A partir do Xoves día 1 de Xullo máis de mil Vespistas participaremos no encontro mundial de Vespas, Vespa World Days 2010, que se celebrá aquí á beira, en Fátima (Portugal). 500 quilómetros de nada que nos imos a percorrer 17 Golfos, para gozar de 4 días de Vesperismo "a lume de biqueira".
+ info:
- Vespa World Days 2010
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España
martes, 29 de junio de 2010
A Fátima, en procesión?? noooon, en Vespa!!!!
sábado, 26 de junio de 2010
Fegaclasic, hoxe e mañá en Pontecesures
Fegaclasic, a feira galega do automóbil clásico, chega este fin de semana á súa VI edición.Daranse cita en Pontecesures coches clásicos e antigos, motos, vehículos de todo tipo, maquinaria, recambios, compra-venda, pezas orixinais, etc, e este ano, queren darlle unha especial importancia a unha exposición sobre Eduardo Barreiros, fundador da mítica marca dos anos 60.
Eiquí tendes o programa de actos:
SÁBADO 26 DE XUÑO
11.00 h: Apertura da feira.
15.00 h: Comezo da 1ª FESTA DA MOTO CLÁSICA. Concentración de motos na Rúa Sagasta.
Trofeos:
- Á moto mellor restaurada.
- Á moto mellor conservada no seu estado orixinal.
- Á moto máis antiga.
- Ao piloto de máis idade.
- Ao piloto chegado de máis lonxe.
- Á moto máis singular.
17.00 h: Comezo das probas da 1ª Xincana da Moto Clásica.
Trofeos ao 1º, 2º e 3º clasificado.
19.30 h: Entrega de trofeos e petiscos para todos os participantes.
20.00 h: INAUGURACIÓN OFICIAL DA EXPOSICIÓN SOBRE EDUARDO BARREIROS.
Intervirá: Juan Gayá de Prado (representante da Fundación Barreiros). Doutor enxeñeiro industrial (promoción de 1957). Director de Desenvolvemento de Motores e Director de Desenvolvemento de Grupos Motrices.
22.00 h: Peche da feira.
DOMINGO 27 DE MAIO
10.00 h: Apertura da feira.
11.00 h: Concentración de vehículos clásicos nas rúas centrais do pobo.
Actuación do grupo folclórico Xarandeira.
13.00 h: Ofrenda floral, homenaxe e salvas con bombas de palenque no monumento ás feiras do automovil de Pontecesures.
15.00 h: Comida con todos os participantes na concentración de vehículos clásicos.
21.00 h: Peche da IV Edición de Fegaclasic
+ info:
- Fegaclasic.org
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España
miércoles, 23 de junio de 2010
O próximo fin de semana, os amigos do CLUB VESPA-LAMBRETTA CLASICA OURENSE, tambien coñecidos como os Avispados, organizan a terceira edición da súa escuterada.
O lugar da concentración será na Rúa Dr. Marañon (ao carón das Burgas), onde se poderá gozar dun bo xantar (aínda recordo a empanada do ano pasado, ñam-ñam), despois realizarase un paseo urbano polas rúas de Ourense, para posteriormente ir darse uns baños termais.
Despues do xantar comida veremos que proba sorpresa espéranos.....
Espero que o pasedes moi ben.
+ info:
- Foro dos Avispados
- Blog dos Avispados
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España
miércoles, 16 de junio de 2010
IV Concentración Moteira Internacional Mototurismo Coruña
O próximo fin de semana, o clube Moto Turismo Coruña, organiza, no paseo marítimo do Burgo (Culleredo), o sua IV Concentración Moteira Mototurismo Coruña, co seguinte progama de Actividades:
- Sábado 19 de Xuño:
11:00 h. Apertura de inscricións.
11:30 h. Xornada de educación viaria infantil.
12:00 h. Proxección adestramentos de G.P. Gran Bretaña.
14:00 h. Xantar para os inscritos.
