década de 1960. Os seguidores desta corrente foron coñecidos como mods, e localizábanse sobre todo no sur de Inglaterra, aínda que tamén eran numerosos en certas cidades do norte (como Manchester, ou ata Liverpool). Os elementos máis significativos son a música, a moda e os escúteres. Orixes O movemento mod xurdiu no Reino Unido en 1958 promovido por adolescentes con relacións familiares co negocio da sastrería. Estes mods primigénios eran de clase media e mostraban interese polas novas modas que chegaban do continente, tales como os traxes entallados italianos, e estilos musicais negros estadounidenses, como o modern jazz e o rhythm and blues. Está moi estendida a crenza de que tanto mods como os seus rivais os rockers xurdiron a partir dos Teddy boys, unha subcultura que floreceu en Inglaterra nos 1950s. Os Teddy boys estaban influídos polo rock n' roll estadounidense, vestían con estilo eduardiano e lucían peiteados pompadour ou quiff. Os mods estaban interesados, polo xeral, nos estilos do continente europeo: conducían escúteres italianas, bebían café expreso, cortábanse o pelo ao estilo francés e vían cine da Nova Ola. Frecuentaban os mesmos clubs londinenses que os estudantes franceses e estudaban as súas roupas. Os mods víanse a si mesmos como cidadáns de Europa ou do mundo, máis que como simplemente residentes británicos. Os modernistas tamén eran intelectuais, e lían aos poetas beat e aos escritores existencialistas. A vestimenta dos mods sufriu algunhas modificacións a comezos dos 60. A chaqueta, feita a medida, levaba tres ou catro botóns e era de cor escura ou tonic. A camisa tiña polo xeral o pescozo curto de punta ou redondeado e os gemelos nos puños estaban moi de moda. O nó na gravata era estreito. Os mocasines podían ser en pel de cocodrilo e de diversas cores. A pinta máis casual era a camiseta co laurel de Fred Perry, jeans Levi's con pequenos dobleces, as "Desert Boots" de Clarks, "Bowling Shoes" e camisa Ben Sherman. Para protexerse da intemperie durante as viaxes na escúter, levaban unha parka, adornada de símbolos mods como flechas, dianas e bandeiras británicas. A Lambretta serie 3, a TV ou a Special e Vespa GS eran os modelos máis utilizados e sobre as que lle instalaban numerosos accesorios. Obviamente existía tamén a versión feminina do mod: a modette. Inicialmente vestía roupa un pouco masculina como o "xta press" Levi's, camiseta Perry e mocasines. Cara ao ano 65, a pinta das mod girls foi influída pola difusión do "pop art". Nacían os vestidos enteiros ou a tres pezas," decorados con formas geométricas e con cores moi vivas. O estilo tamén se caracterizaba polo corte de cabelo: liso, coa raia no medio ou corte tipo casco ou Bob A partir de 1.966 o fenómeno modernista vive cambios notables. Reivindicando a orixe obreira do movemento contra a apertura cara á clase media, estaban os hard mods. Lonxe da influencia psicodélica do "Swinging London", estes levaban unha pinta máis casual con camiseta Lonsdale e botas. Preferían escoitar o ska orixinal e logo frecuentarían os clubs de northern soul de Wigan. A aparición na escena musical dos Jam de Paul Weller, autores dun enérxico power pop que non despreza os elementos blues e soul, revigorizó o modernismo. O "Modfather", como chaman a Weller, é sempre un modelo a imitar: moitos comezan a usar buzos decorados con flechas e os zapatos cocacolos. Estamos no 79, en pleno mod revival. Nos cines presentan Quadrophenia, largometraje de F. Roddam producido polos Who. Malia as críticas dos máis ortodoxos que sinalan algunhas imperfeccións estilísticas, a película reconstrúe a vida modernista dos anos 60, evidenciando os diversos aspectos e puntos débiles do complexo fenómeno. Así, nos anos 80, parka, escúteres e traxes elegantes florecen en numerosos eventos organizados en toda Europa. Xorden novas bandas como os Chords, Secret Affair e Purple Hearts. En 1989, a tradición modernista foi redescubierta no novo contexto do "acid jazz", que, a diferenza do anterior "Mod revival", mantivo vivo o espírito progresista que sempre foi o verdadeiro corazón do movemento Mod. O principal desta cuarta ola Mod é a súa integración do espírito progresista coa tradición: usan roupa actual baseada na moda dos 60, e oen música actual que recolle estilos e instrumentos dos 60, á vez que gozan a moda e música orixinal. Ademais hai moitas posibilidades para un mod actual: trinta anos de existencia dunha cultura xuvenil deu orixe a moitas variacións, cada unha definida por estilos de roupa e preferencias musicais. O ideal mod nunca morreu, simplemente se reinventó a si mesmo de diferentes formas: desde o Londres de finais dos 50, cos beatniks de Soho e o seu gusto polo bebop, e desde os elegantes mods de comezos dos 60 ata a aparición dos movementos skinhead e suedehead que inspiraron a música e o estilo de bandas dos 80 como Madness, the Beat e the Specials. Está presente tamén na escena británica do northern soul, que viu a miles de mozos no norte de Inglaterra dedicar as súas vidas a comprar os máis raros discos de soul norteamericano; os soulboys de Essex de finais dos 70, os casuals de roupa deportiva de comezos dos 80 e a escena do acid house de finais desa década. Os mods aínda viven, en moitos discípulos do hip hop que usan a pinta dos primeiros modernistas do jazz. Diferentes nomes, diferentes roupas, diferentes discos, pero todos unidos por unha perspectiva singular do seu estilo de vida. Filosofía de vida Practicaban unha filosofía de "vida limpa baixo circunstancias difíciles". Querían ter só o mellor do mellor: a mellor música, a mellor roupa, os mellores libros, o mellor medio de transporte... que de cando en cando son os máis caros ou os máis populares, aínda que poden selo ocasionalmente. Avanzar e aprender" son as palabras craves da esencia modernista. Conceptos como movemento, acción e creación estaban ben arraigados na mente dos mods e concretábanse en desprazamentos frenéticos dunha parte a outra da cidade. O "avanzar" implicaba a procura do que puidese estar na vanguardia musical ou de vestuario, para despois abandonalo cando se facía masivo e banal. Soamente deste xeito podíanse mergullar no estilo de vida modernista, cultivándoo e afinándoo progresivamente e confrontándose cos máis sofisticados. Isto significaba "aprender". Articulo visto en Taringa: Tribus y Grupos Sociales [Post 2] Y despois de ler isto creo firmemente que eu tamén son un Mod!!!! Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

martes, 30 de octubre de 2012


I'm one (21st Century Mods)

"Un mod real non elixe ser un mod, descobre que é un mod. Non é só unha simple moda, é o camiño que che fai sentir, actuar e expresarche a ti mesmo. O Mod está na alma" Con estas palabras, arrinca I'M ONE (21st Century Mods), un libro de máis de 160 páxinas sobre a escena Mod, no que se recolle unha colección de impresionantes instantáneas do fotógrafo, de orixe alemá, Horst A. Friedrichs.

O libro ofrece un retrato sensible da comunidade Mod de Gran Bretaña da década pasada e unha visión única da diversidade da escena Mod contemporánea.
Friedrichs captura unha sección transversal dos que son escravos de todalas cousas con estilo modernista ou sesenteiro. En I´m One: 21st Century Mods, revélase unha próspera subcultura británica que abarca a moda, a música e os medios de transporte da época, pero cunha tinguidura contemporánea.
Como un dos protagonistas do libro dixo: "O pasado xa pasou, pero o espírito Mod nunca morre"
Podedes botarlle unha ollada ao libro neste pequeno resumo colgado en Issuu:
Así que xa sabedes: Se queres lucir coma un Mod, posar coma un Mod ou bailar coma un Mod, este é o libro que precisas. Sede benvidos, Mods do século XXI... Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

sábado, 15 de septiembre de 2012


Cualquier Tiempo Pasado

Con este nome dáse inicio a unha nova web que é a continuación a un proxecto iniciado fai dous anos, a "CAMPAÑA DE RECUPERACIÓN DA MEMORIA FOTOGRÁFICA DAS VESPAS E LAMBRETTAS EN GALICIA", da que xa vos falou fai un tempo.

Onte despraceime a Vigo á presentación da web Cualquiertiempopasado.es, no Museo MARCO (Museo de Arte Contemporaneo), onde os seus responsables, deron a coñecer como se expuña a web e os propósitos para a mesma.
Tal e como se definen eles mesmos: Cualquiertiempopasado.es un magazín para visitar en Vespa ou en Lambretta no que recompilamos historias con reminiscencia Vintage. En calquera lugar, pasaron e pasarán, momentos que merecen a pena ser recordados. Nós empezamos aquí coa nosa recompilación. Pero somos ollos, oídos e escaparate, de todas esas historias que merecen seguir sendo contadas. Na presentación non estiveron sólos, xa que foron arroupados por uns incondicionais vespistas chegados desde distintos puntos da xeografía galega e, especialmente de Vigo, representados polos Vespeinados e o Vespa Club de Galicia.
A partir de hoxe xa se pode consultar a web, na que, de momento, só subiron 100 fotografías, pensando en non emborracharnos. Nas próximas semanas iran subindo aos poucos as 5oo restantes. Non olvidedes esta web cualquiertiempopasado.es, xa que dará moito que falar .... Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

martes, 27 de septiembre de 2011


Un clásico de toda a vida, Moussel

Creo que todos crecemos vendo este anuncio do xel Moussel na televisión:



e este clásico renovado (aínda que o aspecto segue sendo como sempre) apuntouse á moda de regalar unha Vespa.

E aínda por riba, a Vespa e outros agasallos con debuxos de Jordi Labanda, xa me parece o máis.

E este é o anuncio deste ano, conservando o "temazo" clásico:



Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

viernes, 2 de septiembre de 2011


Chega setembro

Chega setembro (COME SEPTEMBER) é un filme de 1961, dirixida por Robert Mulligan e protagonizada, entre outros, por Rock Hudson, Gina Lollobrigida e Sandra Dee.




Este filme impulsou en todo o mundo a escúter Lambretta.

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

viernes, 29 de julio de 2011


Máis fotos con historia: Meu sogro nunha Vespa

Seguindo coa Campaña de recuperazón da memoria fotográfica das Vespas e Lambrettas en Galicia, hoxe traiovos unha foto de finais dos 60 do século pasado, que me toca moi de cerca..

O meu sogro nunha GS:

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

jueves, 16 de junio de 2011


Fotos con historia: Pepe desde Lugo

Continuando coa Campana de recuperazón da memoria fotográfica das Vespas e Lambrettas en Galicia, chegaron ao meu poder estas fotos dun familiar de Lugo:

Estas fotos son de agosto do 66, e nelas vense a Pepe coa sua muller, Carmen, e coa sua primeira Vespa, respectivamente.

Pepe nun motocarro na praza de Ferrol:

Moitas grazas polas fotos...

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

viernes, 20 de mayo de 2011


A Coruña nos sesenta

Dos miles de powerpoint que recibimos todos en cadea dia tras dia, puiden extraer estas dúas fotos da Coruña nos anos sesenta, onde puiden ver, como non, Vespas:

Recordade que segue en marcha a Campaña de recuperación da memoria fotográfica das Vespas e Lambrettas en Galicia, e que esperamos que, en breve, convértase nunha mostra fotográfica que podamos montar ao longo da xeografía galega.

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

viernes, 6 de mayo de 2011


65 anos de historia da escúter máis famosa do mundo

Este é o título do seguinte artigo, publicado o pasado domingo 1 maio no suplemento Extra Voz de La Voz de Galicia.

Podedes picar nas imaxes seguintes para velas máis grandes:

---

Hai que aplaudir a Oscar Ayerra, autor dos textos e a infografía polo laborioso traballo de investigación que realizou (e teño noticias de que foi moi laborioso), para poder plasmar tan claramente os 65 anos de Vespa.

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

miércoles, 4 de mayo de 2011


Efemérides: 28 de Abril, Vespa 1 millón

Esta imaxe corresponde ao anuncio da produción da Vespa 1 millón o 28 de abril de 1956.

Buff!!! 55 anos e a Vespa segue sendo o escúter máis vendido do mundo, increible que logo de tantos anos non cambie practicamente a esencia destas marabillas...

¡¡¡e xa superaron os 17 millóns de unidades!!!

Parabéns e a cumprir outros 100 máis !!!!

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

sábado, 23 de abril de 2011


Feliz aniversario Vespa, 65 anos!!!

