jueves, 29 de septiembre de 2011


3ª Vespapulpada

O domingo 2 de otubre, o Golfos Ártabros Escúter Clube, imonos a Lugo, para poder degustar unhas boas racións de polbo, na que será xa a 3ª edición da Vespulpada.

A salida está prevista para as 11 da mañá (mais ou menos) dende a rotonda do Paraugas no Temple-Cambre (A Coruña)

+ info:

- Foro do Golfos Ártabros Escúter Clube

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

miércoles, 28 de septiembre de 2011


Fotos IV Memorial "Pequecho" en Culleredo

O pasado sábado varios membros do Golfos Ártabros Escúter Clube, fumos ata o centro social O Noso Lar en Culleredo (A Coruña), para disfrutar do IV Memorial Jose Ramallo "Pequecho" e eiquí tendelas fotos:

Coma sempre, un bo ambente con moi bo xente, un saúdo a todos.

Eiquí tendelo resto das fotos:



Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

martes, 27 de septiembre de 2011


Un clásico de toda a vida, Moussel

Creo que todos crecemos vendo este anuncio do xel Moussel na televisión:



e este clásico renovado (aínda que o aspecto segue sendo como sempre) apuntouse á moda de regalar unha Vespa.

E aínda por riba, a Vespa e outros agasallos con debuxos de Jordi Labanda, xa me parece o máis.

E este é o anuncio deste ano, conservando o "temazo" clásico:



Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

viernes, 23 de septiembre de 2011


As escúteres protagonistas nun gran filme american

Pois parece que as escúteres empezan a facerse un oco na cultura americana e só hai que velo na última película de Tom Hanks e Julia Roberts.

Larry Crowne
Argumento: "Ata que é despedido, o afable e amigable Larry Crowne (Tom Hanks) era o líder dun equipo dunha fábrica de caixas, onde traballaba ata que estivo no exército. Afogado coa hipoteca e sen saber que facer cos seus días libres repentinos, Larry volve á universidade para comezar de novo. Alí formará parte dunha comunidade en grao sumo colorida, de marxinados sociais que intentan buscar un futuro mellor? a miúdo movéndose pola cidade en scooters. Na súa clase de oratoria, Larry sofre un colgue inesperado pola súa profesora Mercés Tainot (Julia Roberts), que perdeu a paixón por ensinar así como a paixón polo seu marido.
O tipo que ten todas as razóns para pensar que a súa vida está estancada descubrirá unha lección inesperada: cando cres que xa pasaches por todo o que merece a pena, poida que descubras a túa razón para vivir
".

Este é o cartel da película:

Este é o trailer en castelán:



e neste trailer en inglés vense máis escúteres que no outro:



Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

jueves, 22 de septiembre de 2011


IV Memorial Jose Ramallo "Pequecho"

Este sábado celebra en Culleredo o IV memorial Jose Ramallo "Pequecho", con exhibición de trial e exposición de motos clásicas durante todala xornada no centro social "O noso lar" de Culleredo (A Coruña).



Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

viernes, 16 de septiembre de 2011


Numero 3 da revista Escuter Clásica

Xa está disponibre o número 3 da revista dixital e gratuita Escúter Clásica:



Ligazón para vela revista

Ligazón para descarregala revista

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

jueves, 15 de septiembre de 2011


Novo foro escuterista galego

Temos que celebrar o nacimento dun novo foro escuterista galego, Galaicos Ferrolterra.

Noraboa por esta nova aventura e sorte amigos escuteristas !!!

+ info:

- Foro Galaicos Ferrolterra

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España