17:00 h. Paseo en moto de todolos participantes polos arredores da Ría do Burgo.
19:00 h. II Trofeo Coca Cola Velocidade Segura.
20:00 h. Concerto de Mayday.
21:30 h. Churrascada.
23:00 h. Concerto de Coyote.
00:30 h. Sorteo de agasallos.
01:00 h. Concerto de Skarallaos.
- Domingo 20 de Xuño:
09:00 h. Almorzo para inscritos.
10:30 h. Ruta en moto de todos os participantes polas estradas do Concello de Culleredo.
12:15 h. Proyeccion do G.P.de Gran Bretaña de Moto2.
13:00 h. Mexillonada.
14:00 h. Proyeccion do G.P.de Gran Bretaña de MotoGP.
Durante todo o fin de semana haberá no espazo da Concentración:
- Inchables para os máis cativos.
- Zoas de acampada e comercial.
- Servizo de bar.
O prezo da inscrición é de 25 € e inclúe:
- Refrixerio de benvida.
- Camiseta da concentración.
- Xantar do sábado.
- Churrascada de cea do sábado.
- Zona de acampada.
- Almorzo do domingo.
- Mexillonada de comida do domingo.+ info:
- Moto Turismo Coruña
- Lugar da concentración (ao final do paseo marítimo do Burgo, pegado á ponte da autoestrada AP-9)
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España
lunes, 14 de junio de 2010
Fotos 1ro Mercadillo de Trastos Bellos en Lugo
Aínda que o tempo non acompañou, o pasado sábado achegueime a ver o 1er Mercadillo de Trastos Bellos Cidade de Lugo, e hai que recoñecer que, para ser a 1ª edición, estivo moi ben organizado e bastante completo.
Alí podías atopar de todo un pouco, motos de todos os tipos:bicicletas antigas:
, maquinaria agrícola:
,bastantes casetas de repostos tanto de coche, como de moto, bicicletas, etc:
ata miniaturas e xoguetes antíguos como esta preciosa Lambretta de pedais:
Pero bo, eu, como sempre centreime nas miñas queridas escúteres e haber había de todo, desde esta T5 por 200 €:
pasando por un par varios modelos de Vespa, por un pouco menos de 2000 €:
ata esta Vespa 150, que o dono non debía de ter moitas ganas de vender, xa que pedía a friorenta de 7000 € (vaia animalada):
Hai que recoñecer que realmente gustoume moito o ambente que se formou ao redor do mercadillo e desexo que o evento perpetúese durante moitos anos máis.
Tedes o resto das fotos neste albúm Picasa:
jueves, 10 de junio de 2010
As bicicletas son para o verán non é só unha obra de teatro escrita polo falecido Fernando Fernán Gómez, senón que se converteu nun dito máis que popular, así que, xa que temos o verán ás portas (a estación en si, porque a climatoloxía parece que non o sabe), que menos que vaiámonos preparando para gozar das nosas bicicletas, que ademais de ser beneficioso para a saúde, contribuímos a contaminar un pouco menos.
Pero, ¿como compaxinar o uso e goce da bicicleta, sen renunciar á nosa querida escúter?
Moi fácil, seguindo este exemplo:Fusión perfecta entre unha bicicleta e unha Vespa.
Non, non é un Vespino, é máis ben unha Vespacleta.
Cousa distinta é o que fixo estoutro, que se esqueceu do de non contaminar e motorizou unha bicicleta, algo así coma unha Biciclespa, xa que isto non ten nome:Pero bo, se non queredes facer uns traballos tan profundos de bricolaxe escuteril, eu propóñovos que o mellor para compaxinar escúter e bicicleta sexa axustarlle este portabicis á nosa Vespa e así non nos complicamos tanto:
E sobre todo non vos esquezades, "En Vespa e bicicleta o casco protexe a cabeza". (caralliño, que bonita rima quedoume).
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España
martes, 8 de junio de 2010
1er Mercadillo de Trastos Bellos en Lugo
Este próximo fin de semana, se non vos quereis achegar a Xixón, á 21ª edición del Eurolambretta Jamboree, podedes quedarvos un pouco máis cerca, concretamente en Lugo, para disfrutar do 1er Mercadillo de Trastos Bellos Ciudad de Lugo.O lugar onde se desenvolverá serán na Praza Seminario Menor e os horarios de apertura serán de 10:00 a 20:00 o sábado e de 10:00 a 15:00 o domingo.
Espero que comprdeis moito e gastedes pouco.
Vémonos en Lugo.
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España
lunes, 7 de junio de 2010
21º EuroLambretta Jamboree, en Xixón.

Este ano temos a península ben cargadiña, xa que as dúas reunións escuteristas máis importantes a nivel mundial celébranse con apenas dúas semanas de diferenza.
Se o primeiro fin de semana de Xullo celébrase en Fátima (Portugal) o Vespa World Days, este fin de semana (11, 12 e 13 de Xuño) celébrase en Xixón (Asturias) a 21ª edición do Eurolambretta Jamboree, ou o que é o mesmo, a máis importante concentración mundial de Lambrettas.Eiquí tendes o programa compreto para os tres días:
+ info:
- Na web do Club Lambretta de España
- A través de Facebook (Club Lambretta de España)
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España
viernes, 4 de junio de 2010
I'm Scooterist, camisetas para presumir de ser escuterista

Os amigos de I'm Scooterist acaban de pór a andar a súa tenda on-line para a venda de estas camisetas coas que poder presumir de ser un escuterista, no mundo enteiro:Teñen ata modelos de camiseta para mozas, máis entalladas:
Eiquí tendes o vídeo promocional:
De momento só teñen estes catro modelos, pero acaban de abrir un "concurso" para buscar novos deseños.
Tal e como din eles: "Só tendes que mandarnos fotos Pin ups coa vosa scooter clásica, a máis botada será a escollida. Animarvos!!" e puxeron este precioso cartel estival para promocionar esta solicitude:
+ info:
- I'm Scooterist.com
- Tenda on-line.
- Podedes tamén seguilos a traves de Facebook
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España
jueves, 3 de junio de 2010
VIII Xuntanza Motos Veteranas Deza

O calendario de concentracións de motos clásicas vaise cubrindo aos poucos, este próximo domingo vaise a celebrar a 8ª Concentración Veteranas Deza, na localidade de Silleda:+ info:
- Veteranas de Deza
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España
miércoles, 2 de junio de 2010
II Encontro de coches clásicos, históricos e deportivos de Culleredo
Así me gusta ao meu a información, repentina.
Onte empecei a ver estes carteis dunha concentración de coches clásicos este fin de semana, co que hoxe vola presento para o que lle poida interesar.Ista é a información que aparece (dende o 31 de maio, ¡vaia! iso si é antelación) na web municipal:
Datas: 4, 5 e 6 de xuño de 2010
Lugar: Paseo marítimo do Burgo
- Exposición de coches clásicos, históricos e deportivos
- Presentación da maior colección privada hispano-alemá.
- Exhibición de condución sobre asfalto esvaradío a partir das 17:30.
- Paseo de regularidade.
- Participación destacada: SUSO FERREIRO e ROBERTO LORENZO, campeóns de España de coches históricos.
Organizan: Concellaría de Promoción Económica do Concello de Culleredo e Automóvil Club Culleredo.
Lástima que só "queiran" coches clásicos, tendo en conta que o Golfos Ártabros Escúter Clube, con sede tamén en Culleredo, dispoñemos de varias Vespas e Lambrettas, tamén clásicas (e hai socios que teñen outro tipo de motos tamén clásicas), pero que se lle vai facer, estes non deben saber iso "da unión fai a forza".
Pero bo, tendo en conta que organiza o Concello de Culleredo, digo eu que non teremos problema de colaborazón, cando nos queiramos facer unha concentración de SÓ motos clásicas, ¿non?.
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España