Lomografía??? e iso que é???
Segundo din en Lomography.es:
"A Lomografía empezou por caprichos do destino a principios dos 90...
...cando dous estudantes de Viena atopáronse unha Lombo Kompakt Automat, unha pequena e misteriosa cámara rusa. Como quen non quere a cousa, empezaron a facer fotos así sen máis, ás veces ata apuntando a través do visor. Pero, ¡que sorpresa cando viron as imaxes tan alucinantes que sacaran! As cores eran intensos, saturados e a foto quedaba enmarcada por viñetas. ¡Isto era algo totalmente novo! Ao volver a casa, estes mozos quixeron ter as suas propias Lombo LC-A, e así foi como abriron as portas a un novo estilo de fotografía artística experimental que agora coñecemos como Lomografía."
E a verdade é que vendo os distintos exemplos de fotos que se poden conseguir, hai que recoñecer que isto é unha arte en si mesmo, fotos múltiples cun só disparo:
Fotografía panorámica:
Con efecto Ollo de Peixe:
E todo isto sen saber como vai quedar a fotografía tomada, co divertido que era antes descubrir estas obras de arte cando ías ao laboratorio fotográfico a buscalas.
Xa sabes, disparar, enfocar, desenfocar, entre as pernas, desde a cadeira, oblicuo, a lomografía é sinónimo de espontaneidade, cor, diversión e desenfado.
Grazas aos amigos de Royal Store en Coruña, por descubrirme esta corrente artística que descoñecía.
+ info:
- Lomography.es
- Máis fotos de Vespa con esta técnica
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España
domingo, 23 de enero de 2011
Lomografía e Vespa
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario