Continuando coas actividades organizadas polo bo amigo Vespeinado PABLO OSORIO e como continuación a la campaña de recuperación da memoria fotográfica das Vespas e Lambrettas en Galicia, envioume este mail:
"Con motivo do V Aniversario do MUSEO MARCO de Vigo, o seu Departamento de Comunicación (coñecedores da nosa iniciativa de recuperar a memoria fotografica das Vespas e Lambrettas en Galicia) invitáronme a participar na actividade A miña FOTO FAVORITA.
Durante 15 minutos e diante dunha foto dun Seminarista pousando coa Lambretta de VirxiLio, falarei de como as historias que ata a data fun recompilando sobre estes Scooters e as persoas que os conducían: Curas que exercían o seu oficio en dúas rodas, carreiras na dársena de Bouzas, fotografos itinerantes, viaxes de noivos a distintos puntos de España, saídas conxuntas do Vespaclub Vigo e Vespaclub Pontevedra o día do Apostol a Santiago, entre moitas outras...
Máis que á miña intervención, invítovos a que vos paseis a ver esta impresionante EXPOSICION antes do 24 de abril de 2011, que se irá cara á Sede da Fundación Telefónica en Madrid"
Anímovos a todos a achegarvos ata Vigo a gozar desta presentación e acompañar a Pablo neste momento tan escuterista.
Un saúdo...
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España
martes, 9 de noviembre de 2010
"Miña foto Favorita" - Museo Marco de Vigo
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario