Atopeime estas preciosas zapatillas pintadas a man:Estan feitas de encargo e inspiradas en Paris, pero o detalle da Vespa é un puntazo:
Isto se que é un traballo delicado:
As imáxes vinas en El Gran Mundo de Oz, blogue da Mercería Herradón de Madrid.
E chamoume a atención que, ata nesta mensaxe, utilizan unha imaxe dunha vespiña:
+ info:
-El Gran Mundo de Oz
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España
miércoles, 28 de marzo de 2012
martes, 27 de marzo de 2012
Fai uns días vin esta noticia nas noticias historicas de El Ideal Gallego:E sorprendeume que, fai tan só 25 anos, aínda chamaba a atención unha muller cando realizaba un traballo "propiamente masculino", percorrendo Coruña repartindo mensaxeria, sobre da sua Vespa.
Menos mal que todo iso cambiou, afortunadamente.
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España
viernes, 23 de marzo de 2012
Máis tatuaxes escuteristas ...
Outra boa coleción de tatuaxes escuteristas:Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España
jueves, 22 de marzo de 2012
Outra coleción de tatuaxes escuteristas
Este é o cuarto post sobre tatuaxes escuteristas e non deixo de sorprenderme do que me vou atopando pola rede.Esta evolución é unha preciosidade:
Magoa de non atopar a versión do final...
E os lambretteiros demostran que son fieis á marca:Este último tócame de máis de cerca.
É precioso a miña querida Lore, vémonos prima....
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España
miércoles, 21 de marzo de 2012
Chega unha nova edición da Vesparraida en Portonovo (Pontevedra)+ info:
- Foro Golfos Ártabros Escúter Clube
Vespa & Lambretta desde Culleredo > A Coruña > Galicia > España
martes, 20 de marzo de 2012
Unha volta por España , en vespa con sidecar
Esa é a aventura na que se vai a embarcar Ramon Bartual, tamén coñecido polo "Pater", polos seus disfraces de cura, bispo, etc cos que adoita presentarse en concentracións como Pingüíns.O día 16 de Xuño sairá dende seu Cheste natal, na sua Vespa con sidecar co seguinte percorrido por diante:
Aguilar de la Frontera, Granada, Ronda, Cádiz, Isla Cristina, Sevilla, Cáceres, Badajoz Salamanca, Zamora, Santiago de Compostela, Finisterre, Pontevedra, Vigo, Oviedo, Santander, Burgos, Logroño, Pamplona, Huesca, Zaragoza Teruel y regreso a Cheste ... 4.400 kilómetros de ná!!!!
Ánimo Manuel, e espero que poidamos coincidir para acompañarche, polo menos, nalgún traxecto da túa fantástica ruta.
+ info:
- Evento en Facebook
- Facebook Ramon Bartual
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España
lunes, 19 de marzo de 2012
Para os frikis como eu, Zara Home ofrécenos un fantástico colgador coa silueta dunha Vespa.É máis na propia portada da tenda on-line, aparece destacada esta:
Eu pola miña banda xa teño o meu, instalado na habitación dos cativos:
Moitas grazas Gally polo agasallo ...
+ info:Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España
martes, 13 de marzo de 2012
Unha "pepa" enterrada no xardín

Iso é precisamente o que teñen no xardín da cervecería Tia Pepa, unha Vespa GS, enterrada, pola súa banda traseira.Mágoa de non levar un martelo pneumático no peto....
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España
jueves, 8 de marzo de 2012
Se onte presentábavos unha estación de traballo feita coa parte traseira dunha Vespa, é curioso ver que o seu deseñador David Giammetta, aproveitou a parte dianteira para facer esta cadeira:E é moi curiosa porque como moitos veriamos xa, hai xente que fixo unha cadeira co escudo dunha Vespa, pero aproveitar un banco de abdominais para porlle de base, é unha solución, polo menos, distinta.
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España
miércoles, 7 de marzo de 2012
Estas fotos levan rolando un par de meses por aí, e picoume a curiosidade.Moi boa idea esta Vespa de 1968 convertida nunha estación de traballo funcional. Un moble moi creativo e cunha idea moi boa, aínda que se teño que porlle pegas, eu case aproveitaría máis o espazo interior para almacenaxe, ou, en caso de non querer utilizar un portatil, senón un computador de sobremesa, para a instalación da CPU.
Por ideas que non falte ....Proxecto desenvolvido por David Giammetta.
Visto en Furniture Design Idea.
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España
lunes, 5 de marzo de 2012
A cadeira Vespa de Antonio Calabrese
En primeiro lugar dar as grazas pola pista que me deron a traves de Facebook.
Preséntovos este precioso butacón Vespa, creación do deseñador Antonio Calabrese:Visto no blogue Vespa GT Club Italia e nel comentan literalmente:
"O deseñador Antonio Calabrese Bari deseñou, patentado e fabricado a "cadeira de brazos Vespa", que é a cadeira que incorpora as liñas da moto máis famosa do mundo.
Este moble ten un marco de madeira prensada, e de partículas, as almohadillas de caucho en diferentes densidades, o revestimento da cuberta en coiro, asento e respaldo de coiro real, un refinado acabado das costuras, o logotipo en aceiro puído, unha roda traseira neumática e dúas rodas dianteiras.
Con todo, o elemento distintivo é o faro traseiro orixinal da famosa Vespa 50 Special.
A "Cadeira de brazos Vespa" está dispoñible en branco, vermello, laranxa, verde, azul, gris metalizado, mentres que o prezo fixouse en 950 $, gastos de envío incruídos.."
O artígo orixinal eiquí.
+ info:
- Facebook
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España