"Un mod real non elixe ser un mod, descobre que é un mod. Non é só unha simple moda, é o camiño que che fai sentir, actuar e expresarche a ti mesmo. O Mod está na alma" Con estas palabras, arrinca I'M ONE (21st Century Mods), un libro de máis de 160 páxinas sobre a escena Mod, no que se recolle unha colección de impresionantes instantáneas do fotógrafo, de orixe alemá, Horst A. Friedrichs.
O libro ofrece un retrato sensible da comunidade Mod de Gran Bretaña da década pasada e unha visión única da diversidade da escena Mod contemporánea. Friedrichs captura unha sección transversal dos que son escravos de todalas cousas con estilo modernista ou sesenteiro. En I´m One: 21st Century Mods, revélase unha próspera subcultura británica que abarca a moda, a música e os medios de transporte da época, pero cunha tinguidura contemporánea.martes, 30 de octubre de 2012
I'm one (21st Century Mods)
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario