O vindeiro luns, 17 de maio, ademais de ser o Día dás letras galegas, celébrase, como xa é costume, a XVI RUTA ROSALIANA EN MOTOCICLETAS CLÁSICAS.
O programa é o seguinte:
09:00 h.- Inscripcións na Plaza Roxa de Santiago
10:00 h.- Inicio da Ruta turística (que segundo me dixeron será como todos os anos pasando por Ames, Brion, Rois, Padrón)
14:00 h.- Xantar no Hotel Escala en Padrón.
17:30 h.- Reinicio da ruta con destino Santiago
O prezo da inscrición son 25 €.
Todo o que estea interesado e queira saber máis sobre as rutas, horarios ou calquera outra dúbida, que se poña en contacto coa organización no 619 971 706 ou a traves do correo electrónico motoclubcompostela@telefonica.net.
info:
- motoclubcompostela.com
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España
miércoles, 12 de mayo de 2010
17 de mayo, Ruta Rosaliana en Santiago
martes, 11 de mayo de 2010
Cirurxáns escuteristas
Acabo de chegar do Hospital, dunha consulta externa, e hai que recoñecer que é como a Administración, ti sabes cando entras pero nunca cando saes.
Que si espera a que che toque, unha vez que entras en consulta, "ohhhh, mellor se baixas a que che fagan unha placa", ala pra'baixo.
Espera outra vez, pasa á sala de raios, ponte así, ponte asá e ala pra'rriba.
Espera outra vez, e xa, por fin?? non, "vaia, esquecéronse de facer unha placa lateral", ala pra'baixo de novo.
O mesmo de antes, espera, ponte así e pra'rriba novamente.
"Pois ben, non che vexo nada ¡eh!, faite unhas sesións de rehabilitación e logo volves", volver?, pero se me quitastes as ganas.
Pois bo, logo de máis de catro horas de facer perna, conseguín saír de alí.
Durante todo o tempo que estiven alí, acordeime dun post que tiña esquecido, que pensara nunha ocasión en que tiven unha intervención cirúrxica e é referente aos gorros de cirurxián.
Si, si, eses gorros que antes eran estándar pero que a partires de series míticas coma Urxencias, Hospital Central ou Anatomía de Grey, puxéronse de moda nos nosos hospitais e claro, que un cirurxián te díga "non te preocupes, todo vai saír ben" cun gorro de conexiños na cabeza, serio serio, non é.
Se aínda fosen coma estes, manteríanme un pouco máis distraido:
Vistos en gorrosquirofano.com.
Xa vedes que haber hai para todolos gustos.
Aproveito a oportunidade para mandar un cariñoso saúdo ao amigo Nacho, bloguero de Rabudo.com, que leva máis de 15 días ingresado no hospital despois dunha intervención.
¡¡¡Ánimo Nacho!!!, que xa queda pouco.
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España
lunes, 10 de mayo de 2010
Publicidade Moss
Seguimos coa utilización dos nosos queridos escúteres clásicos para publicitarse.
Neste caso foi por parte da tenda Moss de Londres, que fixeron un percorrido por varias rúas da capital británica, montados en Lambrettas, para promocionar o lanzamento dunha nova colección de traxes e roupa desta marca escuterista.
Xa me vexo eu rodando calquera día polas rúas de Coruña co mesmo fin.
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España
sábado, 8 de mayo de 2010
Publicidade Armadillo Scooterwear
Hai que recoñecer que os creativos publicitarios cada vez son máis "salvaxes", porque para demostrar a dureza e resistencia da roupa escuterista maltratan a unha pobre Vespa PX, velo para crelo:
A roupa é da marca Armadillo Scooterwear, que ten bonitas pezas (menos mal), que valen para vestir e ademais protéxenche ao circular.
Grazas Gally pola pista do vídeo.
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España
jueves, 6 de mayo de 2010
Video do III Expoclásicos en Ferrol
E agora tocalle o turno de ver, en imaxes, os pabellóns do Expoclásicos, III Salón Internacional de Vehículos e Motocicletas de Época, celebrada no FIMO en Ferrol e á que o Golfos Ártabros Escúter Clube fumos invitados.
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España
martes, 4 de mayo de 2010
Video da V Vespaniada en Ávila
Máis vale tarde que nunca, e xa sei que pasou casi un mes, pero foi un mes bastante liado no que non tiven ni un momentiño pra subir este video da V Vespaniada en Ávila.
Espero co disfrutedes:
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España
lunes, 3 de mayo de 2010
IV Ruta internacional de Motos Antigas Terras de Padrón
O pasado sábado, 1 de Maio, como xa vén sendo costume estes últimos anos, asistín á IV RUTA INTERNACIONAL MOTOS ANTIGAS TERRAS DE PADRON (A Coruña), onde se puideron ver verdadeiras pezas de museos xunto con outras clásicas máis actuais co trote lóxico do día a día (caso do meu 160).
Saímos de Padrón sobre as 10:45 h por unha estrada de montaña moi divertida, pero cun firme un pouco inestable para as antiguallas que por alí fixemos pasar, menos mal que tardamos pouco en acceder a unha estrada con bo asfalto para poder chegar á nosa primeira parada, Noia. Exposición das motos na Alameda, petiscos e refrixerio e foto de familia:
A continuación seguimos camiño para pasar por Portosín e Porto do Son,
seguindo dirección Ribeira (por onde non chegamos a pasar) desviándonos dirección Pobra do Caramiñal, Rianxo e chegada para reagruparnos de novo en Padrón,
para ir todos xuntos ao Hotel-restaurante onde gozamos dunha boa comida e posterior entrega de premios a todos os clubs participantes (entre eles a nós, o Golfos Artabros Escúter Clube)
e o resto de premios ás distintas categorias, mellor restauración, piloto máis antigo, premio especial ás tres mulleres pilotos, a máis antiga (Unha BSA de ¡¡¡1925!!!), sinxelamente preciosa:
pero o premio no que houbo unanimidade na decisión foi o da mellor moto, unha incrible Nimbus de 1928, sinxelamente indescritible, unha auténtica xoia de museo, xulgade vós mesmos:
Unha boa ruta pero, na miña opinión, un pouco longa, tanto en tempo como en distancia.
Grazas aos amigos de Motos antigas Terras de Padrón, por habernos feito gozar de tan fantástica sesión de historia das dúas rodas.
Vémonos nas seguintes.
Teneis o resto das fotos neste albúm Picasa:
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España


