martes, 30 de noviembre de 2010


Preparando os regalos do nadal en: Pirusca.com

Empeza decembro e todos afanámonos en atopar ese agasallo ou detalle especial para dar a sorpresa (e saír un pouco da rutina do perfume ou gravata...).

Para iso preséntovos hoxe unha web dunha boa amiga: Pirusca.com, que é o alter ego dunha ilustradora pontevedresa.

Fai tempo que merquei unhas chapas da colección recortables e son unha preciosidade:

E agora que vexo este novo, de nome Celia (como a miña filla) dáme que vou ter que facer un novo pedido, jejeje.

Pero á espera da proposta que lle fixen de facer unhas chapas con motivos escuteristas, quédome con esta ilustración orixinal titulada Vespa rosa:

Mirade que preciosidade de faciana:


E xa que como pon na súa web, é unha reprodución dixital sobre papel con textura lenzo de 250 gr., sendo unha edición limitada a 10 exemplares, asinada e numerada, paréceme unha magnífica idea como agasallo do Nadal...

+ info:

- Pirusca.com
- Shop Pirusca
- En V Television no programa Xente Emerxente:



Un saúdo Natalia...

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

No hay comentarios: