Como se adoita dicir, "é de bo nacido o ser agradecido".
Así que seguindo esa premisa e ante a proximidade de alcanzar os 1000 amigos que engadiron a este blog nas súas lista de amizades, valla a redundancia, quero correspondervos organizando o
1ro sorteo V&L Culleredo no Facebook
Para iso non tedes que facer nada, xa que o mecanismo é moi sinxelo.
Cando se alcancen os 1000 amigos (e só aos 1000 primeiros) asignareivos un número de catro cifras (do 0001 ao 0000) por orde alfabética segundo a listaxe que facilita o propio Facebook.
O gañador do sorteo será aquel que o seu número asignado corresponda coas catro últimas cifras do número premiado no sorteo da ONCE do xoves día 18 de novembro, data na que celebramos o 3º Aniversario do nacemento deste blog.
E que hai de premio??? pois como este é un blog humilde non vos podo prometer gran cousa, así que se me ocorreu que como premio o gañador recibirá unha ampliación enmarcada desta fotografía que saquei fai tempo nunha exposición:
A min, persoalmente, encántame, pero claro, a gustos...pintan cores.
Tamén recibirán un detalliño os que teñan o número anterior e posterior ao premiado.
Espero que vos guste esta iniciativa tanto como á min e, senón, non problem ... tan amigos...
Só unha última cousa, a día de hoxe xa hai 990 amigos na miña listaxe... e a piques de chegar ás Mil grazas....
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España
No hay comentarios:
Publicar un comentario