miércoles, 27 de noviembre de 2013


VL Culleredo en Twitter

Non tiña eu poucas cousas nas que estaba metido e, non vai en tempo, arranco unha nova etapa agora en Twitter. Non sei se darame tempo para cubrires tantas redes sociais, pero intentarase. Invitovos a darvos unha voltiña por eiquí:

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

miércoles, 30 de octubre de 2013


ONCE, 75 aniversario

Norabóa á ONCE polo seu 75 aniversario e a gran labor social que fan dia a día, e norabóa tamen por haber sido premiada co Principe de Asturias da Concordia 2013.

E a todo esto, o que máis chamoume a atención foi ver esta preciosa Vespa no seu anuncio do sorteo 75 aniversario.
Xa sabedes, eu quedo coa parte que me interesa ... Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

miércoles, 9 de octubre de 2013


Lambretta LD en Mango Kids

No catalogo de Mango Kids encontreime esta fantástica fotografía:

Sígueme encantando que as nosas queridas escúteres esten máis que presentes na publicidade. Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

viernes, 4 de octubre de 2013


Vespulpada 2103 en Lugo (onde se non)

Un ano máis o Golfos Artabros Escuter Clube ímonos a cumprir unha tradición centenaria, ir xanatalo polbo ás festas do San Froilán en Lugo. Así levamos facendo varios anos e xa se converteu nunha costume esperada por moitos, isto conformou o que vimos chamando Vespulpada e, por suposto, está todo o mundo invitado a acompañarnos. A cita é o vindeiro domingo día 13 e sairemos da zona do Temple-Cambre sobre as 11:30 horas para facer a primeira parada, e reagrupamiento dos chegados da zoa de Ferrolterra, sobre as 12:00 horas en Betanzos. Continuaremos camiño de Lugo pola N-VI e esperamos facer a outra parada clásica na localidade de Baamonde-Begonte (Lugo) sobre as 13:30 horas. O xantar esta previsto ás 15:00 horas no restaurante Fonte do Rei I (Avda. de Madrid, 5) e alli temos previsto o seguinte menú: Primeiro: Choquitos á parrilla,luras á romana,e setas á plancha. Segundo: Pulpo con cachelos Incluíndo bebida, sobremesa a elixir,cafes e chupitos O prezo é de 20 euros por persoa e abonarase alí mesmo. Agradeceriámosvos a todos os que vos apeteza acompañarnos que nos avisásedes para reservar para todos os comensais, grazas. Teneis toda a información en Facebook no evento creado a tal fin. Xa sabedes o que din, para xantar Lugo e alí veremonos .... Vespa & Lambretta dedde Culleredo > A Coruña > Galicia > España

miércoles, 2 de octubre de 2013


Cronica e fotos do 60 aniversario Vespa España

O pasado fin de semana, logo de desprazarme máis de 500 quilómetros na TX para asistir ao 60 aniversario de Vespa España só podo resumir a concentración nunha autentica decepción. Non quero facer feridas na iaga nin culpar a ninguén pero, na miña modesta opinión, o que prometía ser o evento do ano quedouse nunha concentración ao uso, máis ben normaliña. A falta de programa e actividades foi evidente e a escusa que me puxo algún organizador, que foi por culpa da choiva, pois que queredes que vos diga, en Galicia todos sabemos que chove bastante e aquí fanse concentracións todo o ano e, a min, iso non me vale coma desculpa. Espero que esta pequena crítica (constructiva sempre) valla para que algún se mire o ombrigo e pense no que se fixo e podíase facer e, algún dos detalles da propia organización (que a min persoalmente non me gustaron nadiña), non se repitan. É unha sensación moi estraña o ires a unha concentración como esta con toda a ilusión e estar desexando que se acabe para poder regresar a casa, cousa que foi o que me paso a min. Bo agora xa pasou e queda no recordo.... O único que vos podo aportar positivo son as fotos que saquei (que coñecéndome son moi poucas):

- Eiqui tendes o album co resto de fotos Sento moito que isto poida ferir a alguén pero considero que as cousas hai que dicilas. Sorte nas próximas. Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

lunes, 16 de septiembre de 2013


VI scuterada Ourensá

Un pouco máis tarde do habitual, pero máis vale tarde que nunca, os amigos do Club Vespa-Lambretta Ourense teñen organizado para o próximo fin de semana (21 e 22) a súa 6ª Scuterada que, como sempre, vai ser moi grande.

O sábado 21 trala inscripción farase unha visita a Termatalia, despues realizarase unha cea no pub Pop. O domingo 22 trala inscripción, fotografa etc. na Praza Maior da man dos coches clásicos, iniciarase un paseo urbano para finalizar comendo con eles no Campo dá Feira. Tras isto unha ruta (aínda non foi desvelada, pero aseguran que nos gustará), ao chegar ao destino, refrescos, sorteos, premios e.... despedida!!!! O prezo por inscrito é de 15€, prezo ÚNICO. Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

viernes, 13 de septiembre de 2013


60 aniversario Vespa España

O último fin de semana de setembro (29 e 29), celébrase en Ávila, o 60 aniversario de Vespa España e alí verémonos. O programa do 60 Aniversario Vespa España é este: - Venres 27 setembro: ? de 20:00 a 23:00 horas: Apertura de inscripciones. Realizarase no bar Dvinos, situado na avda. Portugal (Ávila), onde gozaremos de canas e picoteo para todos - Sábado 28 setembro: ? de 9:00 a 11:00 horas: Recepción dos participantes máis atrasados e almorzo para tod@s. ? sobre as 11:30 horas (aprox.): Saída desde a cuberta multiusos, para realizar un percorrido polo complexo histórico de Ávila, con parada na praza de santa teresa (mercado grande), onde gozaremos da visita á o complexo amurallado de Ávila, acompañados polo club Vespavilaos, con cañita mañanera. ? sobre as 13:30 horas (aprox.): Ruta pola coidade para chegar ata a zona onde se realizase a comida. Espéranos unha gran paellada para todos os participantes, no parque de ?O Soto?. ? sobre as 15:30 horas (aprox.): Levaremos a cabo a entrada (incluída para todos os participantes), á feira vehículos clásicos populares, situada na cuberta multiusos, onde haberá diferentes stand do mundo do motor, un stand de Vespa, onde se poderán ver vespas de todas as épocas (incluída a nova Vespa 946) e o stand de Vespa Club Vigo e Vespavilaos Ávila, con moitas sorpresas para todos. ? sobre as 17:00 horas (aprox.): Gozaremos de exhibicións, aerografías en directo e agasallos para os participantes. Contaremos tamén, en todo momento, coa presenza de Antonio Veciana (que realizou a volta ao mundo en Vespa en 79 días) e Carlos Riquelme, cuxa meta é realizar a ?volta ao mundo a cachos?, co seu vespa e tamén si acorda (a última hora) Diego Celaya, este último coa súa recente volta a España. Os ?tres? nos deleitarán coas súas experiencias? posteriormente, tempo libre para os asistentes. ? ás 21:30 horas: Cea no hotel ?catro postes?, con menú pechado para todos os asistentes. ? sobre as 23:30 horas (aprox.): Entrega de trofeos e agasallos para os asistentes, música e bebidas para tod@s con prezos populares, para todo aquel que queira continuar a festa? - Domingo 29 setembro: ? ás 09:00 horas: Almorzo vespero ? ás 10:30 horas (aprox.): Despedida e pechadura do evento para o máis afastados. ? ás 11:30 horas (aprox.): Ruta pola cidade de Ávila, para os que se queden ha gozar dun domingo diferente. Prezo da inscripción: 30 euros en Ávila e 39 euros desde Vigo . A inscripción inclúe: - almorzo vespero(venres, sábado e domingo) - cañitas de venres e cañita mañanera de sábado - visita da muralla e á feira de vehículos clásicos populares - comida vespera (comida para venres dos inscritos desde Vigo con refrigerios para viaxe) - cea confraternidad do sábado 28. - trofeos e sorteo de agasallos
Más info no Facebook: - Evento 60 aniversario Vespa España - Vespavilados - Vespa Club Vigo O dito alí estaremos varios Golfos Artabros .... Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España