jueves, 4 de septiembre de 2008


Unha de pin-ups

Segundo define a Wikipedia, "Unha pin-up é unha modelo cuxas fotografías figuran, principalmente, nas portadas das revistas ou en calendarios, etc", ou sexa que calquera podería selo.

Ao meu persoalmente, o termo pin-up recórdame máis aos debuxos de mulleres que decoraban e daban nome aos avións na segunda guerra mundial.

Actualmente creo que a famosa máis representativa dunha pin-up moderna podriamos atopala en Pilar Rubio, colaboradora do programa ""Se lo que hicisteis" de la Sexta.

Pero o interesante de todo isto son os complementos que atopei para todas estas Pin-ups na web hidrogen 2 foxygen, os cales defínense como un portelo único para Pin-up Girls, Ladies Vintage, Retro Muller, Rockabilly pollitos, badass punks. Os complementos dos que vos falaba son da marca xaponesa Miso Pretty e son estes:

espelliño, espelliño, que fai esta moza nunha vespa con side levando flores? sen tapar ¿non ves que che voan?

¿Non sería mellor que o levases nesta bandexa?
ou xa postos, neste bolso

ou, por qué non, neste monedeiro, anque isto máis parece un recipiente para o arroz
Pero para cando chegue ao seu destino, que mellor que aplicarse esta crema de mans e corpo, con extracto de aceite de bambú e manteiga muru muru, para manter a pel suave durante moito tempo.


Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

miércoles, 3 de septiembre de 2008


Vivir aquí

Este é o título dun programa de a Galega (Compañia de Radio Televisión de Galicia), que se emite os mércores ás 23:00 horas.

Segundo di na ficha do programa:

"Vivir aquí é un programa que escoita aos cidadáns. Isabel Durán e Xosé Luís Bernal "Farruco" conducen este espazo semanal en que é imprescindible a súa participación. Queremos contar historias reais de xente coma vostede e para iso temos un contestador automático as 24 horas do día no 902 90 52 60. Pero tamén sabemos que unha imaxe vale máis ca mil palabras, e por iso pódenos mandar fotos ou vídeos a esta páxina web. Non lle podemos prometer que a súa historia vaia ocupar grandes titulares nos informativos, pero si lle prometemos unha cousa: Ímolo escoitar.

Pero xa fora dos contidos ou orixinalidade do programa o que me chamou a atención foron os créditos do programa, no que se ve aos dous presentadores a lombos dunha preciosa Vespa:




Sorte co programa a Isabel e Farruco.

Podedes ver videos do programa en TVG a la carta.

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

lunes, 1 de septiembre de 2008


O scooter de Monty

Para comezar a falar de debuxos scooteristas nada mellor que facelo cun paisano debuxante , Miguelanxo Prado.

Fai un par de anos publicou o comic MANUEL MONTANO: O MANANCIAL DA NOITE editado por NORMA EDITORIAL, o cal chamoume a atención pola súa portada:


así que tiven que abrila e lelo, e a verdade é que me gustou.

Aí vaivos a sinopsis:

Manuel Montano, un detective en grao sumo singular, que vai polas noites investigando certos casos que lle van xurdindo por azar, e en busca de "O manancial da noite"; vivindo como pode, cheo de débedas coa caseira do seu piso, pero con amigos entrañables.


Seis historias en grao sumo variadas, onde Montano (alias Monty), percorre a cidade no seu particular Scooter, resolvendo casos como o secuestro dunha xaponesa, o roubo dun diñeiro nunha piscina nudista, a lea no que lle mete unha atractiva mulata nun bar, a desaparición dunha moza ou simplemente unha partida de cartas ao final da noite.


Para o guión acompáñolle Fernando Lúa, pai do personaxe (Manuel Montano), que naceu no seu programa radiofónico de Radio 3.


Fonte: El coleccionista de tebeos

E sobre o autor hai que dicir que Miguelanxo Prado é coñecido mundialmente polo seu proxecto máis ambicioso, a longametraxe "De Profundis”, a primeira película que ten como base, pinturas ao óleo dotadas de movemento e con música do compositor Nani García, baixo a batuta da Orquestra Sinfónica de Galicia, aínda que Miguelanxo tambien é o director do Salón do Comic de A Coruña “Viñetas desde o Atlántico", así como ilustrador de libros e revistas.


Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

viernes, 29 de agosto de 2008


Nova sección (dibuxos scooteristas)

Comezo hoxe unha nova sección sobre os debuxos, acuarelas, mosaicos, banda deseñada e todo tipo de impresións gráficas realizadas, tendo como común denominador os scooters.

Tituleina tan orixinalmente como:

ou como non matar moito á neurona.

E para empezar esta nova sección, tócame a min tirar a primeira pedra.

Non son un bo debuxante (iso nin de cerca) e moito menos gráfico, pero creo que todos facemos trazos co Paint algunha vez, así que atrevinme cunha especie de logo do blog e saíume algo así:


Se houbese unha votación popular creo que tería menos puntos que o Chiki Chiki en Eurovisión.

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

martes, 26 de agosto de 2008


Fotos III concentración de Vehículos Clásicos Concello de Miño

Pasou o dia, pasou a romeria, como se adoita dicir.

Moi boa a concentración de Vehículos clásicos na Praia Grande de Miño, sempre loce mellor cando o sitio ten moito espazo como era neste caso.

Tedes todas as fotos no seguinte album Picasa:

III concentración de Vehículos Clásicos Concello de Miño

Pero coas que eu me quedei, coma sempre, é cos scooters, comezamos coa Vespa 125 L de Ricardo, unha preciosidade:





Esta Vespa Sprint 150 con side era unha marabilla, o meu fillo non puido resistir a tentación de montarse en, como o chamou, "descapotable pegado a la moto", dous anos e medio dan para moita imaxinación, aquí a tedes:






E esta Vespa 160 apareceu pouco despois de acabar de facer case todas as fotos na concentración, así que dínme a volta e fun a sacarlle estas instántaneas:





E despois de sacar as fotos púxenme a falar co dono, Fernando, un mozo de Fene, que me dixo que a tiña en venda.

Logo de darlle voltas durante unhas horas, que vos parece? acabei comprandolla, así que xa sabedes,

¡¡¡ XA ESTOU MOTORIZADO !!!

e teño que dicirvos que, tras facerlle os primeiros 100 kms, estou encantado.

E agora, a rodar e gozar.

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

miércoles, 20 de agosto de 2008


III Concentración Vehículos Clasicos en Miño

Non saímos dunha e metémonos noutra.

Cando aínda estamos degustando a experiencia do domingo pasado, coa celebración do I Encontro de Motos Clásicas de Oleiros e o XIX Rally Teresa Herrera de Automóbiles Clásicos e Históricos, agora preséntallenos a III concentración de Vehículos Clásicos Concello de Miño, para este sábado 23 de Agosto.


Este ano, a organización, abre a convocatoria tamén para as motocicletas clásicas. Moitas, moitas grazas.

Pero non só iso, senón que ademais, ao longo de toda a xornada, celebrarase un MERCADILLO CLÁSICO, con múltiples casetas de recambios novos, usados, maquetas, revistas, libros, roupa, cromados, son... (tal e como citan no cartel da concentración que podedes descargar aquí)

O programa que nos propón é o seguinte:

10,00 h. Apertura de inscricións
12,30 h. Ruta turística polo Concello
14,30 h. Comida
16,30 h. Exhibicións de coches radiocontrol e Karts.
19,00 h. Entrega de premios.

A continuación haberá exhibicións de Javier García (Opel Ascona 2000) e de Pedro Burgo (Kart-Cros)

E ata as 20,30 horas calculan que permanecerán todos os vehículos concentrados, momento no que se dará por finalizada esta III edición.

Así que xa sabeis, este sábado 23 de agosto, na contorna da Praia Grande de Miño, a III Concentración de vehículos clásicos espera congregar a máis dun centenar de vehículos, e para iso eu propoño que nos vaiamos

¡¡¡ TODOS A MIÑO !!!

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

martes, 19 de agosto de 2008


Fotos I Encontro de motos clásicas de Oleiros

Celebrouse con exito o I Encontro de motos clásicas de Oleiros e teño que dicir que, para ser o primeiro, a verdade é que me encantou.

Chapó pola organización, o lugar elixido e o ambiente.


Moi bos detalles, como o pirograbado co nome do certame e a moto metálica:

ou o café con madalenas para todos os asistentes.

No lugar congregáronse medio centenar de clásicas cunhas restauracións moi boas.

Entre tanta Bultaco, Montesa u Ossa tiña que haber, por suposto, algunha Vespa.

Preciosa esta Vespa 125 de faro baixo:







Ou esta Vespa 125 Primavera, cun verde, valla a redundancia, moi primaveral:




Tambien polo lugar achegouse esta Vespa TX 200, que, aínda non habendo adquirido a condición de clásica, pouco lle falta:



E xa que era unha festa de motos clásicas, que menos que levar unha atracción tambien clásica, as inconsumibles lanchas:



O único que botei de menos foi a aparición dalgunha Lambretta, pero bo, que se lle vai a facer, espero levala eu o ano que vén.

Tedes todas as fotos do encontro no seguinte albúm Picasa:

1º ENCONTRO MOTOS CLASICA OLEIROS

Pero non só de motos vive o home, ese mesmo día o Coruña Veteran Car, organizou o XIX Rally Teresa Herrera, tedes todas as fotos dos coches participantes no seguinte albúm Picasa:

XIX Rally Teresa Herrera

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España