O anterior post sobre a concentración de policías motoristas recordoume un aniversario non menos importante, os 50 anos da formación da Garda Civil de Tráfico.
Amados por uns, odiados por outros pero sempre presentes nas nosas estradas.
Noraboa e a cumprir outros 50 (ou máis) anos.
E a que vén todo isto?, o outro día tívenme que achegar a facer unha xestión e resulta que nun cartel conmemorativo do aniversario estaban de fondo, a modo de filigrana, varias fotos antigas de intervencións dos de tráfico e pareceume distinguir unha escúter entre todas elas, achegueime a asegurarme e efectivamente, non estaba equivocado. Logo de moito buscar en l'internete (din que se non esta aquí é que non existe) localicei finalmente a foto, que resultou ser esta:
Non se se a intervención dos gardas no accidente foi real ou unha montaxe para unha antiga campaña de seguridade, a verdade é que a Vespa 125 con sidecar loce preciosa.
E falando de accidentes, fai moito tempo que teño este debuxo e paréceme un bo momento para sacala:
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España
viernes, 28 de agosto de 2009
50 aniversario Tráfico
miércoles, 26 de agosto de 2009
10ª Concentración internacional de policias motoristas - IPA
Esta fin de semana Coruña convírtese na ciudade máis protexida, xa que vaise celebrar a 10ª edición da Concentración Internacional de Policias Motoristas, organizada pola IPA (International Police Association) en Galicia.
O programa de actos é o seguinte:
Venres, 28 de Agosto:
- 16 h. incripcións
- 17:30 h visita ao Monte de San Pedro e á Torre de Hércules
- 21 h presentacíon do video da edición 2008 e cea
- A medianoite queimada (a estes non lles poñen o globo) e festa moteira
Sábado, 29 de Agosto
- 10:30 h saida dunha ruta cara a Malpica
- Sesión vermuth (seguen sen poñerlles o globo), xantar e sorteo de agasallos.
- 17:30 h regreso hacia Coruña.
- 19 h misa moteira nos Xardíns de Mendez Núñez
- 21:30 h Cea en Palexco
- Despois da cea, o acto máis espectacular e entrañable, desfile de antorchas coma homenaxe aos motoristas finados.
- Ao regresar, dalle con máis festa moteira
Domingo, 30 de Agosto
- 10 h almorzo e ruta de despedida pola cidade.
Non sei se chegará algún participante en Vespa ou Lambretta, o que si é certo, é que máis dun destes axentes teñen unha escúter clásica agochado a bon recaudo na sua garaxe.
+ Info:
- Ipa Galicia
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España
viernes, 21 de agosto de 2009
I encontro de vehículos clásicos de Culleredo
Esta fin de semana realizarase o I encontro de vehículos clásicos concello de Culleredo.
Mañá, sábado 22, será a concentración na explanada da igrexa de Vilaboa e pasado mañá, domingo 23, a concentración trasladarase ao campo da festa do Burgo, onde haberá unha exhibición de habilidade.
Espero que todo saia ben, xa que parece que o tempo vai acompañar, e repitase este tipo de encontros durante moitos anos.
Lástima que eu teña a 160 sen pistón, senón uníame como un participante máis desta festa automovilística.
Anímovos a tod@s a pasar unhas xornadas cheas de historia da automoción.
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España
miércoles, 12 de agosto de 2009
II encontro de motos clásicas de Oleiros
E se vos parecía un pouco lonxe a concentración de Verín esta fin de semana, chega por fin a 2ª edición do Encontro de Motos Clásicas de Oleiros, este domingo día 16, a partires das 10 horas.
Eiquí tedes o valo:
Espero ter reparada a 160 e vemonos alí.
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España
lunes, 10 de agosto de 2009
Xa regresei, e con ganas de marchaaaaa!!!
Xa estou eiquí de novo.
Despoís desta paréntesis de retiro espiritual volvo á carrega coas miñas historias, chorradas e paranoias, así coma as novas que, a min, parecenme de interese.
