lunes, 14 de marzo de 2011


Fotos e videos do Vespalacón

Pois si, xa pasou o III Vespalacón e, a pesar do mal tempo que se esperaba, ao final quedou unha xornada bastante agradable, xa que a choiva polo menos respectou o percorrido da ruta.

Despues dun fantástico exorcismo do Pai Merino,

arrincamos por unhas estrada ondulantes perfectas para gozar, parada para o bocadillo e foto de familia:

Continuamos gozando das estradas de Cuntis e Moraña, e ata este último foi onde fixemos a segunda parada e aproveitamos para encher.

Alí menos mal que se encotraba este "axente da Garda Sivil" para axudar a organizarnos e regular ao noso paso:

Cando chegamos de volta a Cuntis, estacionamos á beira da megacarpa da Festa do Lacón con Grelos, onde nos estaban esperando os jallejeros pachanjeiros do programa Land Rober da TVG:

A comida, coma sempre, a rebentar, e os agasallos pois foron bastante repartidos, especial a mención aos clubes Vesperdidos de Valladolid e Vespa pa pa de Zamora, por habernos acompañado nesta edición.



E a Vespa Primavera??? quen a gañou??? pois aínda non se sabe, o número premiado foi o 2951 e aínda non apareceu, pero bo, ten 15 dias para reclamala.

Bo e eu non me podo queixar, que me tocou un casco Lem, yuju!!!

Tendes todalas fotos neste album Picasa:



Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

viernes, 11 de marzo de 2011


Pixelpoort en Vespa

O outro día, cando estaba na sala de espera dun médico, revisando as revistas que tiñan a única que non era exclusivamente de contidos femininos foi Diseño Interior, onde topeime con este artigo sobre un túnel peonil e para bicicletas nunha localidade holandesa, o chamado Pixelpoort:

"Túnel en Zaandam (Holanda) en 60 segundos

Un túnel en Holanda convértese nun paseo polo país, onde os estereotipos e as sorpresas mestúranse con gran acerto. Trátase dunha experiencia diferente de arte urbana na que os autores implicaron á poboación da zona. Pixelpoort -subterráneo de píxeles- é o nome deste paseo colorista e exprés. "Dos 280 metros de lonxitude do túnel, 65 son baixo terra. Esa parte subterránea é unha paisaxe de fantasía. Depende do que o percorre decidir se é positiva ou negativa. O resto, as dúas pequenas pendentes, presentan debuxos realistas, escenas que poderían suceder na vida cotidina de Zaandam". O túnel comeza a fraguarse fai catro anos. Overtreders W, os autores, acababan de abrir o seu estudo en Zaandam e ningún dos seus compoñentes coñecía a zona, así que á hora de expor o túnel ?parte dun gran proxecto de infraestruturas que se prolongou durante varios anos? puxeron como condición que a xente do pobo puidese mandarlles debuxos. Máis de 800 persoas mandaron as súas propostas. Todo un éxito.
"

Curiosamente unha das fotos que acompañaba o artigo era esta:

Nin peón nin bicicleta, en Vespa...

Teño que recoñecer que ten que ser unha preciosidad este túnel:


+ info:

- RevistaDiseño Interior
- Pixelpoort.nl

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

jueves, 10 de marzo de 2011


III Vespalacón. O spot e a folla de inscripción.

Os amigos do Scutre Clú cada vez curranseo máis.

Fixadevos vaia spot fixeron para promocionala 3ª edición do Vespalacón:



Sen palabras deixaronme...

Tamén podedes aproveitar para descarregarvos a folla de inscripción e así levala xa cuberta (pinchade enrriba para descarregarla):

+ info:

- Vespalacón.com

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

miércoles, 9 de marzo de 2011


Vespa, de Arly Jones, no Bristol Bar (A Coruña)

Onte, mentres gozaba do martes choqueiro da Coruña tomeime algo no Bristol Bar (C/Torreiro)

e cal foi a miña sorpresa ao ver esta ilustración:

Mergullando un pouco sobre o seu autor resulta que é unha ilustración de Arly Jones, "un alacantino que realizou estudos de Deseño gráfico e Moda na Escola de Artes e Oficios de Valencia. Os seus traballos foron múltiples e de diversa consideración dende cabeceiras, litografías e postais ata deseños en estudos de arquitectura e axencias de publicidade. Realizou aparicións en revistas como "I+D", The Face, Vogue, Woman e moitas outras máis. A sorte cambioulle aínda máis cando un bo día Xavier Mariscal fixouse nel e decidiu contar cos seus traballos para un dos seus grandes proxectos. Tratábase da película de animación "Chico e Rita", na que xunto ao cineasta madrileño Fernando Trueba relata a historia de amor de dous músicos, unha cantante e un pianista, que empeza nos anos 40 na Habana e transcorre ata os nosos días. A película conta con máis de 125.000 ilustracións ..."
(Fonte: Blogue Sipassita)

+ info:

- ArlyJones.com
- Bristol Bar no Facebook
- Blogue Sipassita aquí pinto yo ... y tú)

Eiquí tendes outros exempros vespistas da sua obra:

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

martes, 8 de marzo de 2011


Vespalacón - Axudemos a apoiar o evento!!!

Con motivo do Vespalacón, que se celebrará o vindeiro domingo en Cuntis (Pontevedra), a empresa especialista en cadeados LUMA vai patrocinar o evento achegando varios agasallos e distintos apoios á organización e aquí é onde entramos todos.

Pica na seguinte ligazón de Apoio ao Vespalacón, faiche Fan de Luma en Facebook, apoia o evento e conseguirás un vale desconto dun 15% para adquirir calquera material en Luma Store, eu xa teño o meu... e ti??



Luma tamén distribúe os cascos Lem

+ info:

- VespaLacón.com

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

lunes, 7 de marzo de 2011


Vespa familiar - Orientais

O "costume" de utilizala escúter para viaxar todos os da familia non é exclusivo da India:

A "ventaxa", segundo parece, é que os cativos non teñen a obriga de usar casco.... iso que se aforran.

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

sábado, 5 de marzo de 2011


Zombie Mods on Killer Vespas

Ese é título deste video:



onde vaise debuxando pouco a pouco esta caricatura:

E a posibilidade de ter o teu propio monstruo personalizado ofrecencha en Monster by Mail, onde debuxante, e incluso fante un video coma o anterior co making of da caricatura.

Podedes ver máis debuxos de Monster by Mail nesta conta de Flick.

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España