miércoles, 4 de diciembre de 2013


Segway Vespa

Fai uns días empezou a pulular polas redes sociais esta imaxen dun Segway-Vespa:

Agora que atopei estas fotos máis claras do aparato en cuestión:
É obra do estudio creativo bel&bel situado en Barcelona, o cal xa nos deleitara coa creazón da butaca Vespa e, agora, deron un paso máis na reutilizazón das nosas queridas escúteres, con esta versión ecolóxica dunha vella Vespa. Xa me gustaría probalo pero caeme un pouco lonxe ... algún dia. Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

viernes, 29 de noviembre de 2013


James Arthur e os mods

Para terminar la semanita y empezar el finde con buena música, que mejor que este video de James Arthur en el que hace un guiño a las tribus urbanas, sin olvidarse de los Mods.

Aqui teneis el video completo, que lo disfruteis: Vespa & Lambretta desde Culleredo > A Coruña > Galicia > España

miércoles, 27 de noviembre de 2013


VL Culleredo en Twitter

Non tiña eu poucas cousas nas que estaba metido e, non vai en tempo, arranco unha nova etapa agora en Twitter. Non sei se darame tempo para cubrires tantas redes sociais, pero intentarase. Invitovos a darvos unha voltiña por eiquí:

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

miércoles, 30 de octubre de 2013


ONCE, 75 aniversario

Norabóa á ONCE polo seu 75 aniversario e a gran labor social que fan dia a día, e norabóa tamen por haber sido premiada co Principe de Asturias da Concordia 2013.

E a todo esto, o que máis chamoume a atención foi ver esta preciosa Vespa no seu anuncio do sorteo 75 aniversario.
Xa sabedes, eu quedo coa parte que me interesa ... Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

miércoles, 9 de octubre de 2013


Lambretta LD en Mango Kids

No catalogo de Mango Kids encontreime esta fantástica fotografía:

Sígueme encantando que as nosas queridas escúteres esten máis que presentes na publicidade. Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

viernes, 4 de octubre de 2013


Vespulpada 2103 en Lugo (onde se non)

Un ano máis o Golfos Artabros Escuter Clube ímonos a cumprir unha tradición centenaria, ir xanatalo polbo ás festas do San Froilán en Lugo. Así levamos facendo varios anos e xa se converteu nunha costume esperada por moitos, isto conformou o que vimos chamando Vespulpada e, por suposto, está todo o mundo invitado a acompañarnos. A cita é o vindeiro domingo día 13 e sairemos da zona do Temple-Cambre sobre as 11:30 horas para facer a primeira parada, e reagrupamiento dos chegados da zoa de Ferrolterra, sobre as 12:00 horas en Betanzos. Continuaremos camiño de Lugo pola N-VI e esperamos facer a outra parada clásica na localidade de Baamonde-Begonte (Lugo) sobre as 13:30 horas. O xantar esta previsto ás 15:00 horas no restaurante Fonte do Rei I (Avda. de Madrid, 5) e alli temos previsto o seguinte menú: Primeiro: Choquitos á parrilla,luras á romana,e setas á plancha. Segundo: Pulpo con cachelos Incluíndo bebida, sobremesa a elixir,cafes e chupitos O prezo é de 20 euros por persoa e abonarase alí mesmo. Agradeceriámosvos a todos os que vos apeteza acompañarnos que nos avisásedes para reservar para todos os comensais, grazas. Teneis toda a información en Facebook no evento creado a tal fin. Xa sabedes o que din, para xantar Lugo e alí veremonos .... Vespa & Lambretta dedde Culleredo > A Coruña > Galicia > España

miércoles, 2 de octubre de 2013


Cronica e fotos do 60 aniversario Vespa España

O pasado fin de semana, logo de desprazarme máis de 500 quilómetros na TX para asistir ao 60 aniversario de Vespa España só podo resumir a concentración nunha autentica decepción. Non quero facer feridas na iaga nin culpar a ninguén pero, na miña modesta opinión, o que prometía ser o evento do ano quedouse nunha concentración ao uso, máis ben normaliña. A falta de programa e actividades foi evidente e a escusa que me puxo algún organizador, que foi por culpa da choiva, pois que queredes que vos diga, en Galicia todos sabemos que chove bastante e aquí fanse concentracións todo o ano e, a min, iso non me vale coma desculpa. Espero que esta pequena crítica (constructiva sempre) valla para que algún se mire o ombrigo e pense no que se fixo e podíase facer e, algún dos detalles da propia organización (que a min persoalmente non me gustaron nadiña), non se repitan. É unha sensación moi estraña o ires a unha concentración como esta con toda a ilusión e estar desexando que se acabe para poder regresar a casa, cousa que foi o que me paso a min. Bo agora xa pasou e queda no recordo.... O único que vos podo aportar positivo son as fotos que saquei (que coñecéndome son moi poucas):

- Eiqui tendes o album co resto de fotos Sento moito que isto poida ferir a alguén pero considero que as cousas hai que dicilas. Sorte nas próximas. Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España