viernes, 16 de septiembre de 2011


Numero 3 da revista Escuter Clásica

Xa está disponibre o número 3 da revista dixital e gratuita Escúter Clásica:



Ligazón para vela revista

Ligazón para descarregala revista

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

jueves, 15 de septiembre de 2011


Novo foro escuterista galego

Temos que celebrar o nacimento dun novo foro escuterista galego, Galaicos Ferrolterra.

Noraboa por esta nova aventura e sorte amigos escuteristas !!!

+ info:

- Foro Galaicos Ferrolterra

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

miércoles, 14 de septiembre de 2011


14ª Feira Internacional do Vehículo Clásico “Cidade de Oviedo”

O próximo fin de semana (17 e 18 de setembro), Oviedo (Asturias) convirtese na capital d0 vehículo clásico, xa que celebra a 14ª edición da Feira Internacional do Vehículo Clásico “Cidade de Oviedo”.

+ info:

- CochesClasicosAsturias.com

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

jueves, 8 de septiembre de 2011


IV Rally ¿A que no llueve? SC



Este fin de semana (9-11 sep) temos unha boa cita por parte dos amigos do ¿A que no llueve? Scooter Club Cantabria, que organizan en Astillero (Cantabria) o seu IV Rally A que non chove? SC

Co seguinte programa:

Venres 9 de Setembro:

A partir das 20,00h, festa de benvida no 'Pub Sansón'. C/ San José. Astillero.

Sábado 10 de Setembro:


10,00-11,30 horas: Inscricións no 'Pub Sanson', na rúa San José, Astillero.

12,00 horas: Saída Scooter Rally. (Depósitos cheos, please...).

13,00 horas: Bocadillo por conta da organización en ruta.

15,00 horas: Comida e sorteo de agasallos en Asador Cimarrón, Astillero. As motos quedarán aparcadas na rúa San José, o punto de reunión.

17,30 horas: Gymkhana, probas de habilidade e entrega de premios na rúa San José.

Carreira de motos de xoguete para os máis pequenos

19,00 horas: Exposición de scooters no Pub Sansón e barril de cervexa por conta da organización.

20,00 horas: Concerto de ?Derrúbelos? na praza do Mercado.

23.00 horas: Gran guateque scooterista cos mellores dj's do panorama nacional. Pub 'Molly Malone'. C/ Doñana, Astillero.

Domingo 11 de Setembro:

Saída para os que aguanten para tomar o aperitivo por conta da organización.


Inscricións:

- Prezo da inscrición anticipada ata o 9 de setembro: 35€.

- Prezo da inscrición ata o mesmo día 10: 40€. Os scooteristas que estean en paro, acreditándoo na mesa, poderán facer a inscrición o mesmo día 10 a 35?.

- Prezo media inscrición (sen comida): 20€: inclúe: camiseta, parche, bocadillo en ruta, barril de cervexa, gymkana, concerto, festa nocturna e aperitivo do domingo.

Nª de conta: Caixa Cantabria: 2066 0021 08 0200026080


Indicando no concepto: "INSCRIPCION RALLY", e no ordenante o voso nome e apelidos. Se nos enviades un correo a continuación reservámosvos a talla da camiseta.


+ info:

- SCCantabria.com
-aquenolluevesc@gmail.com
- 652 09 00 50 (Lucía) y 615 63 61 61 (Berto)
- Facebook

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

martes, 6 de septiembre de 2011


Reinauguración de MasterBike

O pasado venres, o concesionario Mater Bike Noroeste, reinauguró as súas instalacións ao mudarse do antigo local no polígono da Grela a un novo espazo moito máis acorde cun concesionario dunha cidade.

Alli podreis atopar, un gran taller:

Unha espectacular exposición:

E un equipo técnico que, como sempre, foi arroupado polos Golfos Artabros Escuter Clube nesta nova etapa:

Para mais información podeis achegarvos ata as novas instalacións na rua Alvaro Cunqueiro, paralela áa Avda. de Alfonso Molina, da Coruña.

- MaterBikeNoroeste.es

Ánimo amigos e moita sorte nesta nova andaina....

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

viernes, 2 de septiembre de 2011


Chega setembro

Chega setembro (COME SEPTEMBER) é un filme de 1961, dirixida por Robert Mulligan e protagonizada, entre outros, por Rock Hudson, Gina Lollobrigida e Sandra Dee.




Este filme impulsou en todo o mundo a escúter Lambretta.

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

jueves, 1 de septiembre de 2011


I Volta o Val Miñor en Vespa e Lambretta

Os amigos do VespaMiñor Scooter Club, organizan para o vindeiro sábado o seu 1ª Volta ou Val Miñor en Vespa e Lambretta

Sábado 3 de Setembro de 2011

10:30-12:00H Recepción de participantes en Mackinstation, antiga estación de tranvía da Ramallosa.

12:00-14:00H Ruta pola contorna do Val Miñor (aprox. 60km) Desde A Ramallosa sairemos dirección Baiona, subiremos polo faro de Cabo Silleiro cara a Baredo e pararemos no Cortelliño para facer a foto de familia. A continuación pasaremos por Torroña, Pinzás, Portavedra, Gondomar e regresaremos a Nigrán ata o Club Náutico de Panxón.

14:00-16:00H Comida no restaurante Nautales do Club Náutico de Panxón.

A partir das 16:00H Sorteo de agasallos e festa amenizada por Dj

Pola noite Vesparranda nos locais da zona

O prezo da inscrición é de 20? e inclúe petisco de recepción, bolsa de recordos e comida.

+ info:

- Facebook

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España