miércoles, 21 de marzo de 2012


2ª Vespa-raiada en Portonovo

Chega unha nova edición da Vesparraida en Portonovo (Pontevedra)

+ info:

- Foro Golfos Ártabros Escúter Clube

Vespa & Lambretta desde Culleredo > A Coruña > Galicia > España

martes, 20 de marzo de 2012


Unha volta por España , en vespa con sidecar

Esa é a aventura na que se vai a embarcar Ramon Bartual, tamén coñecido polo "Pater", polos seus disfraces de cura, bispo, etc cos que adoita presentarse en concentracións como Pingüíns.


O día 16 de Xuño sairá dende seu Cheste natal, na sua Vespa con sidecar co seguinte percorrido por diante:

Aguilar de la Frontera, Granada, Ronda, Cádiz, Isla Cristina, Sevilla, Cáceres, Badajoz Salamanca, Zamora, Santiago de Compostela, Finisterre, Pontevedra, Vigo, Oviedo, Santander, Burgos, Logroño, Pamplona, Huesca, Zaragoza Teruel y regreso a Cheste ... 4.400 kilómetros de ná!!!!

Ánimo Manuel, e espero que poidamos coincidir para acompañarche, polo menos, nalgún traxecto da túa fantástica ruta.

+ info:

- Evento en Facebook
- Facebook Ramon Bartual

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

lunes, 19 de marzo de 2012

Para os frikis como eu, Zara Home ofrécenos un fantástico colgador coa silueta dunha Vespa.

É máis na propia portada da tenda on-line, aparece destacada esta:

Eu pola miña banda xa teño o meu, instalado na habitación dos cativos:

Moitas grazas Gally polo agasallo ...

+ info:

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

martes, 13 de marzo de 2012


Unha "pepa" enterrada no xardín

Iso é precisamente o que teñen no xardín da cervecería Tia Pepa, unha Vespa GS, enterrada, pola súa banda traseira.

Mágoa de non levar un martelo pneumático no peto....

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

jueves, 8 de marzo de 2012

Se onte presentábavos unha estación de traballo feita coa parte traseira dunha Vespa, é curioso ver que o seu deseñador David Giammetta, aproveitou a parte dianteira para facer esta cadeira:

E é moi curiosa porque como moitos veriamos xa, hai xente que fixo unha cadeira co escudo dunha Vespa, pero aproveitar un banco de abdominais para porlle de base, é unha solución, polo menos, distinta.

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

miércoles, 7 de marzo de 2012


Estación de traballo Vespa

Estas fotos levan rolando un par de meses por aí, e picoume a curiosidade.

Moi boa idea esta Vespa de 1968 convertida nunha estación de traballo funcional. Un moble moi creativo e cunha idea moi boa, aínda que se teño que porlle pegas, eu case aproveitaría máis o espazo interior para almacenaxe, ou, en caso de non querer utilizar un portatil, senón un computador de sobremesa, para a instalación da CPU.

Por ideas que non falte ....

Proxecto desenvolvido por David Giammetta.

Visto en Furniture Design Idea.

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

lunes, 5 de marzo de 2012


A cadeira Vespa de Antonio Calabrese

En primeiro lugar dar as grazas pola pista que me deron a traves de Facebook.

Preséntovos este precioso butacón Vespa, creación do deseñador Antonio Calabrese:

Visto no blogue Vespa GT Club Italia e nel comentan literalmente:

"O deseñador Antonio Calabrese Bari deseñou, patentado e fabricado a "cadeira de brazos Vespa", que é a cadeira que incorpora as liñas da moto máis famosa do mundo.

Este moble ten un marco de madeira prensada, e de partículas, as almohadillas de caucho en diferentes densidades, o revestimento da cuberta en coiro, asento e respaldo de coiro real, un refinado acabado das costuras, o logotipo en aceiro puído, unha roda traseira neumática e dúas rodas dianteiras.

Con todo, o elemento distintivo é o faro traseiro orixinal da famosa Vespa 50 Special.

A "Cadeira de brazos Vespa" está dispoñible en branco, vermello, laranxa, verde, azul, gris metalizado, mentres que o prezo fixouse en 950 $, gastos de envío incruídos.
."



O artígo orixinal eiquí.

+ info:

- Facebook

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España