jueves, 4 de noviembre de 2010


Mercadillo de motos antigas en Goian (Pontevedra)

O próximo fin de semana (6 e 7 nov), os amigos do Moto clube Dalle Gas organizan a 7ª edición do seu xa tradicional Mercadillo e Exposición de Motos Antigas en Goián (Pontevedra), na que, como noutras ocasións, poderemos encontras unha gran feira de recambio, venda e exposición de motos clásicas.

O lugar de celebración será (como nas anteriores edicións) o pavillón polideportivo de Goian, en horarios de:

  • 10:00 h a 14:00 h e de 15:30 h a 20:30 h o sábado día 6
  • 10:00 h a 14:00 h o domingo día 7.

Invítovos a tod@s a ir e gozar dun día entre ferros vellos e repostos de época, onde sempre é posible atopar algo interesante....

Vémonos...

+ info:

- Moto club Dalle Gas

- mcdallegas@mcdallegas.com

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

No hay comentarios: