miércoles, 21 de diciembre de 2016
miércoles, 1 de julio de 2015
1ª Xornada de primeiros auxilios para o motorista
As asociacións Motoleiros e Golfos Artabros Escúter Clube, organizan o próximo 11 de xullo, no auditorio da casa da cultura Pintor Lloréns da localidade de Sada (A Coruña), as 1ª Xornadas de primeiros auxilios para o motorista.
Será ás 16:30 horas cando comece a recepción dos participantes na zoa de aparcamento reservado diante da casa da cultura, para comezar cunhas charlas sobre seguridade viaria, siniestralidade e circulación en grupo.
A continuación farase un pequeno descanso e comezará a parte práctica sobre primeiros auxilios, contando coa colaboración de técnicos da Cruz Roja.
Se finalmente da tempo, farase unha pequena ruta pola localidade, pero a organización non cree que o final sexa posible.
A ventaxa desta xornadas non é só o carácter formativo básico que todos deberíamos ter, senon que as mesmas teñen un carácter solidario, xa que son en beneficio da Cruz Roja.
A inscripción é de 5 €, e a todolos inscritos daraselles un boleto para participa no Sorteo de Oro da Cruz Roja cun valor igual á inscripción.
Aló estaremos para disfrutar dunha xornada de compañia moteira, solidaridade e formación moi interesante.
Vespa & Lambretta dende Culleredo > Coruña > Galicia > España
viernes, 6 de febrero de 2015
Facebook cambia a súa política de perfís
Esta semana levanteime coa sorpresa de que Facebook non me deixaba acceder ao perfil de Vespa Lambretta Culleredo e que tiña que facelo desde un ordenador. Hoxe decidido a comprobar o que pasaba atópome con que cambiaron a sua politica de perfís persoais e só deixan que existan para identificar persoas, así que hei ter que reconverter este perfil a formato páxina.
Asi que agora si queredes seguir as miñas andanzas no Facebook teredes que facelo desde a páxina www.facebook.com/vespalambrettaculleredo, posto que a xa existente borreina para evitar duplicidades. Vémonos na redes sociais .... Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > Españamartes, 27 de enero de 2015
Rematada a VII Invernovespa con moi bo sabor de boca
O pasado domingo (25 xaneiro) celebrouse en Melide (A Coruña) a 7ª edición da xa clásica reunión escuterista galega Invernovespa.
O sábado achegámosnos/achegámonos xa ata aquela poboación unha veintena de escuteristas con ganas de gozar. Aproveitamos o bo tempo para facer unha pequena ruta para visitar o Hotel-Balneario Rio Pambre (mágoa que estivese pechado), continuando ata o Castelo de Pambre (en fase de remodelación). Un paseo precioso ao bordo do rio Pambre coa mala sorte dunha pequena caida dun dos compañeiros (sen grandes consecuencias).
A mañá do domingo amanecio moi fria pero asollada. Ás 11 da mañá comezamos a recibir aos máis madrugadores e ao resto de asistentes chegados de todas as provincias galegas.
Á unha da tarde arrincamos en ruta polas rúas de Melide, coa sorpresa e admiración a xente que se atopaba en devanditas rúas.
Á unha e media chegamos á Casa dá Cultura onde puidemos gozar da exposición fotográfica "Vespa e Lambretta en Galicia - Século XX" con material cedido por miabueloteniaunaigual.es e posteriormente gozamos da presentación do proxecto documental "Ou meu avó tinga unha igual, que empezará a rodarse na primavera.
Ás dúas e media estabamos xa sentados a comer, no Hotel-Restaurante Carlos 96, onde nos inchamos a comer caldo galego e callos, para abrir boca, e tenreira e cordeiro para rematar a "enchenta".
Trala entrega de recordos aos clubs participantes (un total de 15) por parte do concelleiro do concello Santos Lopez Novo e os agradecimientos a todos pola súa asistencia, deuse por finalizada a VII Invernovespa, desexando volver outro ano máis.
As cifras finais foron magníficas: 115 inscritos, case 90 motos participantes e centos de bos momentos.O bo de que termine unha reunión así é que xa se pensa na seguinte .... Vespalacón 2015, alá imos!!!!
Todalas fotos contidas neste artigo son propiedade do perfil de Facebook Turismo Melide. Grazas por todas elas.
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España
martes, 20 de enero de 2015
O meu avó tiña unha igual. A Exposición.
Tras máis de cinco anos de recuperación de fotográfias superando xa o milleiro, Miabueloteniaunaigual.es pasa das as pantallas á sala de exposicións.
Onte inaugurouse, a sala de exposicións da casa dá cultura de Melide (A Coruña), a exposición Vespa e Lambretta en Galicia - Século XX, onde se presentan unha pequena mostra do arquivo virtual que compón Miabueloteniaunaigual.es así como obxectos da historia escuterista galega.
Tendes ata o 1 de febreiro para achegarvos a gozar desta exposición, aínda que segundo parece esta é a primeira pero en breve anunciaranse novas datas e lugares.
Non ma perdo!!!!
E este finde INVERNOVESPA!!!!!!
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España
lunes, 12 de enero de 2015
Invernovespa en Melide
O próximo 24 e 25 de xaneiro, celébrase a xa clásica concentración anual Invernovespa, que este ano se realizará nuevamente na localidade de Melide (A Coruña)
Segundo di a organización no evento de Facebook creado para informar aos asistentes:
"Este ano temos pensado organizar unha exposición fotográfica e de obxectos escuteristas antigos en colaboración co meu avó tenia unha igual ( http://www.miabueloteniaunaigual.é/) En breve horarios da mesma.
O domingo día 25 iniciásese as inscripciones ás 10:30 horas no Pazo de Feiras de Melide. (Inscripción 12 euros, con comida e agasallo incluído)
Faremos unha pequena ruta polo concello ata chegar ao lugar da exposición onde se realizase a presentación do documental Ou meu avó tinga unha igual (en colaboración con Faino Estudo)
14:30 horas comida no hotel Carlos 96.
Rogámosvos POÑÁDESVOS en contacto coa organización a través dos distintos clubs para poder ter un numero o mais próximo de asistentes para a reserva de cubertos.
Para os mais madrugadores que queiran quedarse o sábado a durmir poden reservar habitación no Hotel Carlos 96 ( http://www.hc96.com/) teléfono 981 507 633"
Aló estaremos novamente, gozando do frio e das nosas queridas escúteres ...
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España
martes, 5 de agosto de 2014
2ª VOLTA A ESPAÑA EN VESPINO POR SUBSTITUCIÓNS.2014 Maña chegan a A Coruña
O pasado mércores 30 de xullo, ás 7:00 da mañá, arracaba desde o Concello de San Pedro do Pinatar (Murcia)a 2ª VOLTA A ESPAÑA EN VESPINO POR SUBSTITUCIÓNS. Esta volta é unha proba non competitiva na cal un único Vespino visitará, unha tras outra, as 47 capitais de provincia españolas peninsulares. Preto dun centenar de diferentes relevistas consumirán uns 180 litros de gasolina e 8 litros de aceite para percorrer un total aproximado de 7000 km en 18 etapas. Nesta ocasión o percorrido ampliarase á localidade lusitana de Braga, que formará parte do percorrido a petición dun grupo de entusiastas do Vespino desta cidade, o Clube Vespino de Braga. É unha actividade na cal pode participar calquera persoa, relacionada ou non co mundo das motos, xa que as etapas están pensadas para que a Vespino pase de man en man facendo traxectos máis ou menos curtos, sen présa pero sen pausa, a unha velocidade media aproximada de 40 km/h. Como curiosidade dicirvos que mañá miercoles dias 6 esta Volta en Vespino chegará a Galicia.
Tendes todala información en: - Foro Vespinos.net - Club de motociclismo Avespal Podedes seguilo día a día en: - Facebook - Twiter Tentaremos estar aí para recibilos como se merecen ... Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > Españajueves, 24 de julio de 2014
6ª GolfoEscuterada, sábado 9 de agosto DATA CAMBIADA
EDITADO POR CAMBIO DE DATA
O próximo sábado 9 de agosto, o Golfos Artabros Escuter Clube organiza a sua 6ª GolfoEscuterada no paseo marítmo de O Temple (Cambre).
Esperemos que o tempo acompañe para poder disfrutar dun bo churrasquiño.
+ info:
Evento en Facebook
Vémonos alí.
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España
lunes, 7 de julio de 2014
Domingo 13 de julio, Churrascada vespista en Pizz&Music
Este domingo día 13 de xullo, celebrase na pizzeria Pizz&Music, en Novo Mesoiro A Coruña, unha churrascada escuterista á que estades todos invitados a asistir. Eiquí tendelo cartel:
Vémonos aló ... Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España
martes, 15 de abril de 2014
Vesparraiada en Portonovo

Este sábado día 18 de abril, celebrase na localidade de Portonovo (Pontevedra) unha nova edizón da Vesparraida. Eiqui tendelo cartel:
.jpg)
viernes, 24 de enero de 2014
Invernovespa 2014

Mañá e o domingo celebrase unha nova cita da xa clásica cita escuteril galega, A Invernovespa, que celebrarase como en anos anteriores na localidade coruñesa de Melide. Eiqui tendes a folla de inscrizón por se querede traela cuberta.

martes, 7 de enero de 2014
Feliz ano 2014 ...
Arrancamolo ano con ganas e descubrindo o bo comezo que nos queren dar desde Lacasitos. Sortean unha Vespa moi curiosamente adornada.

miércoles, 4 de diciembre de 2013
Segway Vespa
Fai uns días empezou a pulular polas redes sociais esta imaxen dun Segway-Vespa:




viernes, 29 de noviembre de 2013
James Arthur e os mods
Para terminar la semanita y empezar el finde con buena música, que mejor que este video de James Arthur en el que hace un guiño a las tribus urbanas, sin olvidarse de los Mods.
miércoles, 27 de noviembre de 2013
VL Culleredo en Twitter
Non tiña eu poucas cousas nas que estaba metido e, non vai en tempo, arranco unha nova etapa agora en Twitter. Non sei se darame tempo para cubrires tantas redes sociais, pero intentarase. Invitovos a darvos unha voltiña por eiquí:
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > Españamiércoles, 30 de octubre de 2013
ONCE, 75 aniversario
Norabóa á ONCE polo seu 75 aniversario e a gran labor social que fan dia a día, e norabóa tamen por haber sido premiada co Principe de Asturias da Concordia 2013.
miércoles, 9 de octubre de 2013
Lambretta LD en Mango Kids
No catalogo de Mango Kids encontreime esta fantástica fotografía:
viernes, 4 de octubre de 2013
Vespulpada 2103 en Lugo (onde se non)

Un ano máis o Golfos Artabros Escuter Clube ímonos a cumprir unha tradición centenaria, ir xanatalo polbo ás festas do San Froilán en Lugo. Así levamos facendo varios anos e xa se converteu nunha costume esperada por moitos, isto conformou o que vimos chamando Vespulpada e, por suposto, está todo o mundo invitado a acompañarnos. A cita é o vindeiro domingo día 13 e sairemos da zona do Temple-Cambre sobre as 11:30 horas para facer a primeira parada, e reagrupamiento dos chegados da zoa de Ferrolterra, sobre as 12:00 horas en Betanzos. Continuaremos camiño de Lugo pola N-VI e esperamos facer a outra parada clásica na localidade de Baamonde-Begonte (Lugo) sobre as 13:30 horas. O xantar esta previsto ás 15:00 horas no restaurante Fonte do Rei I (Avda. de Madrid, 5) e alli temos previsto o seguinte menú: Primeiro: Choquitos á parrilla,luras á romana,e setas á plancha. Segundo: Pulpo con cachelos Incluíndo bebida, sobremesa a elixir,cafes e chupitos O prezo é de 20 euros por persoa e abonarase alí mesmo. Agradeceriámosvos a todos os que vos apeteza acompañarnos que nos avisásedes para reservar para todos os comensais, grazas. Teneis toda a información en Facebook no evento creado a tal fin. Xa sabedes o que din, para xantar Lugo e alí veremonos .... Vespa & Lambretta dedde Culleredo > A Coruña > Galicia > España
miércoles, 2 de octubre de 2013
Cronica e fotos do 60 aniversario Vespa España

O pasado fin de semana, logo de desprazarme máis de 500 quilómetros na TX para asistir ao 60 aniversario de Vespa España só podo resumir a concentración nunha autentica decepción. Non quero facer feridas na iaga nin culpar a ninguén pero, na miña modesta opinión, o que prometía ser o evento do ano quedouse nunha concentración ao uso, máis ben normaliña. A falta de programa e actividades foi evidente e a escusa que me puxo algún organizador, que foi por culpa da choiva, pois que queredes que vos diga, en Galicia todos sabemos que chove bastante e aquí fanse concentracións todo o ano e, a min, iso non me vale coma desculpa. Espero que esta pequena crítica (constructiva sempre) valla para que algún se mire o ombrigo e pense no que se fixo e podíase facer e, algún dos detalles da propia organización (que a min persoalmente non me gustaron nadiña), non se repitan. É unha sensación moi estraña o ires a unha concentración como esta con toda a ilusión e estar desexando que se acabe para poder regresar a casa, cousa que foi o que me paso a min. Bo agora xa pasou e queda no recordo.... O único que vos podo aportar positivo son as fotos que saquei (que coñecéndome son moi poucas):



lunes, 16 de septiembre de 2013
VI scuterada Ourensá
Un pouco máis tarde do habitual, pero máis vale tarde que nunca, os amigos do Club Vespa-Lambretta Ourense teñen organizado para o próximo fin de semana (21 e 22) a súa 6ª Scuterada que, como sempre, vai ser moi grande.