Hoxe, 23 de abril de 2011, ás 12:00 h cúmprense 65 anos dende que foi a presentación da "motoleggera utilitaria Vespa", ou moto lixeira, no clube de golf de Roma.
No escudo aparecía por primeira vez o novo logotipo de Piaggio, que substituíu ao antigo emblema aeronaútico.
As publicacións quincenais "A Moto" e "Motociclismo" dedicaron a súa portada á Vespa e esta nova scooter suscitou entre o público curiosidade e sorpresa pero tamén certo escepticismo.
Os primeiros cincuenta vehículos saíron da fábrica de Pontedera mentres se realizaba a presentación oficial.
Os concesionarios Lancia foron os encargados de comercializar a Vespa durante os primeiros meses, e durante o seu primeiro ano de vida producíronse un total de 2.484.
E así é como comezou a aventura da scooter máis famosa do mundo.

Motor: Motor monocilíndrico de dous tempos. Cilindro de ferro horizontal con cabeza de aliaxe lixeira de axuste forzado.
Diámetro: 50 mm
Carreira: 50 mm
Cilindrada: 98 cc
Velocidade máxima: 60 km/h
Suspensión: elástica, con peiraos de aceiro en espiral na roda dianteira e topes de caucho para a roda traseira
Freos: de tambor
Pneumáticos: 3.50-8"

Fonnte: Páxina oficial Vespa España


Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

martes, 22 de febrero de 2011


Motobic Stela, unha escúter "exclusiva" no Retro Auto Galicia

Dentro das curiosidades que poidemos gozar durante o Retro Auto Galicia, foi este raro exemplar de escúter traida polos amigos do Motoclube Compostela, da que me insistiron que era unha Lambretta a pesares de saber dabondo que non o era, pero para que imos discutir....

É unha Motobic Stela (supoño que o modelo de motorización de 100 cc), que foi fabricada en Eibar e as súas últimas unidades en Matiena, a mediados dos anos 60, e das que segun parece fabricáronse só 200 unidades:

A posición central do motor supoño que lle achegaría máis estabilidade que a outros modelos de escúter:

Chamoume moito a atención a transmisión por cadea:

Que vos parece este anuncio da época?:

Nunca che deitarás sen saber algo máis, non??

Encántame ver e descubrir estes raros exemplares, e profundar un pouco máis na historia do escuterismo...

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

martes, 18 de enero de 2011


Lambretta Locomociones (Serveta)

Hoxe apetecíame mostrar unha imaxe que resumen á perfección a historia da empresa Lambretta Locomociones en Eibar, produtora da nosa querida Serveta.

Mirade que poster máis chulo con todolos modelos producidos pola factoría vasca:

Dende o patinete modelo "B" ata a futurista "Amiga"....

Un saúdo ao Club Lambretta Eibar, por mantelo espírito desta marca tan querida para nós.. e aproveito para invitarvos a pasar pola súa web onde atopardes unha boa información do que foi Serveta, a Lambretta española.

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

sábado, 8 de enero de 2011


Documental Lambretta do canal Viaxar

Por se os reis non se portaron ben convosco aquí tráiovos un agasallo que nos fan os amigos do Vespa Club de Asturias, un documental da canle temática Viajar, sobre a Lambretta.

Espero que o disfruteis igual ca eu:



Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

sábado, 16 de octubre de 2010


Musica escuterista: The Lambrettas

The Lambrettas foron unha banda mod revival inglesa, que publicaron dous álbums (Beat Boys In the Jet Age de 1980 e Ambience de 1981) e oito singles, entre finais de 1979 ata mediados de 1982.

Publicaron Unha recompilación dos singles chamado Kick Start, a mediados dos 80.

O seu maior éxito foi en 1980, cunha versión do tema dos 50, de Leiber e Stoller, "Poison Ivy", que alcanzou o posto 7 na lista de singles do Reino Unido.

Outra das suas cancións máis coñecidas foi este Da-a-a-ance.

E do mesmo xeito que moitos grupos oitenteiros, en 2008, tras a morte Jez Bird, membro fundador, a banda refórmase e a partir de 2009 comezaron un pequena xira de "retorno" que os levará dende a sua Inglaterra natal ata distintas localizacións do resto de Europa.

Verémolos por aquí?? quen sabe...

Fonte:

- Wikipedia

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

jueves, 14 de octubre de 2010


Brasil e a revista Life

O pasado sábado, no suplemento MERCADOS de La Voz de Galicia, xunto á a noticia "Brasil, o espertar do xigante americano", publicaban esta curiosa fotografía:

e ao seu lado atopeime cun artigo dun bo amigo, Jesus Flores, que vos reproduzo máis abaixo:

"Xa ensinaba os dentes fai 50 anos.

Na época da Guerra Fría, Estados Unidos fixo un gran esforzo por promover versións en castelán dalgunhas de us publicacións máis populares, como Seleccións do Reader Digest ou Life.

Nas páxinas en español destes magacíns, que se distribuíron con especial interese en Sudamérica e, máis tarde, en España, reflectíase o lado máis amable do "American way of life".

Eran frecuentes, ademais, as reportaxes que intentaban empuxar o modelo capitalista máis salvaxe cara ao sur do continente.

Neste contexto publicouse a foto da esquerda (ARRIBA NESTE CASO), pertencente a un "Life" de 1959 que trataba de mostrar o enorme poderío de Brasil como provedor de materias primas e de bens de equipo.

Ata, nunha pequena chiscadela humorística, recordábase o potencial do país como exportador de belloezones, tal e como pode verse sobre o saco que sostén o guindastre.

Estados Unidos tiña un especial interese en que se consolidase unha clase media, non só en Brasil, senón en todos os seus países veciños, loxicamente para ter un mercado próximo onde colocar a súa produción e manufacturar os seus produtos a un prezo máis competitivo.

pasaron máis de cincuenta anos: ao fin Brasil parece que conseguiu entrar no camiño correcto para consolidarse como un país próspero, pero polos seus propios medios.
"

E logo de todo isto, con que me quedo?

Pois con que vai ser ... con esta preciosas Lambrettas (LD e patinete) que se ven no centro da foto:

Ou que vos pensabades??

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

martes, 12 de octubre de 2010


12 de octubre, Día da Hispanidade

Día da Hispanidade ou Festa Nacional de España, en que se conmemora a efeméride histórica do Descubrimento de América por parte da Coroa de Castela (Fonte Wikipedia).

Descubrimento ou invasión? porque senón recordo mal alí xa había indíxenas vivindo.

Tamén hoxe celébrase o Día da Virxen do Pilar, patroa de España, de Zaragoza (¡ala maños!) y da Garda Civil.

Menos mal que eses tricornios, co duros que eran, facián perfectamente a función de casco.

Parabéns a todos e a gozar do día......

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

viernes, 8 de octubre de 2010


José Agilda, fotógrafo e lambretteiro

Fai uns días comenteivos o da campaña de recuperación da memoria fotográfica das Vespas e Lambrettas en Galicia que están realizando os amigos Vespeinados de Vigo.

Pois grazas a isto e a diversas xestións, tiven a fortuna de poder coñecer á familia dun vello fotógrafo, que se desprazaba a todas as festas, bautizos, comuñóns ou lugar onde fose reclamada o seu cámara, para inmortalizar todos estes momentos na vida dos veciños de Oza dous Rios e os seus arredores

O fotógrafo en cuestión era José Agilda, ou o que é o mesmo FOTO AGILDA; e os seus familiares, ademais de ensinarme numerosas fotografías antigas das que el era autor, cedéronme estás outras para a súa inclusión na xa antes citada campaña de recuperación.

· Este era o "uniforme" de traballo co que acudía ás festas e romarías:

· Aquí témolo montando unha preciosa Lambretta LD diante da casa do Concello de Cesuras (A Coruña), en xullo de 1962:

· E estas son na Lambretta 175 TV coa que percorreu miles de quilómetros (entre eles a súa viaxe de vodas por Covadonga e Bilbao), perfectamente rotulada con FOTO AGILDA OZA DE LOS RIOS :

· Aquí podemos ver a Miguel (o seu irmán), Mercés (a súa cuñada) e Merche (a súa sobriña) montando esta preciosa LD en Llodio (Bilbao) e despóis a Merche na Lambretta TV de Foto Agilda:

· Estas dúas últimas son as máis curiosas, xa que na primeira vese a Agilda, montado nun carro-can (un dispositivo hand-made da época), na recta dá Raia en Curtis (A Coruña):

e nesta vese ao seu sobriño Juan Carlos, en Valencia en decembro do 66... precioso xoguete ¿non si?:

Sirva este post como homenaxe a José Agilda e a todos eses fotógrafos que, coma el, tiveron que "buscarse a vida" para levantar a unha familia a golpe de cámara.

Podede ler un artigo moi interesante no que tamén se homenaxea a dous fotógrafos da posguerra da zoa de Betanzos, Agilda e Branco, pertencente aoAnuario Brigantino, picando nesta ligazón.

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España