Así que re-comezamos:
Recibin un mail moi interesante, sobre a primeira concentración de Vespas-Lambrettas en Verín (Ourense), así que, seguindo o espíritu de apoio das novas (e escuteriles) propostas, traiovo hoxe ista, por se fora do voso interese:
Aledame que, cada vez máis, vaiase animando máis xente a organizar este tipo de eventos, xa que, no fondo, esta afición levamola moitos moi adentro, pero, por outro lado, e a modo de crítica, só dicirlles aos organizadores que para a próxima vez escollan unha data mellor no calendario de clásicas, xa que Verín en agosto é unha das vilas con maior temperatura de España, así que, o que se anime, que se leve o abano.
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España
lunes, 20 de julio de 2009
Crónica V Concentración Motos Clásicas Concello de Zas
A pesares das previsións o día comenzou nubrado e cunha lixeira saraiba, así que puxemonos rumbo a Zas ben "enfundados".
Despóis dunha horiña de viaxe e unha vez achegados a Baio, xa comezamos a xuntarnos a outros asistentes á concentración.
Na Praza do Concello de Zas xa empezabanse a ver moitas máquinas deseosas de facer quilómetros.Feita a inscripción (simbólica) e despois de recibiren unha camiseta e un pañuelo conmemorativo, arrincamos a unha (longa) ruta sen abandonala chovizna que nos acompañou unha boa parte da xornada.
Unha volta polas ruas de Zas e Baio e continuamos camiño a Vimianzo, para enlazar coa carretera de Camariñas, non sen antes facer unha parada (bastante rara, xa que se fixo no medio da carretera) para repostar en Ponte do Porto.
Continuamos ruta cara a Camariñas e o día xa empezaba a mostrarnos unha mellor faciana.
Subida hasta as fantásticas paisaxes do entorno do faro de Cabo Vilán (onde fixemos outra parada), para retornar de novo ao paseo marítimo de Camariñas, para tomar un refrixerio.E arrincamos de novo para facer a etapa final da ruta, nesta ocasíón, xa acompañados dun sol de xustiza.
De Camariñas a Vimianzo, despois a Baiñas e finalmente Zas de novo, para subir hasta a Ermida de San Roque, onde esperabanos un xantar campestre (a base de churrasco, chourizo e pan) nun merendeiro no entorno da ermida.
A miña máis sinceira noraboa á organización, por brindarnos unha concentración tan ben organizada.
100 kms de ruta pola comarca, oitenta e tantas motos inscritas e máis de cen participantes deixaronme un máis que bo sabor de boca.
A nota "negra" da xornada sucedéume cando voltaba a casa, xa que, unha vez que parei a repostar en Agualada (Coristanco), a Vespa 160 non quixo arrincar máis, e tivose que vir de volta no gindastre da asitencia en carretera.
¿Que lle imos facer? C'est la Vie
Tódalas fotos da ruta nesta ligazón ao álbume Picasa.
Tamén podedes disfrutar deste video da parada no faro de Cabo Vilano:
Vespa & Lambretta desde Culleredo > A Coruña > Galicia > España
viernes, 17 de julio de 2009
5ª concentración motos clásicas concello de Zas
Este domingo celébrase a V CONCENTRACIÓN DE MOTOS CLÁSICAS CONCELLO DE ZAS.
A receción será ás 10:00 horas na praza do Concello e despóis realizarase a seguinte ruta:
Zas - Baio - Vimianzo - Camariñas - Cabo Vilano - Camariñas - Vimianzo - Baio Uns 75 quilómetros disfrutando dunha boa carretera e unhas vistas impresionantes da Costa da Morte dende o fantástico enclave do Cabo Vilano.
Ao rematala ruta, xantaremos en Baio.
Para os que lles interese, o domingo estaremos no Lidl da Avda. de Arteixo da Coruña, ás 08:30, para arrancar ás 09:00 h., estades todos convidados a acompañarnos.
+ info:
- Web do Concello de Zas
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España


