Mostrando entradas con la etiqueta Cine. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Cine. Mostrar todas las entradas

lunes, 7 de noviembre de 2011


Tintin ... outro escuterista máis

Despois da estrea da nova película de Steven Spielberg, As Aventuras de Tintin, O segredo do unicornio, veume á mente estas dúas imaxes do pequeno aventureiro montado nunha escúter.

Primeiro un adhesivo máis actual da imaxe de Tintín:

e esta pertencente a un cómic do ano 1956:

Espero ir vela pelicula pronto, mentres tanto podemos gozar do trailer:



+ info:

- Tintín na Wikipedia
- Para descubrir Tintín

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

sábado, 5 de noviembre de 2011


Outra da DXT, para mexar e non botar pinga

Xa vos falaba fai uns dias da película Larry Crowne, na que viamos a Tom Hanks e Julia Roberts montando unha escúter:

Pois ben, tal e como puiden ler en La Razón:

"A DXT multa a Tom Hanks e a Julia Roberts por ir en moto sen casco

A Dirección Xeral de Tráfico (DXT) impuxo unha multa de 30.000 euros á produtora Tripictures, que sacou no cartel publicitario da película 'Larry Crowne' aos seus protagonistas, Tom Hanks e Julia Roberts conducindo unha moto sen casco, por "promocionar condutas temerarias", segundo confirmaron a Europa Press fontes da DXT.

A Lei de Tráfico prohibe expresamente no seu artigo 52 "a publicidade en relación con vehículos a motor que ofreza na súa argumentación escrita ou verbal, nos seus elementos sonoros ou nas súas imaxes, incitación á velocidade excesiva, á condución temeraria, a situacións de perigo" ou calquera outra circunstancia que supoña unha conduta contraria aos principios da Lei.

Tal e como explicaron fontes de Tráfico, a DXT, en atribución das súas competencias, realiza habitualmente "un seguimento da publicidade que se fai sobre calquera asunto", non exclusivamente a relacionada cos coches, para asegurarse do cumprimento deste artigo da lei e que os publicistas non usan comportamentos que fomentan actitudes contrarias á seguridade viaria para as súas campañas.

Así, a multa a Tripictures, que pode ser recorrida agora pola produtora, é rechamante polos protagonistas da campaña, Tom Hanks e Julia Roberts, pero non é unha excepción. Desde 1985, data na que se estableceu esta prohibición, a subdirección xeral de Formación para a Seguridade Viaria da DXT, que ten entre as súas funcións o control da publicidade, tramitou 230 expedientes.

A estes expedientes hai que engadir as cartas de apercibimiento que a DXT envía nos casos máis leves aos anunciantes para comunicarlles que están fomentando determinadas condutas que poden ser prexudiciais para a seguridade viaria, e no outro extremo, as cartas de agradecemento que se envían desde Tráfico a outros anunciantes que promoven o cumprimento da lei.

No caso da película de Tom Hanks e Julia Roberts, a imaxe que provocou a multa é a dos dous protagonistas subidos a unha motocicleta sen cascos, seguidos dunha multitude de moteiros cos seus cascos e as luces acesas. A DXT argumenta que este tipo de imaxes son innecesarias, xa que igualmente poderíase pór a Tom Hanks e Julia Roberts con cascos ou sen eles, pero desmontados da motocicleta, para evitar dar unha imaxe negativa.

Na súa última campaña de concienciación de motoristas, en xuño deste ano, a DXT xa advertiu de que, a pesar de que descendeu significativamente as porcentaxes de non utilización de casco desde 2003, aínda hai unha pequena porcentaxe de motoristas que non fan uso deste sistema de seguridade. Os usuarios de motocicletas falecidos no ano 2009 na estrada que non utilizaban casco foi do 3 por cento; en zona urbana, esa porcentaxe elevouse ao 13 por cento.

A obrigatoriedade de usar o casco ten un motivo. Tres de cada catro motoristas falecen a consecuencia de feridas na cabeza; que o risco de sufrir unha lesión cerebral multiplícase por tres, se o condutor ou pasaxeiro de motocicleta non leva posto o casco e que co uso do mesmo, a probabilidade de saír ileso aumenta nun 20 por cento, o uso do casco non é unha opción, senón unha necesidade.
"

Pois o devandito, para mexar e non botar pinga, esta vez a DXT se que non tivo nin que pór un só radar en funcionamento para engordar as súas arcas cun bo tanto....

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

viernes, 23 de septiembre de 2011


As escúteres protagonistas nun gran filme american

Pois parece que as escúteres empezan a facerse un oco na cultura americana e só hai que velo na última película de Tom Hanks e Julia Roberts.

Larry Crowne
Argumento: "Ata que é despedido, o afable e amigable Larry Crowne (Tom Hanks) era o líder dun equipo dunha fábrica de caixas, onde traballaba ata que estivo no exército. Afogado coa hipoteca e sen saber que facer cos seus días libres repentinos, Larry volve á universidade para comezar de novo. Alí formará parte dunha comunidade en grao sumo colorida, de marxinados sociais que intentan buscar un futuro mellor? a miúdo movéndose pola cidade en scooters. Na súa clase de oratoria, Larry sofre un colgue inesperado pola súa profesora Mercés Tainot (Julia Roberts), que perdeu a paixón por ensinar así como a paixón polo seu marido.
O tipo que ten todas as razóns para pensar que a súa vida está estancada descubrirá unha lección inesperada: cando cres que xa pasaches por todo o que merece a pena, poida que descubras a túa razón para vivir
".

Este é o cartel da película:

Este é o trailer en castelán:



e neste trailer en inglés vense máis escúteres que no outro:



Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

jueves, 19 de noviembre de 2009


Amence, que non é pouco


É unha das mellores comedias do cine español de todos os tempos, dirixida por un inspiradisimo José Luis Cuerda, que conseguiu o Goya ao mellor guión orixinal. E cun dos mellores repartos do cine español que inclúe a Antonio Resines e ao inesquecible Luis Ciges nun dos seus papeis máis recordados.
Unha película de culto que este ano celebrou o seu 20 aniversario ao grande.

Un par de carteis:


E ¿de que vai a peli?, pois segundo a web Máis que cine, a sinopse é:

"Teodoro (Antonio Resines) é un novo enxeñeiro español que traballa como profesor na Universidade de Oklahoma e regresa a España para gozar dun ano sabático. Descobre ao chegar que Jimmy (Luis Ciges), o seu pai, matou á súa nai. Para compensarlle a perda e para poder realizar viaxes de pracer xuntos, Jimmy comproulle unha Vespa con sidecar a Teodoro. Pai e fillo chegan a un remoto pobo da montaña. O pobo parece baleiro pero en realidade é que todos os veciños, menos o negro Ngé Ndomo, están en misa, como cada día do ano. O cura dáse tal maña coa liturxia que non hai fiel que queira perderse o espectáculo. Jimmy e Teodoro van descubrindo as peculiaridades de pobo e dos seus habitantes e teñen ocasión de participar nas eleccións xerais que se celebran cada ano nas que se elixen, por rigorosa votación, os cargos de alcalde, cura, mestre, puta, marimacho en período de proba e seis adúlteras. Ademais dos seus estraños habitantes o pobo está agora repleto de visitantes: un grupo de estudantes da Universidade norteamericana de Eaton, uns meteorólogos belgas, un grupo de disidentes dos Coros do Exército Ruso, invasores camuflados do pobo de arriba."

E, ¿qué ten de interesante a maiores esta fantástica película? A preciosa Vespa 125 con sidecar coa que entran no pobo Jimmy e Teodoro.


Xa sabedes, se queredes gozar desta xoia do cine español, poderédela ver mañá Venres, ás 22:00 horas en Versión Española, na 2 de TVE.

+ info:

- Versión española
- Na wikipedia
- A webMás que cine

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

lunes, 19 de enero de 2009


Eu si que me vou facer un agasallo

Efectivamente, maña mesmo voume facer un agasallo "porque eu o vaio", jeje.

Hoxe, botándolle unha ollada a unha publicidade de Alcampo, na páxina de ocio, atopeime con esta oferta:

Non sei si vese correctamente pero sí, é a carátula de Vacacións en Roma, a oscarizada película protagonizada por unha xovenciña Audrey Hepburn e o galán Gregory Peck.

Película de culto para os amantes das Vespas, xa que ésta podese considerar como a terceira protagonista da cinta, a cal, non pode faltar en ningunha filmoteca que se aprecie.

Eiquí tedes unhas cantas imaxes da película e da rodaxe:






E uns cantos valos e carátula do DVD:

<


Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España