Esta é a nota informativa que facilitaron os clubes galegos, ante a celebración da IV Invernovespa.
"Como moitos xa sabedes, dende o ano 2008,cada derradeiro fin de semana de xaneiro, celebramos a xa tradicional Invernovespa que este ano celebrarala súa IV edición. Debido ao gran éxito da última Invernovespa, os Clubes de Escúteres de Galicia decidimos repetir a edición 2012 en Melide (A Coruña).
É importante comunicar antes do próximo martes día 24 a vosa asistenza, ao xantar do Domingo día 29 - Plan "A" - para poder axustala reserva do número de comensais. O prezo da comida será de 10-12 € e o menú está aínda por negociar.
O Plan "B" inclúe ademais a saída cara a Melide o día antes, sábado 28, facendo noite, para xantar alí ao día seguinte. A reserva de habitación correrá por conta de cada un. Para iso facilitámosvos o teléfono do Hotel do ano pasado, Hotel Carlos 96, telf. 981-507633.
Para todos nós, os prezos serán de 20 € a habitación sinxela e 30 € a dobre. Recomendámosvos chamar para reservar canto antes,sobre todo se queredes individual, porque non quedan moitas dispoñibles.
Abrimos xa as listas de inscrición en todolos foros. Ao apuntarse tedes que sinalar o plan que queredes ("A" ou "B"). Recordade que ademais debedes chamar ao Hotel se o voso plan é o "B"
Esperamos vervos a todos en Melide
A Organización"
+ info:
- Foro Golfos Artabros Escúter Clube
- Foro Avispados
- Foro Vespeinados
- Foro Vespagalaicos Ferrolterra
- Web Scutre Clú
- Facebook As aVespas do Lérez
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España
jueves, 12 de enero de 2012
IV Invernovespa. 28 e 29 de Xaneiro en Melide
Etiquetas:
A Coruña,
Concentracións galegas,
Invernovespa,
Lambretta,
LML,
Vespa
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario