martes, 13 de abril de 2010


Esta fin de semana, tamén en Segovia

O pasado fin de semana, ademas de levar aos nenos ao zoo e ir á Vespaniada a Ávila, tamén deume tempo a pasearme por Segovia, cidade que nunca visitara.

En plan topicazo, cando me viña á mente Segovia sempre pensaba: "Acueducto e cochinillo", pero teño que recoñecer que me sorprendeu gratamente.

O Acueducto por suposto é ESPECTACULAR, pero toda a parte antiga é digna de ver, a Catedral, a antiga sinagona, a casa dos Picos e, por suposto, 0 Alcázar, unha marabilla.

O único que entorpeceu un pouco o paseo foi que se estába celebrando o Campionato de España de duatlón contrareloxo por equipos e as rúas peonís, xa de por si estreitas, quedaban pequenas para os turistas coma eu, e os competidores, o que non daba pé a ver demasiado ben algunhas zonas.

Sorte que a miña muller ía atenta e avísome do escaparate dunha tenda de deportes:

Donde tenían, formando parte de la decoración, esta preciosa Vespa GS:

(Tendas deCarrerilla)

¿Que pensabades, que isto ía ser un post só de turismo?

Aquí estase ao que se está, e se un vai de turista fíxase nos monumentos e .... nas escúteres, por suposto, jeje.

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

lunes, 12 de abril de 2010


Fotos da Vespaniada en Ávila

Pois aproveitando que este fin de semana leveime aos nenos ao zoo de Madrid, paseime á volta por Ávila e aproveitei para ver a todos amigos e usuarios do FORO DE VESPANIA, que se deron cita alí para celebrar a V Vespaniada.


Eiquí tendes algunhas das fotos das motos asistentes, comezando por esta preciosa Vespa Primavera, que con ese colorido fai honra ao seu nome:

Preciosa tamén esta 150 con sidecar, que captou todalas miradas:


Unha intrusa entre tanta Vespa, unha Lambretta Special:

Outra intrusa, igualiña á "nena dos meus ollos":

E visto isto un queda máis tranquilo, xa que a substitución xeracional parece que está asegurada:


O resto de fotos, neste albúm Picasa:


Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

miércoles, 7 de abril de 2010


Eu Vespa, ti Jane

A imaxinación ao poder.

A verdade é que os desarrolladores de campañas de publicidade déronlle miles de voltas de porca para espremerse os miolos á hora de facer algunha campaña, porque isto de aproveitar a idea de Tarzán para un anuncio de Vespa, xa hai que pensar:


Aínda que creo que na segunda parte do vídeo (cando a que salta é a chicha) equivocáronse, xa que o lema debería ser "Io Vespa, ti Tarzán"

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

martes, 6 de abril de 2010


Esta fin de semana, V Vespaniada en Ávila

Pois si, esta fin de semana (9, 10 e 11 de abril de 2010), celébrase en Ávila a V edición da Vespaniada, ou o que é o mesmo, a reunión anual de amigos e usuarios do FORO DE VESPANIA, que intenta consolidarse como o foro por excelencia dos Vespistas españois.


Cáenos un pouco lonxe (aínda que menos que noutras ocasións) polo que non sei se haberá moita presenza galega na concentración, pero .... millor xa vos contarei.

Parabéns ao futuro club Vespavilaos, pola iniciativa. Así se comeza, pisando forte.


+ info:

- Web Vespaniada
- Blog Vespaniada
- Web Vespania

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

lunes, 5 de abril de 2010


Hoxe, Luns de Pascua

Hoxe é Luns de Pascua, día da Mona para algúns, e a "tradición obriga" a dispor dalgún ovo (ou figura) de chocolate, facilitado polos padriños aos seus afillados.

Mira que lle damos voltas ás cousas, aínda que a verdade, se non nos inventásemos cousas como estas, os padriños que, como eu, non lle facemos demasiado caso anualmente aos nosos afillados, fariámoslles menos caso aínda.


Nos paises anglosaxóns ten tambien o simbolismo do coello de pascua, que é o que trae os ovos, pero mirando un pouco a información sobre a pascua, o dos ovos orixinouse no antigo Exipto, joer se que dan voltas as tradicións.

Se queredes saber máis sobre a pascua, non deixedes de consultar este artígo da Wikipedia

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

sábado, 3 de abril de 2010


Camareiro, poñame un Vespa ben fresquiño

En Bar None Drinks (Bar sen bebidas, seguro que non é aquí en España) atopeime o que, a partir de hoxe, pedirei cando saia a tomar algo, o cóctel chamado "Vespa Jockey" ("Xinete de Vespa" na súa tradución máis literal) .


Faise mesturando sobre varias pedras de xeo:

1 1/2 oz. (45 ml) de London Dry Gin, (Xenebra de toda a vida).
1 1/2 oz. (45 ml) de Tuaca, que é un licor italiano a base de brandy.
1/4 oz. (7 ml) de Campari.

Para rematar remóvese todo moi ben e preséntase adornado cunha rodalliña de limón.


A verdade é que o debuxo dunha copa piramidal, cun cigarriño, montado sobre dunha escúter, é bastante curiosa.

O coctel foi creado por un tal Dr. Bamboo, que é un ilustrador e columnista de bebidas na revista Bachelor Pad Magazine.

+ info:

- Bar None Drinks
- Dr. Bamboo
- Tuaca
- Campari

Non fai falla que vos recorde o que din as compañias de bebidas "espirituosas" (sempre me fixo moita graza este termo):

"Bebe con moderación, é a túa responsabilidade"

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

jueves, 1 de abril de 2010


Unha Lambretta, "pra cagarse"

A verdade é que hai xente para todo.

Esta foto atopeina no Facebook e é "pra mexar e non botar gota", nunca mellor dito:


Lástima de Lambretta atrapada nun baño.

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España