Este é o derradeiro post deste ano que remata, pero tamén podería selo primeiro do ano que comeza.
A todolos que seguistedes este humilde blog (e aos que non), mil grazas, non sabía que as miñas paranoias e divagacións poderían ter algún interese para alguen máis ca min.
Desexo que para o ano que comeza se cumpran todolos vosos obxetivos e, que o máis bo do 2009 convertase no peor que vos aconteza no 2010.
Un saúdo a tod@s.
Fas
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España
miércoles, 30 de diciembre de 2009
O derradeiro post do 2009
lunes, 28 de diciembre de 2009
Máis agasallos para reis
Non só importa ou agasallo en si, senon que moitas veces é máis importante que ou emboltorio non desvele o que contén, xa sexa con cartón: 
ou con plástico:
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España
sábado, 26 de diciembre de 2009
Video "A Vespa Christmas in Seoul"
Hai que vela cabalgata de Papa Noeles que se montaron en Seul:
Eiquí tédela ligazón.
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España
viernes, 25 de diciembre de 2009
miércoles, 16 de diciembre de 2009
Outro agasallos vespeiros
A incombustible Barbie, que cumpreu xa os 50, ten entre os seus accesorios, coma non, unha Vespa en varias cores: 






A substitución xeracional, as My Scene, tamén dispón deste bo medio de transporte: 
Pero o que máis me chamou a atención é o Baby Born:
E pregúntome eu, que deseñador de Zapf Creation ocurriouselle a idea de montar a un bebe nunha vespa? Porque o do boneco bebe o máis realista posible está ben, pero mellor que queden co de tomar o bibe, facer pipí e popó e deixen o de montar en escúter para cando sexan mozos.
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España
lunes, 14 de diciembre de 2009
Algunhas ideas para agasallar en Nadal
Xa cada vez falta menos para o Nadal, esa época tan consumista do ano, asi que, que menos que comezar a mirar que agasallos interesantes podemonos atopar.
Hoxe traiovos un balancín vespeiro a mar de logrado:


A verdade é que non lle falta detalle: 
Vino en Motoblog.it, e segundo din, esta Vespa Rocking Horse está feita de fibra de vidro, metal e coiro de imitación para o asento, o traballo dun artista certamente.
Que sorte que ten o pequeno Diego:
e que contento que se lle ve.
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España
domingo, 13 de diciembre de 2009
Video da escuterada en León
Como non so de fotos vivimos os escuteristas, permitínme grabar estes videos, no xantar e nas carreiras de lentos (e non tan lentos) que fixemos despois, nos postres.
Moi divertido si, e dificil tamén, hai que recoñecerlle o mérito os que son capaces de montar tan despacio nas escúteres.
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España



