miércoles, 23 de marzo de 2011


¿Fotos ou pinturas dixitais?

Atopeime en Flickr estas fotos que parecen máis ben unhas pinturas dixitais.

Unha moi boa utilización do photoshop, a verdade.





Podedes ver estes e outros traballos deste artista na sua galeria de Flick (Scabooba1979).

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

martes, 22 de marzo de 2011


Holi, festival de cor na India

Onte, lendo a prensa, atopeime cun artigo sobre o festival Holi na India, que é unha das maiores festividades da relixión hindú, na que se dá a benvida á chegada da estación cálida.

Auga e cores cobren a millóns de indios que saíron ás rúas para celebrar este día, e isto recordoume a esta imaxe que tiña gardada desde fai un tempo:

No que me fixo graza o pé de foto " ... o costume de tirar botes de pintura aos automobilistas non cremos que sexa ben recibida por todo o mundo." Non a verdade é que non, sobre todo polo vespista, jeje.

Eiquí tendes a nova da axencia Efe.

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

lunes, 21 de marzo de 2011


Chega a Primavera...

Pois si, xa nos tardaba pero a partir de mañá xa será oficialmente primavera e o que esperamos todos é que se manteña este bo tempo que ... xa apetecía.

Así que xa sabedes a gozala a lume de biqueira porque A Primavera, o sangue altera.

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

viernes, 18 de marzo de 2011


San Patricio en Vespa

Onte celebrouse San Patricio, o día en que todos parece que somos irlandeses porque non veais a cantidade de xente que había celebrandolo onte cunha pinta na man.

Pois no Golfos Artabros Escuter Clube non ibamos a ser menos e saímos a celebrar esta data tan entrañable.

E para a ocasión portamos ata un adhesivo en conmemoración de tal "notable" data:

Esta en concreto:

E a verdade é que foi unha boa noite, na que ata acabei tomandome unha Spitfire da que xa vos falara nun post anterior.

Como se adoita dicir "para traballar non hai xente, pero para festexar!!!"

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

jueves, 17 de marzo de 2011


A miña Lambretta Special, todo un xoguete

O outro día nunha gasolineira atopeime este xoguetiño e non puiden resistila tentación de comprarmo.

Unha Lambretta Special, cun aspecto e lema tan hippie, que resulta unha declaración de intencións máis valida que nunca hoxe en día:

O blister no que viña é este:

O fabricante, Dickie Toys, pertence a un gran grupo xugueteiro con marcas tan coñecidas como Simba, Smoby ou Majorette.

Tendes máis fotos da sesión que lle fixen en Flickr.

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

miércoles, 16 de marzo de 2011


Vespa nun escaparate

Onte topeime con este precioso escaparate:

Pertence a empresa de Arquitectura Interior, Contrucción e Servizos 3h3m, e está situada en la Avda. do Exercito, 52 na Coruña.

É unha preciosa Vespa 125, a verdade...

Grazas pola pista Lucia....

Vespa & Lambretta desde Culleredo > A Coruña > Galicia > España

martes, 15 de marzo de 2011


As vespas de Frank Margerin

Frank Margerin é un debuxante parisien que leva máis de 25 anos no mundo da ilustración.

O seu personaxe máis famoso é Lucien, un rocker de comezos dos oitenta, cunha gran iconografía musical e moteira, e podémolo ver rodeado de xóvenes da súa mesma xeración, co que algunha Vespa aparece seguro, jajjjja:

Tamén atopeime con esta imaxe do propio Lucien en Vespa:

E este valo para unha concentración é fantástico:

No ano 2002, comezou unha serie nova cun personaxe chamado Momo, que é un repartidor que vai a todos lados na sua Vespa amarela (nin que fose de correos), do que publicou dous volumenes, "O repartidor" e "O gran brinco":

Moi chulos os comics a verdade:



+ info:

- Frank Margerin en Facebook
- Frank Margerin na Wikipedia
- Web de Frank Margerin

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España