Ou o que é o mesmo, Go Vespa Go:
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España
sábado, 9 de abril de 2011
British Vespa Spots
viernes, 8 de abril de 2011
Comeza o bo tempo, coa Vespa á praia
Parece que esta "masa de aire cálido con po africano", tal e como a definiu algún medio, ademais de traernos calor, levounos a algún á praia, non só a gozar do sol senón de deportes acuáticos como o surf.
E para iso hai máis dun que se apaña perfectamente ca sua Vespa:
Este esbozo explica "perfectamente" como carregar distintos vultos e ata a táboa:
E estas máis que desprazarse, están así pousando para a foto, porque senón, aerodinámica a carga non é:
Isto xa me parecería demasiado, aínda que a máis dun gustaríalle poder facelo:
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España
jueves, 7 de abril de 2011
Xantar sobre unha Vespa
Non, non é que vaia facer unha mesa cunha Vespa (anque non sería mala idea, apuntoma), hoxe mostrovos un salvamanteis que vin o outro día en El Pote, na Coruña:
Pouco a pouco imonos facendo co menaxe vespeiro para todala casa ...
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España
miércoles, 6 de abril de 2011
1ª Vesparraiada en Portonovo

O Golfos Artabros Escúter Clube, organizamos para o próximo 30 de Abril, a 1ª Vesparraiada en Portonovo (Pontevedra), co seguinte
PERCORRIDO E HORARIO
(XORNADA DIURNA DO SÁBADO 30 DE ABRIL)
12:00 h Inicio da recepción de participantes.
Os participantes comezarán a estacionar as escúteres na chaira do porto para que estas queden en exposición ata finalizar a comida e tanto os pilotos como os seus acompañantes poidan gozar dun paseo polo certame gastronómico e expositivo da Festa dá Raia e locais de hostalería dos arredores.
14:30 h Comida de confraternidade na carpa da Festa dá Raia --> Entrantes (tortilla, croquetas, ...), Caldeirada de Raia, Viño branco, Auga, pan e café (HABERÁ ALTERNATIVA DE CARNE)
16:00 h Sorteo de agasallos aos asistentes
- 1 casco jet, luvas e outros agasallos cedidos porMax Moto
- 1 casco jet, luvas e aceite cedidos por Motoron
- 10 mochilas cedidas por cerveceria Azor
- 4 bonos circuíto Termais cedidos polo Gran Talaso Hotel Sanxenxo ****
Exposición das escúteres na chaira do porto ata as 16::30 h.
17:00 h Inicio da ruta dirección O Grove (24 kms)
Durante esta ruta pasarase polo Monte Siradella onde se fará un parada para realizar unha foto de grupo de todolos participantes.
18:00 a 19:00 h Paseo en barco, con degustación de mexillóns e viño (Cruceros Pelegrín)
19:30 h Inicio da ruta dirección Portonovo (15 kms), despedida e finalización da 1ª Vesparraiada (xornada diúrna do Sábado)
A INSCRICIÓN SERÁ DE 20 €
HORARIO
(XORNADA NOCTURNA Do SÁBADO 30 DE ABRIL E DIURNA DO DOMINGO 1 DE MAIO)
22:00 h Cea de confraternidade en O rincon do Lagostino (Praza do Espiñeiro - Portonovo) - 15 € -->Tortilla, lagostinos á prancha, brochetas de rape, choquitos e lagostinos con patacas, Ribeiro, Auga, pan e café
Vesparranda nos locais nocturnos de Portonovo:
Empezando en "El agente naranja" (local estilo Mod), onde se sortearán 2 pezas de abrigo para os asistentes á Vesparraida. Ambente mod, con música sesenteira e un Vespa clásica que adornará o local.
A noite finalizará n "Discoteca Canelas" onde se sortearán Bonos para un circuíto termal no Hotel Galatea para os asistentes á Vesparraida. A entrada á discoteca será gratuíta para nós.
11:00 h Almorzo e despedida dos participantes
OS QUE SE QUEIRAN QUEDAR A La VESPARRANDA ULTIMO DIA PARA APUNTARSE SERA O MIERCOLES 27 DE ABRIL 12 NOITE.
ALOXAMENTO
O aloxamento esta previsto para realizarse no "Hotel Playa Paxariña":
Habitación dobre 24 € (con cama dobre ou 2 individuais)
Habitación dobre de uso individuall 18 €
O hotel dispón de calefacción, piscina e garaxe privado (todo incluído coa habitación)
O prezo é de Aloxamento e almorzo tipo Buffet (de 8 a 11 h) e inclúe Cafe, Leite, Zume, Bolleria, Tostadas con manteiga e marmelada e cereais.
DENDE AQUI quero expresar o meu agradecemento a todos os Patrocinadores e Colaboradores na 1ª Vesparraida e en especial a:
- Cofradía de Pescadores de Portonovo
- Concellería de Cultura del Concello de Sanxenxo
- Concello de O Grove
- E especialmente a Oscar Cortés (expiloto de vespa nas carreiras de Bouzas) pola súa marabillosa xestión no tema aloxamento.
+ info:
- Foro do Golfos Artabros Escúter Clube
- golfosartabros@gmail.com
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España
martes, 5 de abril de 2011
Vespa e Pin-up en Pulsazione
Paseando por Coruña, atopeime con este escaparate na Rua Gaiteira:
Pertence á cadea Pulsazione, A beleza é de todos, dedicada á fotodepilación, eliminación da celulitis e rexuvenecemento facial.
Na súa web podemos ver outras imaxes similares:
+ info:
- Pulsazione.es
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España
lunes, 4 de abril de 2011
Fotos do V Fegaclasic en Pontecesures
Tal e como vos comentara o outro dia, este pasado fin de semana celebróuse en Pontecesures (Pontevedra) a 5ª edición do Fegaclasic, Feira Galega dos profesionais e afeccionados ao vehículo clásico e antigo, e ata alí despraceime o sábado pola tarde para traervos esta pequena reportaxe fotográfica:





Tendes o resto das fotos que saquei neste album Picasa:
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España
viernes, 1 de abril de 2011
Vacacións en Vespa
Desafortunadamente cada vez vaise pondo máis dificil facerlle melloras ás nosas queridas escúteres, xa que a ITV estase pondo máis quisquillosa que nunca, así que o intentar homologar un enganche para levar un remolque na Vespa é case misión imposible.
Sempre quedaranos o admirar aos valentes doutros paises, que se fan quilómetros e quilómetros coa caravana a costa e coa única axuda da sua incansable Vespa:
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España


